CADRO PRIMEIRO

(No ceo. O Señor cinguido cunha auréola no seu trono. Exército de anxos axeonllados. Ós lados de trono os catro arcanxos en pé. Grande esplendor.)

O CORO DOS ANXOS
Gloria ó noso Deus nas alturas,
Loado sexa pola terra, polo ceo,
Quen coa súa palabra creou todo,
A fin tamén de súa ollada depende.
Toda a forza, o saber, o pracer el é,
Só a sombra temos que el sobre nos tira,
Adoramolo pola infinita mercé,
Que na súa luz esta parte nos dei.
A grande idea eterna tomou corpo,
A creación, velaí, chegou xa á fin,
E o Señor de todos, que deixa respirar,
No seu trono digno tributo espera.

O SEÑOR
A grande obra, si, está acabada.
A máquina marcha, o creador descansa.
Anda millóns de anos no seu eixe,
Sen trocar dente algún de súas rodas.
Ide, pois, gardiáns dos meus mundos,
Tomade voso camiño infinito.
Quero deleitarme unha vez máis de vós,
Cando zumbades baixo meus pés.
(Os espiritos protectores dos astros arrolando estrelas simples e dobres, cometas e nebulosas de tamaños e cores distintos, corren diante o trono. Oe, baixo, a música das esferas.)

O CORO DOS ANXOS
¿Que globo de fogo é este
Tan vaidoso do seu brillo?
E que serve inconsciente
A un grupo de astros humildes. -
Tremeloce o diminuto astro
Como unha lámpada débil,
E con todo é o inmenso mundo
De millóns de criaturas. -
Son dous orbes que combaten,
Se axuntan, se alongan,
E a pelexa é a que manten
Ámbolos dous na súa órbita. -
Tronando fuxe un dos eles,
Mirao con moito medo,
Pero millóns viven neste,
Felices seres, todos en paz. -
Que modesto é o outro astro -
Un día do amor será,
Gardeo unha benfeitora man
Para consola-los homes. -
Alí son mundos que nacen,
Aquí caixas dos que morren:
Un aviso ós vaidosos,
Conforto ós desanimados. -
Perturbando vén alá
O cometa moi terrible,
Mais oíndo a fala do Señor,
Seu nesgo á orde volve. -
Ven ti, espírito xove, coa
Túa esfera cambiante,
A alternar mantos de sombra,
E de luz, en verde e branco.
O alto ceo ¡que te bendiga!
Adiante, sen desalento,
Entre teus límites estreitos
Loitarán grandes ideas.
E anque belo, feo, risa, pranto,
Primavera, inverno seguen,
Atarán súas luz e sombra,
Como a ira e a gracia do Señor.
(Os espíritos protectores dos astros acaban de desfilar.)

ARCANXO GABRIEL
Quen o baldeiro sen fin mediches,
E creache-la materia nel,
Que a grandeza e a distancia
Fixoas cunha palabra túa,
¡Hosanna a ti, Idea!
(Se prosterna.)

ARCANXO MIGUEL
Quen uniche-lo mudable
Co eterno inmudable,
Creando o infinito, o tempo,
Individuos e xeracións,
¡Hosanna a ti, Poder!
(Se prosterna.)

ARCANXO RAFAEL
Quen facilita-la dita,
Conscienciando o corpo,
E facendo beneficiar
Do teu saber o mundo,
¡Hosanna a ti, Bondade!
(Se prosterna.)
(Pausa)

O SEÑOR
¿E ti, Lucifer, calas, vaidoso?
¿Non tes palabras para meu eloxio?
¿O disgustache miña creación?

LUCIFER
¿E que gusteme nela? ¿Que algunhas
Substancias ten calidades distintas,
Que antes de manifestarse, nin ti,
Pode ser, sospeitaches nelas?
¿Ou tal vez si, cambiar non podes?
¿E amasadas nalgunhas esferas,
Agora se atraen, se empuxan,
E nalgunhas vermes conciencia toman,
Ata todo se enche, se arrefria,
E fica só a escoura neutra? -
O home, se nalgún día sorprende esto,
Fará o mesmo no seu laboratorio. -
Puxeche-lo home na túa cociña,
E toleras como atrapalla,
Galdrexa e imaxinase Deus.
Mais se desperdicia e estraga o que
Cociñou, encolerizas tardiamente.
¿A que cousa esperas dun diletante? -
Despois ¿a fin de que é toda a creación?
Escribiches un poema á túa gloria,
Puxechelo nun mecanismo malo,
E non te aburre en ningún tempo
Que sempre oese o mesmo canto.
¿É digno dun ancián coma ti este
Xoguete, que é soamente para un neno?
En que, envolvida en barro, unha chispita
Imita seu señor, mais é só un monstro;
Nel destino e libertade perseguen,
E faltalle o intelecto harmónico. -

O SEÑOR
Só homenaxe me toca, crítica non.

LUCIFER
Podo darche só a que é miña esencia.
(Apuntando ós anxos.)
Eloxiate bastante este vil equipo,
É conveniente que te eloxien,
Ti parichelos, como a luz súa sombra,
Mais eu vivo desde a eternidade.

O SEÑOR
¡Insolente! ¿Non naciches da materia?
¿Onde estivo teu ambiente, teu poder?

LUCIFER
O mesmo podo preguntarte eu tamén.

O SEÑOR
Planifico xa desde ó tempo dos tempos,
E viviu en min o que creouse hoxe.

LUCIFER
¿E non sentiches entre as túas ideas
O vacuo, o estorbo da existencia,
O que ó cabo obrigoute crear?
Este estorbo tivo o nome de Lucifer,
O espírito antigo da negación. -
Vencichesme, o meu destino é este,
Perde-las miñas batallas sempre,
Mais levantarme con renovadas forzas.
Pariches materia, eu gañei espacio,
O lado da vida sempre é a morte,
A felicidade é cercada de tristeza,
A luz de sombra, dúbida e esperanza. -
Estou onde estás, por toda parte, e
Se coñezote, ¿hai que homenaxearte?

O SEÑOR
¡Oh, espírito rebelde! ¡Lisca! ¡Lisca!
Podería destruírte, mais non o fago.
Desterrando de tódolos espíritos,
Loita na escoura, estraño, odiado.
E no rigor da túa soidade dolorosa
Atormentete o infindo pensamento,
Que en van sacodes túa cadea de po,
Túa batalla é van contra o Señor.

LUCIFER
¡Así non! Non podes botarme tan fácil,
Como unha ferramenta vil, inútil. -
Xuntos nós creamos: agora a miña
Parte esixo.

O SEÑOR (con ironía)
      Sexa como queres.
Mira a terra, entre as árbores de Eden,
Dúas, as máis esveltas, ben no medio,
Maldigoos, despois son as túas.

LUCIFER
Dun grande señor é a túa avaricia.
Mais para min basta un palmo da terra,
Donde a negación finque o pé,
E despois derribará a teu mundo.
(Marcha.)

O CORO DOS ANXOS
Vai, de preto de Deus, maldito,
Hosanna ó Señor, quen lei fixo. -


KezdõlapElõre