(O escenario volve a ser rapidamente o do cadro oitavo. Adán de novo como Kepler, coa cabeza inclinada sobre a mesa, Lucifer, como fámulo, está en pé o lado del e batelle no ombro. Amence.)
LUCIFER
Esta vez a degolación non ten lugar. -
ADÁN (pondose de pé)
¡Oh!, ¿onde estou? ¿Onde están meus soños?
LUCIFER
Voaron coa embriaguez, meu mestre.
ADÁN
Nesta época vil para un peito vello
¿Só a embriaguez crea algo grande?
¡Que cadro ofreceuse ós meus ollos!
É cego quen non ve a chispa de Deus,
Anque sexa manchado con barro e sangue.
Que grande foi súa culpa e virtude,
E que admirables ámbalas dúas.
Marcados coa impronta da forza. -
¡Oh!, ¿por que espertei?, ¿para ollando arredor
Ver mellor a futilidade da época?
¿Cos crimes ocultos tralos sorrisos,
E a virtude mentirán do costume? -
LUCIFER
Eu coñezo este abatemento, que
Aparece na mañá da embriaguez.
EVA (saíndo da glorieta)
Vaite - miña sospeita non me enganou,
Ousas chamarme mata-lo meu marido.
E pensas capaz dun acto tan infame
A min, que mentes se-lo teu ideal.
O CORTESANO
Polo amor de Deus, calma, querida,
Se nos notan, sae un escándalo.
ADÁN
E as dúas mulleres ¿eran soño tamén?
Quer dicir, unha, en dúas figuras,
Cambiando coas ondas do meu destino,
Unha vez brillantes, outra vez escuras.
EVA
¡Ah!, o escándalo é o principal,
O crime oculto non te interesa,
¡Ó cabaleiro que non sufre a censura! -
¡Ai!, ironizades a muller ata que
Deixa a tradición da súa virtude
Casta, como un prexuízo, e entón
Miradela cun sorriso de desprezo,
Como o útil vil do voso crime. -
Vaite, vaite, non quero verte máis.
O CORTESANO
Outro extremo. Van mofarse de nós
Por considerar tan tráxico un caso
Tan banal. - Nos veremos dende hoxe
Como antes, sorrindo e parrafeando,
Sen unha palabra sobre o que pasou.
Bos días, miña dama. -
(Sae.)
EVA
¡Miserable!
Aquí estou, con pecado e con lágrimas.
(Sae.)
ADÁN
Entón foi un soño e acabouse.
Mais non todo. As ideas son máis fortes
Que a materia. A esta pode tirala
Forza, aquela terá una vida eterna.
E vexo avanza-la miña idea
Sempre máis pura, con dignidade,
Ata enchelo, pouco a pouco, o mundo.
LUCIFER
O día pasa, mestre, te espera a clase.
Os xoves inquietudes xa se reunen,
Aprender algo de túa sabedoría.
(Toca a campaíña instalada no observatorio.)
ADÁN
Non me mofa, ¡ai!, non me mofa co saber,
Arrubio, se me eloxian por esto.
LUCIFER
¿Non ensinas a tantos xoves salientes?
ADÁN
Non ensinoos, só amestro a eles
Con palabras, que non entenden. Mais nin
Intelecto teñen facer esto ou aquel.
O imprudente olla como tonto e cre
Que con palabras evocamos espíritos.
Mais é só unha destreza, disimular
A profesión da prestidixitación.
(Un discípulo vén con pasos rápidos e sobe á terraza.)
DISCÍPULO
Fuches xeneroso chamarme, mestre,
Para contenta-la miña sede de saber,
E permitirme mirar ó fondo das cousas,
Máis do que tomas útil para os outros.
ADÁN
É certo, teu celo é tan eminente,
Que con razón tes dereito a ventaxe.
DISCÍPULO
Estou aquí, miña alma treme do desexo
De mirar ó taller da natureza,
Concibir todo e disfrutar mellor,
Dominando con superioridade
O mundo da materia, do espírito.
ADÁN
Queres moito. Migalla do universo,
¿Como podes ve-lo todo magnífico? -
Pides dominio, pracer e saber.
Se teu peito sostería tanto peso, e
Lograrías todo esto, serías como
Deus. - Desexa menos, talvez lograrálo.
DISCÍPULO
Desciframe calquera segredo do saber,
Home grande, eu ganarei con esto,
Porque sinto, que nada comprendo.
ADÁN
Pois ben, vexo que ti es merecedor de
Levarte ó santuario máis secreto,
Para ve-la verdade, como eu.
Mais ¿non nos oe algún non iniciado?
Porque aquel verdade é terrible, mortal,
Se chega ó pobo da nosa época.
Virá o tempo, ¡oh!, se sería aquí xa,
Cando ela será falada na rúa,
Mais entón o pobo non será menor. -
Agora dáme túa man que non revelas
O que entendes. - Está ben - pois escoita. -
DISCÍPULO
Tremo de desexo e de medo. -
ADÁN
¿Que me dixeches antes, meu fillo?
DISCÍPULO
Que en esencia nada comprendo.
ADÁN (prudentemente)
Ves, eu tampouco - e creme, nin outros.
A filosofia é só a poesía das cousas,
Dos cales non temos aínda conceptos. -
E esta é a má mansa das ciencias.
Porque se diverte tranquilamente, só,
No seu mundo bordado con fantasmas.
Mais ten moitas compañeiras que debuxan
Cunha cara moi seria na area,
Dicindo que a liña é remuíño,
O círculo é santuario, que ris case
Desta comedia, cando comprendes,
Que todo esto é unha burla moi seria:
Mentres que todos con peito angustiado
E tremendo evitan os debuxos no po,
Aquí e alí han trampas, e o audaz,
Que as pasa, tomano ensanguentado.
E estas parvadas están sempre no noso
Camiño, defendendo ó poder xa formado
Como unha piedade santificada. -
DISCÍPULO
¡Ai!, te entendo, e ¿será sempre así?
ADÁN
Algún día rirán de todo esto.
Ó estadista, o que chamamolo grande,
Ó ortodoxo, o que admiramolo -
O futuro veráo un comediante,
Se no lugar deles ocupan a grandeza
Verdadeira, a simple, a natural, que
Fai salta-lo cabalo só onde hai fose,
Deixa o camiño onde hai espacio.
E a doutrina, que agora enloquece
Co seu complexidade, naquel tempo
Sen estudiala, todos entenderána.
DISCÍPULO
Esta lingua é pois aquela, que se entende,
Na que falaron os apóstolos. -
Mais se tódolos outros son só trastes,
Non me tira miña fe que teño na arte.
Sen embargo para aprendela, hai regra.
ADÁN
A altura máis perfecta da arte é,
Ocultarse que non sexa perceptible.
DISCÍPULO
Pois ¿que me pare a verdade fría?
O ideal dá a nosa obra alma.
ADÁN
É certo, este dálle o espírito,
Que coa natureza a transforma
Nun ser igual e maduro, que sen esto
Sería só unha invención morta.
Non teme que idealizando, podes
Engaña-la natureza viva, grande.
Mais omitaos o modelo e a regra.
Quen ten forza e Deus está con el,
Pronuncia discursos, esculpe ou canta,
Se doelle a alma, con saloucos chora,
Sorri no soño do pracer. E anque abre
Un camiño novo, chega ó fin de certo. -
Da súa obra sacará a regra nova,
Talvez como carga, como ás nunca
A abstracción para un pobo anano. -
DISCÍPULO
¡Oh!, que facer pois, mestre, dime, a min,
Que tantas noites sacrifiquei ó saber,
Todo que fixen, ¿me iguala só ó tolo?
¿E foi en balde todo este traballo? -
ADÁN
En balde non, porque esto te autoriza
Desdeñar tódolos seus encantos.
Quen non mirou ós ollos do perigo,
Se cea, é cagán. O heroe probado
Deixa de lado o pendencieiro,
Súa coraxe non dá lugar a sospeitos. -
Toma pois estes pergamiños amarelos,
En folios, cheos de balorento,
E botaos ó lume. Estes nos fan
Esquecer camiñar cos popios pés,
E nos aluden da acción de pensar.
Estes levan os pecados dos séculos,
Como prexuízos, para o mundo novo.
¡Ó lume con eles!, e ¡ó aire libre!
Para que estudiar ¿que é a canción,
A bosque, mentres que a vida pasa,
Sen goz, entre muros poirentos?
¿Considera-la vida tan longa, que podes
Estudiar teoria ata a tumba?
Vamos xuntos dicir adeus á escola.
Que te guie túa rosa xuventude
Ó sol e ás cancións que te levan gozos;
A min ti, dubidoso garda de espírito,
Ó mundo novo, que avanzará,
Se entende as ideas dun home grande,
E ó pensamento oculta dá voz libre
No maldito po das ruínas derribadas. -