CADRO UNDÉCIMO

(En Londres. Feira entre a Torre e a Támisa. Unha multitude multicolor ondea, alborota. Adán como un ancián con Lucifer sobre un dos bastións da Torre. Atardece.)

CORO
(mesturando co rumor da multitude, e acompańado dunha música suave)
Xeme o mar da vida,
Cada onda é un mundo,
żPor que sentes a que sume?
żPor que temes a que sobe? -
Despois temes que a turba
Traga o individuo.
Despois que o saliente
Aniquila os millóns.
Hoxe temes a poesía,
A ciencia mańá,
E encerralas ondas
Nun sistema moi estreito,
E anque loitas, te esforzas,
Sacar só agua podes,
O maxestoso mar xeme,
E xeme sempre e ri.
Deixao xemer, a vida
Limita a si mesma.
Nada se perde nela,
É sempre nova, sempre vella.
Oelle o fascinante canto.

ADÁN
Esto é o que eu sempre desexei,
Mińa vida foi só un labirinto,
Mais agora é aberta completamente,
Que belo, que animador é seu canto.

LUCIFER
Do alto, como o canto de igrexa,
Sexan laios, suspiros voces roucas,
Chegan as alturas como melodía. -
Así os oe tamén Deus e cre
Que fixo ben este mundo. Mais abaixo,
Onde intervén o latexo do corazón,
Oiramolo de distinto xeito.

ADÁN
Escéptico, ti, żnon é máis belo este,
Que os mundos, por onde me torturaches?
Derribaronse os muros atrancos,
Desapareceron os terribles espectros,
Os que o pasado con auréola
Deixa como maldición, ó futuro.
Ó home abriuse un campo libre,
Cos escravos xa non erguen pirámide. -

LUCIFER
Nin de Exipto non oíse tan alto
O xemido dos escravos. A pesar desto,
ˇQue magníficas son súas obras!
Ou en Atenas żnon procedeu digno,
Espléndido, o pobo soberano,
Sacrificando seu xefe querido,
Para salva-la patria dun perigo?
Se miramos de alto e non nos molestan
Lágrimas de muller e outras bagatelas.

ADÁN
ˇCala! ˇCala!, ti eterno sofista.

LUCIFER
Mais, aínda que calaron os xemidos,
En lugar deles todo é moi mesquińo. -
żOnde o alto atraente?, żo fondo
Temible? żA doce multicoloridade
De vida? Xa non é o mar brillante,
É un pantano chan, cheo de sapos. -

ADÁN
En compensación hai o ben do pobo.

LUCIFER
Ti xulgas, ves, da altitude túa,
A vida, que a teus pés palpita,
Como a historia xulga o pasado.
Non oe as vozes roucas, os xemidos,
Que rexistra é só o canto do pasado.

ADÁN
ˇAi!, xa Satanás mesmo é romántico,
Ou doutrinario, ámbolos son conquistas.

LUCIFER (apuntando a Torre)
É loxico, estando sobre un espectro
Do mundo antigo, no mundo novo.

ADÁN
Non quero ficar neste lugar vetusto,
Baixo resoltamente ó mundo novo,
E non temo achar nas ondas del de novo
A grande idea, a poesía. -
Talvez non se revela máis nunha loita
De titáns que estremece o ceo,
Mais creará un mundo máis fascinante,
Benéfico no seu ámbito modesto.

LUCIFER
Sería sobrante teu temor por este.
Ata que existe a materia,
Existirá tamén o meu poder,
En negación, que está loitando con el.
E ata que hai razón e corazón,
E o réxime impide os desexos,
Vivirá tamén no mundo espiritual,
En negación, idea e poesía.
Mais dime, żque foma tomaremos
Ó baixar á multitude ruidosa?
Porque así só aquí podemos estar,
Onde os sońos do pasado nos revoan.

ADÁN
Calquiera. Xa non existen salientes,
Gracias a sorte. Para saber que sente,
Temos que baixar á multitude.
(Ámbolos dous entran na Torre e pouco despois, vestidos como obreiros, saen pola porta desta, mesturandose á multitutude. - Un titiriteiro está en pé ó lado do seu posto, sobre cal, en traxe vermello, atado cunha cadea, está sentado un mono.)

O TITIRITEIRO
Por aquí, por aquí, seńores estimados,
O espectáculo comeza en seguida.
É unha comedia moi divertida,
Ver, como enganou a serpe a primeira
Muller, que xa entón foi curiosa,
E como meteu o home en apuros
Naquel tempo. - Van ver un macaco,
Imitando con dignidade o home,
Van ver un oso como mestre de danza.
ˇPor aquí, por aquí, seńores estimados! -
(Tumulto ó redor do posto.)

LUCIFER
ˇAi!, Adán, aquí están falando de nós,
E moi belo, se alguén ten un papel,
De que despois de seis milenios
Divirtese a xuventude alegre. -

ADÁN
Deixa esta broma insípida. - Vamos.

LUCIFER
żBroma insípida? Mira, estes mozos,
Que hai pouco na escola durmińaron,
Escoitando Nepos, como se divirten.
E quen dirános, żquen ten razón?, os que
Só agora entran na vida, coa
Conciencia da súa propia forza,
Ou os que cun mente gasto saen dela. -
żPara ti é máis belo un Shakespeare?
Que para eles ża caricatura?

ADÁN
Esta é a que eu non soporto.

LUCIFER
Apegouse a ti no mundo grego.
Ves, eu, fillo ou pai, se gustache,
- Entre espíritos é pouca diferencia -,
Do romantismo, a tendencia nova,
Gosto xustamente a caricatura.
A cara de home un rasgo de mono;
A grandioso un tiro de lodo;
Sentimento torcido, traxe decente;
Dunha puta a prédica da castidade,
Incenso da futilidade, da nulidade;
Un mullereiro que maldi o gozo;
Con esto esquezo o reino perdido.
Porque nunha forma nova renazo. -

O TITIRITEIRO (batendo no ombro de Adán)
żPor que ocupades o mellor lugar?
Bo páxaro, só aquel divirte gratis,
Quen é cansado de vivir e se aforca.
(Adán e Lucifer retiranse. Ven unha menińa que vende violetas.)

A MENIŃA
Violetińas, primeiras mensaxeiras
Da primavera. ˇMerquen violetas!
As florecitas á orfa dan alimento,
Ós pobres tamén un belo ornamento. -

UNHA NAI (mercando violetas)
Dáme, na man do meu fillo morto.

UNHA MOZA (mercando tamén)
Adorno para o meu cabelo negro.

A MENIŃA
ˇVioletińas! - ˇMerquen, seńores!
(Pasa.)

UN XOIEIRO (en seu posto)
Este xoio sempre concorre con nós,
E non podemos suplantalo da moda. -
Para un colo belo son só as perlas.
Polos que xa quen levounas, cunha
Resolución desesperante
Tenta os monstros dos abismos do mar. -
(Dúas mozas da burguesía veńen xuntas.)

MOZA PRIMEIRA
ˇCantos tecidos lindos! ˇQue xoias caras!

MOZA SEGUNDA
Se mercaríanos alguén un regalo.

MOZA PRIMEIRA
O home de agora só faría esto
Cunhas vergonzosas intencións.

MOZA SEGUNDA
Nin así, xa non teńen ningún gusto,
Perverteronos tanto caviar e putas.

MOZA PRIMEIRA
Son moi presumidos, nin observannos.

MOZA SEGUNDA
Ou tan modestos, que nin ousan ver.
(Marchan.)
(Nun alboio escancian bebidas, arredor das mesas obreiros crapulosos. Ó fondo música e danza. Soldados, burgueses e toda especie de xente divirtense e están de pé.)

TABERNEIRO (entre os consumidores)
Seńores, alegría, o onte foise,
Xamais alcanzaremos a mańá,
Os paxaros Deus alimenta,
E todo é vaidade, di a Biblia.

LUCIFER
A min me gusta esta filosofía.
Sentemosnos neste belo banco sombroso,
Para ver que barato e ben divirtese
O pobo con música mala, vińo agre.

OBREIRO PRIMEIRO (á mesa)
As máquinas son as obras do diabo,
Para arrinca-lo pan da nosa boca.

OBREIRO SEGUNDO
Que nos fique a bebida, esquecemolas.

OBREIRO PRIMEIRO
O rico é - diabo, nos chucha o sangue.
ˇSe viría! Para manda-lo ó inferno.
Faltan máis exemplos, como o doutro día.

OBREIRO TERCEIRO
żQue gańarías? Xa hoxe sería colgado.
E o noso destino sería o mesmo.

OBREIRO SEGUNDO
Parvadas. Que veńa o rico. Fagolle
Nada. Sentoo ó meu lado, a ver,
Quen é o seńor, quen sabe divertirse.

TABERNEIRO (a Adán)
żQue desexa o seńor?

ADÁN
      żEu? Nada.

TABERNEIRO
Entón ˇfóra de aquí, impostores!
żPensades, que eu só roubo o dińeiro?
Ou żpedirá a mińa muller co fillo?

ADÁN (levantandose)
żComo ousas…?

LUCIFER
      Deixa este descarado.

ADÁN
Vamos pois, por que mirar máis, como
Baixa o home ó nivel do animal.

LUCIFER
ˇAi!, aquí está o que busquei tanto.
Podemos divertirnos ricamente, soltos.
Esta risada, este troupeleo,
Este lume bacanal excitado,
Que pon rosas na cara de todos,
Unha fantasía sobre a miseria,
żNon é marabilloso?

ADÁN
      Sinto noxo.
(Se aproximan ós que bailan. Dous mendigos veńen rifando.)

MENDIGO PRIMEIRO
É o meu lugar, aquí teńo permiso.

MENDIGO SEGUNDO
Apiadate de min, senón, eu morro,
Ha dúas semanas que non teńo traballo.

MENDIGO PRIMEIRO
Pois non es mendigo verdadeiro,
Es un chafalleiro. Vou chama-la policía. -
(O mendigo segundo vaise furtivamente. O primeiro ocupa o lugar.)
Polas chagas de Cristo, unha esmola,
Seńores, ˇpara un pobre sofredor! -
(Un soldado tira a moza das mans dun xove artesán con quen baila.)

SOLDADO
ˇFóra de aquí, pailán! - Ou talvez pensas,
żQue ti tamén es algo?

ARTESÁN PRIMEIRO
      Sentirás logo,
Se non crelo.

ARTESÁN SEGUNDO
      Deixao. Gárdate del,
El ten a gloria, e todo o poder.

ARTESÁN PRIMEIRO
Mais żpor que ten que desprezarnos así,
Se nos chupa o sangue, o sambesuga?

UNHA RAMEIRA (cantando)
Noutro tempo obtiveron
Mazás de ouro do dragón -
Mazás han tamén hoxe,
Mais dragón xa non existe.
Bobo é o que as mira,
Mira, mais non as agarra. -
(Abrza a un xove.)

LUCIFER (mirando a xente que se divirte)
Ves, esta coquetería me gusta,
Que amose o rico seus tesouros.
O cofre en que se senta o avaro,
Pode ser cheo de area ou de ouro. -
Me conmoven os celos deste mozo,
Como segue a ollada da rapaza,
Cońece o valor do presente momento,
Anque sabe - mais que importalle agora -
Que máis tarde irá nos brazos doutro.

ADÁN (a un músico)
żPor que tratas así a arte, home?
żDime, gustache o que estás tocando?

O MÚSICO
De ningunha manera. É unha
Pena sen fin tocar esta e mirar
Como bailan con berros de alegría.
Ata nos sońos oio estas sons salvaxes.
Mais teńo que vivir, e outra cousa non sei.

LUCIFER (seguindo observar)
ˇAi!, quen suporía unha filosofía
Tan atenta na xuventude corta. -
Esta moza sabe que o momento
Que goza, na vida non é o ultimo.
E mentres que abraza, os ollos xa buscan
Outro amorío. ˇAi!, crianzas queridos,
ˇQue alegría me causades vós,
Traballando para min con sorrisos!
Mińa beizón é a pioca, o pecado.

ARTESÁN SEGUNDO (cantando)
      Quen de corazón puro,
      Con canto, bico, vińo
      A semana de traballo
      Di adeus, ri do diabo. -
(Oense os últimos acordos dunha música de igrexa. Eva, como unha xove da burguesía, cun libro de oracións e cun ramallete de flores, en compańa de súa nai, ven da igrexa.)

MERCADOR PRIMEIRO
ˇPor aquí, por aquí, bela seńorita!
Ninguén pode venderlle máis barato.

MERCADOR SEGUNDO
Non cre a este, ten medida mala,
Mercancías vellas. - ˇPor aquí, seńorita!

ADÁN
ˇAi!, Lucifer, me traes neste vil lugar,
Mentres que a saúde, personificada,
De min case invisible pasa.

LUCIFER
Esto xa non é unha novidade. -

ADÁN
Da igrexa sae, ˇoh, que bela é!

LUCIFER
Foi para ser vista e talvez para mirar.

ADÁN
Non tocaa con esta ironía fría.
Nos seus beizos ten devoción aínda.

LUCIFER
Vexo, xa convertes ata o pietismo.

ADÁN
Broma mala. Se o meu peito é frío,
Para min é mal, mais no peito da moza
Desexo o prexuízo, esta santa
Poesía, música dos tempos pasados,
Este pole da flor non-tocada.

LUCIFER
Pois, amosame, aquela parte do ceo -
Porque nin de diabo non podes esperar
Que te busque sempre o teu gusto.
Basta otorgala á túa posesión.

ADÁN
żPode ser outra que esta xove? -

LUCIFER
      Así cre
Tamén o peto cando atrapa o verme,
Olla arredor celosamente e pensa,
Que é o mellor bocado do mundo,
Mentres que o pombo ollao con noxo.
O home tamén acha a súa saúde
El mesmo - moitas veces alí, onde
Súa compańeira creou un inferno.

ADÁN
ˇQue dignidade! ˇQue virtude de virxe!
Case non ouso achegarse dela.

LUCIFER
Coraxe, non es un novato coas mozas,
E se ollas ben, ela esta casadeira.

ADÁN
ˇCala!

LUCIFER
      Talvez é más cara que as outras.
(Mentres un xove aproximase modestamente a Eva e ofrecelle un corazón de melindre.)

O XOVE
Rogoa, seńorita, acepte este
Pequeno regalo de mińa man.

EVA
Vostede é bon, Artur, se acorda de min.

A NAI
Hai tempo que non o vemos. Visitenos.
(Conversan en voz baixa. Adán miraos axitado, ata que o xove marcha.)

ADÁN
żEste mozo inmaturo terá pois,
O que meu corazón desexa en van? -
Con que intimidade fala con el, sorri -
Ata acena a el - ˇAi!, ˇque tortura! -
Teńo que falalle. -
(Aproximase a Eva.)

A NAI
      Os pais de Artur
Son ricos, é verdade, mais non sei,
Como ven súa relación contigo.
Por esto non desfavorece o outro
De todo, que hoxe as flores te enviou.

ADÁN
Permitanme, damas, acompańalas,
Para non ter apuro neste tumulto.

EVA
ˇQue insolencia!

A NAI
      ˇFóra de aquí, mosca!
żPensa, que a mińa filla é destas,
A quen calquera pode dicir cousas boas? -

ADÁN
żE que dicille? - A miúdo sońei
O perfecto ideal da muller.

A NAI
Sońar pode o que quere, mais os encantos
Desta pequenina non se abren
Para calquera tuno semellante. -
(Adán está confuso. Unha xitana aproximase de Eva.)

A XITANA
ˇAi!, perla do mundo, dama de mińa alma,
Amosame súa man pequena, branca,
Para dicille que as gracias da sorte
Como encherán a súa feliz vida.
(mirando na man de Eva)
Esperaa un belo noivo - ˇai!, moi cerca -,
Nenos lindos, saúde e fortuna.
(Recibe dińeiro.)

LUCIFER (apuntando Adán)
Irmá, fala da sorte do meu amigo. -

A XITANA
Non vexo ben, é fame ou é forca. -

ADÁN (a Eva)
Non me rexeite vostede de tal maneira,
ˇAi!, sento que seu corazón é para min. -

EVA
Nai, non deixa pois -

A NAI
      Vou chamar á policía,
Se non parta.

EVA
      Deixao - talvez cobra a razón.
E realmente non me fixo nada mal.
(Marchan.)

ADÁN
Santa poesía, żdesapariches deste
Mundo prosaico xa completamente?

LUCIFER
ˇEn ningún caso! O corazón de melindre,
As flores, aquela danza, o alboio,
żQue outra cousa foi? Non sexa melindreiro,
E fantasiar podes aínda bastante.

ADÁN
żQue vale?, se a cobiza, o desexo
De lucro rolda entre eles, e altura
Desprendida en ningúnha parte xa non ha.

LUCIFER
Ha certamente nos bancos escolares,
Onde a vida aínda non fixo estragos.
Mira, aquí veńen algúns destes amigos. -
(Algúns estudiantes veńen paseando.)

ESTUDIANTE PRIMEIRO
Alegría, mozos, tras nós o mofo,
Hoxe temos que divertirnos moi ben.

ESTUDIANTE SEGUNDO
Ó ar libre, a cidade detesto,
Súa orde limitada, os negocios.

ESTUDIANTE TERCEIRO
Intentemos enfadarse con alguén,
É unha esmorga excitador e viril.

ESTUDIANTE PRIMEIRO
Levemos as mozas destes mercenarios,
E axińa empezará o barullo.
Logo vamos ó aire libre con elas,
Cartos para música e cervexa temos,
E cos recordos de noso triunfo,
Seremos príncipes entre os guichos chispos.

ESTUDIANTE CUARTO
É ínclito amola-los filisteos.

ESTUDIANTE PRIMEIRO
Para reforza-los lazos da amizade -
Vamos divertirnos, canto de nós depende,
Ata que exaltandonos pola patria,
Nosa vigor terá un campo máis nobre.
(Marchan.)

ADÁN
Aspecto amable neste mundo baixo,
Sinto nel o xerme dun futuro mellor.

LUCIFER
Vas ver o xerme en que se converte,
Sacudindo xa o po das aulas,
Os dous industriais que alí veńen,
Foron iguais que estes mozos agora.
(Dous industriais veńen conversando.)

INDUSTRIAL PRIMEIRO
En van, non soporto esta concorrencia,
Todos prefiren o que é máis barato,
Teńo rebaixa-los meus produtos.

INDUSTRIAL SEGUNDO
Tes que reduci-la remuneración.

INDUSRIAL PRIMEIRO
E imposible, xa agora reclaman,
Que non poden vivir co que gańan, os cans.
E acaso hai algo en sus lamentos,
Mais quen dilles vivir en matrimonio,
Quen dilles procrear tantos fillos.

INDUSTRIAL SEGUNDO
Pois é preciso xunguilos máis fortemente,
Que traballen durante media noite,
Para repousar basta a segunda parte,
Ós que sońar non é conveniente.
(Marchan.)

ADÁN
ˇQue larguen! - żPorque me deixaches velos? -
Mais dime, żonde marchou aquela moza? -
Mostrame, Lucifer, o teu poder,
Axudame que me oia.

LUCIFER
      Nin Lucifer
Perde a forza por esta bagatela.

ADÁN
Para ti bagatela, para min un mundo.

LUCIFER
Que sexa a túa. - Só domina teus
Sentimentos. Non teme das mentiras,
Responde ó que pregunto - xa é a túa.
(En voz alta que o oia a xitana que está á escoita tras eles.)
Milord, pode velo agora que molesto é
Mesturarse con antefaz no pobo,
E a cada paso ser maltratado.
Se suporía o pobo que catro barcos
Nosos chegan da India aínda hoxe,
Nos acollería doutro xeito.

ADÁN
      Así é.

A XITANA (aparte)
Esta revelación vale moito.
(A Adán)
Unha palabra - vostede se ocultou,
Eu punios con mińa profecia,
Porque para min non hai secreto,
Quen son vella amiga co diabo.

LUCIFER (aparte)
Só esto faltaría, bruxa vella.

A XITANA
Aínda hoxe chegarán seus navíos,
Pero hai algo que é máis fausto:
Unha moza linda suspira por vostede.

ADÁN
E żcomo conquistala?

A XITANA
      É case a súa.

ADÁN
Me repudiou.

A XITANA
      Por esto será a súa.
Va ver, estará aquí dentro de pouco,
Lembre a palabra da adivińa.
(Sae.)

ADÁN
Lucifer, esta bruxa é máis forte ca ti.

LUCIFER
Non contestolle os seus méritos,
Agora ela substitue o diabo. -
(Nunha carreta, ó son de trompeta, rodeado de multitude, aparece un fanfurrińeiro e para no centro da escena.)

O FANFURRIŃEIRO
ˇFóra do camińo! - respecto para min,
Mińa cabeza encaneceu do saber,
Mentres que estudiei incansablemente
os secretos tesouros da natureza.

ADÁN
żQue louco milagroso é este, Lucifer?

LUCIFER
A ciencia é fanfurrińeira para
Vivir, como no teu tempo de sabio,
Só que hoxe é necesario máis ruído.

ADÁN
Eu nunca cheguei ata este grado.
ˇQue infamia!

LUCIFER
            Non é súa culpa.
Se teme, certamente quere evitalo,
Que na súa tumba non sexa escrito:
      Ex gratia speciali
      Mortuus in hospitali.
Se ós outros sacrificou noites e días,
Chegou agora pedir súa recompensa.

O FANFURRIŃEIRO
Cansei polo ben da humanidade,
E velaquí, o resultado glorioso:
O elixir da vida é neste frasquińo,
Que remoza o enfermo e o vello.
Noutro tempo este tomaron os faraóns.
Este é o filtro máxico de Tancredo,
Este o cosmético de Helena,
Esta é a astroloxía de Kepler. -

ADÁN
żOes, que vende? - Nós buscamo-la luz
No futuro, el no pasado remoto.

LUCIFER
O presente nunca é respectado.
Como un gran home no dormitorio.
Nosa esposa é, despois de dez anos -
Ata as pencas que ela ten, xa sabemos.

O FANFURRIŃEIRO
Comprade, non arrepentiráse quen compra,
Ocasión igual non foi e nin será.

DA MULTITUDE
ˇAquí un! - Para min é igual calquera. -
ˇAi, que sorte! - ˇQue mercadoría cara!

LUCIFER
Ves, a xente, que xa non cre nada,
O que é milagroso, como o agarra. -
(Eva, xunto con súa nai, volta. Murmurando, a xitana segueas.)

EVA
Fala en van, xa te cońecemos.

A XITANA
Xuro pola mińa salvación.
Está tan apaixonado o seńor,
Que xa hoxe pode ser súa amiga.
Terá unha casa de princesa,
E un coche de catro cabalos.

A NAI
Pensando ben, é cen veces máis oportuno,
De que murchar debaixo dun manto,
No obradoiro fétido dun zapateiro.

A XITANA
Só mire, está alí - como buscaos.

EVA
Non é belo, que aínda non me observou. -
Ten mans finas, porte de cabaleiro. -

A NAI
Non son contra nin seu compańeiro.
Anque ten pernas torcidas, nariz corvo,
Mais é un home respectable e maduro. -
Voume, mińa filla. A mediación
Mellor é deixarvos sós un pouco.

A XITANA (a Adán)
Velaquí a bela, como suspira. -

ADÁN
Voo a ela. - ˇAi!, ˇque pracer - que pracer!

A XITANA
Non se esquece nin a mediadora.

LUCIFER (dálle dińeiro)
Cartos de amigo, aperto de man de min.

A XITANA (dando un berro)
ˇUi!, ˇque man dura!
(Sae.)

LUCIFER
      Sentirías pracer,
Se serías, a que finxas ser, ˇbruxa vella! -

EVA (a Adán)
Podería comprarme un regalo,
Se ofrece aquí un cosmético -

ADÁN
O encanto feminino da túa cara
É o cosmético, que non ten igual.
(Namentres sae o fanfurrińeiro.)

EVA
Vostede é moi xentil.

ADÁN
      Non me avergońa.
Porei diamantes, perlas no teu colo
Belo, non para ornamentalo,
Mais porque non hai un lugar máis adecuado.

EVA
Alí, adiante, vin moitos xoieiros.
Mais estes non son para unha moza pobre.

ADÁN
Pois vamos ver.

LUCIFER
      Non é necesario.
Teńo aquí algunhas xoias magníficas.
(Dálle xoias, que Eva contemplaas e probaas con moito gusto.)

EVA
ˇQue belas! ˇComo envexaránme por estas! -

ADÁN
Mais este corazón - non quero velo máis.

EVA
Se está en contra, podo arrebolalo.
(Tirao abaixo.)

LUCIFER
Xusto, eu vou pisalo.
(Pisa o corazón de melindre.)

EVA
      żQue foi esto?
żOín un berro ou só fantasio?
(Nunha carreta, a través da escena, traen un condenado, seguido por multitude.)

DA MULTITUDE
ˇApresuramosnos! - Dixen xa que é un cagán. -
É turrón aínda. - Vamos, ˇvamos tras el!

ADÁN
żQue ruído é este? żQue apińamento?

EVA
Van aforcar a alguén. Estar aquí é bo.
Vamos, é tan excitante o espectáculo.
Boa ocasión brillar en mińas xoias.

ADÁN
żQue crime cometeu o infeliz?

EVA
      Non sei.

LUCIFER
Non é interesante. Mais eu vos digo.
Traballou na fábrica de Lovel moito.
Mais o chumbo que respirou, é velenoso,
E estivo varias semanas no hospital.
Entre tanto súa muller tivo fame.
O fillo de Lovel foi xove, xeneroso,
Axudouna - e esqueceron todo. -

OBREIRO PRIMEIRO
ˇValor, amigo! - Morres como un mártir,
Teu nome queda brillando entre nós.

LUCIFER
Curouse o home e non achou a muller,
Non tivo traballo, en van pediu outro.
Rebelouse, atreveuse ameazar,
O xove Lovel respondeu con sopapo.
Ó azar, o infeliz colleu unha faca -
Aquí o levan - o vello Lovel é louco. -
(Ás últimas palabras, cunha melancolía dun louco, ven Lovel.)

LOVEL
Mentes, non son louco. żQue non entendo
O que di a ferida do meu fillo?
Toma tódolos meus bens, e faia
Que non entendaa. Prefiro a loucura.

OBEIRO TERCEIRO
Non teme, un día serás vingado.

OBREIRO PRIMEIRO
ˇCabeza arriba! Eles son os criminais. -
(O condenado pasa con seus acompańantes.)

ADÁN
Espectáculo triste, żpor que me tentas?
żQuen me dirá, cal dos dous ten máis culpa?
żOu acaso só a sociedade? -
Se esta podrece - estendese o crime.

LOVEL
A sociedade, si. - Toma os meus bens.
Só a fala da ferida non quero ouvir.
(Sae.)

EVA
Vamos, vamos, porque non achemos lugar.

ADÁN
Gracias ó destino que non son xuíz.
Que fácil é facer leis nun sofá -
Para un superficial é fácil xulgar,
E que fícil, quen investiga o corazón,
Ata os seus máis ocultos recantos.

LUCIFER
Así ningún proceso acabaría.
Ninguén practica o mal porque é mal.
O diabo mesmo cita títulos,
E cada cal xulga máis forte a súa.
O xurista corte o nó enredado,
Os fíos do cal nin mil filántropos
Serían capazes de descompońelos.
(Namentres chegan a Torre, onde nun nicho se ve a imaxe dun santo.)

EVA
Vamos parar un pouco, meu amigo,
Vou po-lo meu ramo a este santo. -

LUCIFER (en voz baixa)
Non deixaa, ou estamos perdidos.

ADÁN
É unha inocente - non impidoa. -

EVA
Dende crianza estou acostumada
Evocar este santo, pasando por aquí,
E tamén agora me agrada facelo.
Un momento só, e recuperamo-lo
Perdido.
(Ata o ramo ó lado da imaxe; as flores murchan subitamente e as xoias, transformandose en lagartos, caen do seu colo e dos seus brazos.)
      ˇOh, meu Deus!, żque é esto?

LUCIFER
En van advertínte. -

EVA
      ˇSocorro! ˇSocorro!

ADÁN
Calma querida, a xente te mira -
Terás xoias mil veces máis ricas.

EVA
ˇLarga de min! ˇSocorro! ˇPiedade!
Prestixitadores e unha bruxa vella
Difamaron unha moza honesta. -
(A xente empeza aglomerar. A xitana ven con policías.)

A XITANA
Deben estar aquí. Deronme cartos falsos.
Nas mińas mans mudaron en mercurio.

LUCIFER
Talvez na túa man foi o defecto. -
Vamos, Adán, este non é un lugar bo.
(Desaparecen na Torre, e mentres que abaixo o tumulto e a confusión aumentan, aparecen de novo no alto do bastión.)

ADÁN
Enganeime de novo, crendo bastante
Derriba-los espectros do pasado,
Deixando carreira libre ás forzas. -
Saquei da máquina a principal peza,
A que mantivoa, a piedade,
E non puxen no lugar outra, máis forte.
żQue carreira é esta, na que un enfronta
Con espada na man a outro, que nu é?
żQue independencia, onde cen teńen fame,
Se non se curvan no xugo de un?
Esta é a loita dos cans por un óso.
En vez desta, quero unha sociedade,
Que vale, non pune, que non espanta, move,
Que con forza común colabora,
A que a ciencia para si sońa,
E da cal orde a razón vixia. -
Esto vai vir, sinto, estou seguro,
Levame, Lucifer, a este mundo. -

LUCIFER
Home van, porque teus ollos obtusos
Observan abaixo só un grupo confuso,
Xa pensas que no taller da vida
żNon hai colaboración, nin orde?
Mira pois cos ollos do espírito
E ve a obra que eles realizan,
Mais non para eles, pobres, senón para nós.
(Anoitece. Toda a feira forma un grupo, que cava, no medio da escena, unha tumba, danzan en torno desta, e despois un tras outro botase nela, ou mudos, ou dicindo o seu, un tras outro.)

CORO
Vamos, vamos, que soe a pa:
Hai que acabar hoxe, mańá
Será tarde, anque despois
Milenios a obra non será
Pronta. Berce, caixa é igual,
Hoxe acaba, o que mańá comeza,
Sempre ten fame e é cheo,
O que hoxe entra, sae mańá.
(Tocan a morto.)
Toca o sino da noite,
Acabamos, ó descanso,
Os que a mańá esperta,
Comezen de novo a obra.

O TITIRITEIRO
A comedia eu acabei,
Divertín, mais non rexoubei.

O TABERNEIRO
O vińo todos beberon,
Despois a casa partiron.

A MENIŃA
Vendín tódalas violetas,
Na mińa tumba van crecer outras.

A XITANA
Quixeron ver todos o futuro,
Agora cerran os ollos con susto.

LOVEL
Feliz o tesouro non me fixo,
Mais terei descanso gratuíto.

O OBREIRO
Chegou o sábado de novo,
Así, por fin, descansar podo.

O ESTUDIANTE
Sońei lindo - turbaronme,
Ven sońo, para continuarte.

O SOLDADO
Pensei que son moi bravo,
E agora nun foxo caio. -

A RAMEIRA
Voou a chea, foise a pintura,
É frío. żÉ mellor baixo da terra?

O CONDENADO
Queda, cadea, sobre meu po,
Noutro lado, outro lei espero.

O FANFURRIŃEIRO
Enganamosnos, como se sabemos,
Ó verdade, estamos sorprendidos.

EVA
Fondo aberto, que estás a meus pés,
Non cre que túa noite espantame.
Só o po cae nel, da terra nacido,
Eu con aureola o atraveso.
Amor, poesía, xuventude me abren
Camińo para a patria eterna.
Só meu sorriso trae pracer á terra,
Voando, como raia de sol, nunha cara.
(Deixando caer na tumba seu veo é seu manto, sobe aureolada.)

LUCIFER
żCońocela, Adán?

ADÁN
      ˇAi, Eva, Eva! -


VisszaKezdőlapElőre