CADRO DUODÉCIMO

(O patio, construido en forma de ferradura, dun grandioso falansterio. A planta baixa das dúas ás son pórticos abertos. No pórtico dereito, entre máqiunas de vapor con rodas en movemento, traballan obreiros. No pórtico esquerdo, no museo dos máis diversos obxectos das ciencias naturais, aparatos mecánicos, instrumentos astronómicos, químicos e outros especiales, un sabio actua. Todos pertencen ó falansterio e están vestidos da mesma maneira. Adán e Lucifer xorden do chan, no medio do patio.)

ADÁN
żO que país, o que pobo chegamos?

LUCIFER
Estas ideas vellas xa non existen.
A noción da patria żnon foi ruín?
Prexuízo pariuna noutro tempo,
Ruindade, rivalidade protexerona.
Agora o país é toda a terra,
Nel para o ben común traballan todos,
E sobre esta orde bela, tranquila,
A ciencia vixia respectuosa.

ADÁN
Cumpriuse pois, o ideal da mińa alma,
Todo é bo, así quixen eu mesmo.
Sinto só a noción da patria,
Perduraría acaso, penso, nesta
Nove orde. O corazón humano
Desexa barreira, teme do infinito,
Se incha, perde doseu interior;
Insiste polo pasado, polo futuro.
Temo que non se exalta polo mundo
Como pola tumba do seus pais.
Quen seu sangue daría pola familia,
Polo amigo ten talvez unha lágrima. -

LUCIFER
Renegas teu ideal, como vexo,
Aínda antes que sexa realizado.

ADÁN
Non pensa, mais teńo curiosidade:
żQue idea é que pode uni-lo todo
O mundo, que ó entusiasmo, o lume
Santo, eterno do corazón humano,
Ata agora avivouno con vilezas,
E explotouno só por loitas sen razón,
Guíano a un obxectivo tan nobre? -
Mais dime, por fin, żen que lugar estamos?
Despois guíame, para disfruta-la
Felicidade que por tantas loitas
O home, como premio, mereceuna.

LUCIFER
Entre os outros, este é un falansterio,
O lugar do home das ideas novas. -

ADÁN
Pois vamos.

LUCIFER
      Espera, non apresurate.
Antes desprendemosnos desta vella pel.
Se chegamos como Adán e Lucifer,
Non nos creían, pois nos matarían,
Ou nos pecharían nunha retorta.

ADÁN
żQue fala absurda é este de novo?

LUCIFER
Así é no mundo do espírito.

ADÁN
Fai como queres, pero rapidamente.
(Lucifer transforma a Adán e a si mesmo parecidos cos falansterianos.)

LUCIFER
Pon este saio. Oculta teus rizos. -
Estamos prontos. -

ADÁN
      Falemos a aquel sabio.

LUCIFER
ˇSaúdote, sabio!

O SABIO
      Non me molesta
Na mińa obra, non teńo tempo charlar.

LUCIFER
Sinto moito. Somos do falansterio
Milésimo, candidatos de sabios,
De tan lonxe a túa fama nos atrae.

O SABIO
Loable esntusiasmo, podo dicirvos.
Pois podo interrumpi-lo meu traballo,
Só o calor se manteńa na retorta,
E a materia a mińa vontade ceda. -

LUCIFER
Non me enagńei, en ti tamén, quen
Filtraches a natureza, o home,
Quedou a escoura derradeira,
A gran vaidade. -

O SABIO
      Podemos xa divertirnos. -
Pero żque especialidade tedes vós?

ADÁN
Noso saber non ten especialidade,
Desexamos unha vista de conxunto.

O SABIO
É un erro. O grande está no pequeno,
Hai tantos temas e a vida é tan corta.

ADÁN
É certo. - Sei ben que son necesarios
Os que levan area, ou labran a pedra:
Sen eles non se alza ningunha casa.
Mais eles só vagan na escuridade,
Sen noción en que obra traballan. -
Só o arquitecto pode ve-lo todo,
E aínda que non sabe labrar a pedra,
El é quen, como un deus, crea a obra. -
Tal arquitecto é grande tamén no saber.

LUCIFER
Por esto vińamos a ti, ˇoh!, gran home.

O SABIO
Faciades ben, podo apreciarvos.
As moitas ramas da ciencia,
Partes dun único organismo, só xuntas
Son fascinantes.

LUCIFER
      Como unha bela dama.

O SABIO
A pesar deste, a química é só -

LUCIFER
O centro, onde reside súa vida. -

O SABIO
Así é.

LUCIFER
      Antes min xa este dixo
De matemáticas un matemático.

O SABIO
De vaidade cada cal considera
A sí mesmo o centro de todo o que pode ver. -

LUCIFER
Elixiches ben como teu obxecto
A química.

O SABIO
      Nesto eu estou tranquilo. -
Mais agora vamos ver o museo.
É sen igual en todo o mundo actual.
Os animais da era prehistórica
Están aquí en exemplares xenuínos,
Ben preparados. - Viviron con nosos pais,
Cando foron bárbaros, compartindo
Con eles o dominio do mundo. -
Quedaron deles moitos contos milagrosos.
Coma tal deste, que foi locomotora.

ADÁN
É un cabalo, mais ben dexenerado.
Outro foi antigamente Al-borak.

O SABIO
Deste se conta que o home mantivoo
Como amigo, de balde, sen traballo,
Él, axexandoo de agradecemento,
Podo entende-los pensamentos do home.
Aínda máis, din que asimilou un crime
Del, a noción da propriedade,
E como garda, sacrificou súa vida. -
Digovos esto, como está escrito,
Sen cre-lo todo en absoluto.
Houbo moita loucura, moito sońo,
Dos que nos quedou tamén este conto.

ADÁN
É o can. - O que ti dis del é certo. -

LUCIFER
Coidado, Adán, acabarás delatarte. -

O SABIO
Este era o escravo do pobre.

ADÁN
Así como o pobre o boi do rico.

O SABIO
Este é o rei do deserto.

ADÁN
      O león. -
Alí é o tigre, alí o veloz corzo.
żQue animais viven aínda no mundo?

O SABIO
ˇQue pregunta! żNa vosa terra non é así?
Vive o que é útil e o que ata hoxe
A ciencia non puido substituílo:
O porco e o carneiro, mais non tan
Incompletos, como a natureza
Chafalleira creounos: aquel é graxa,
Esta é unha masa de carne e la
Que serven os nosos fins, como a retorta.
Mais, polo visto ti xa sabes todo esto.
Pasemos a outra cousa: os minerais.
Mirade este anaco inmenso de carbón.
Desta materia houberon montańas,
Os homes puideron collelo todo feito,
O que a ciencia agora filtra do ar
Penosamente. Este mineral aquí
Foi o ferro, ata que se esgotou,
E foi preciso busca-lo aluminio. -
Este anaco é o ouro, moi famoso
E moi inútil no mesmo tempo.
Porque cando o home, na súa cega fe,
Adorou seres superiores a el,
E superiores ó destino mesmo,
Imaxinou que igual é tamén o ouro,
Nos seus altares sacrificou benestar,
E dereito, todo que foi sagrado,
Para conseguir un anaco máxico,
Polo que puido obter calquera cousa -
Eˇque marabilloso!, tamén un pan.

ADÁN
Amosame outras cousas, estas cońezo.

O SABIO
De feito, es un gran sabio, foráneo.
Vamos ver, pois, a flora arcaica.
Aquí é a última rosa, que no mundo
Abriuse. É unha flor inútil,
Coas millóns de irmás ocupou os campos
Máis fertís dos trigais ricos.
Xoguete de moda dos gran nenos,
Fenómeno característico de feito,
Que éxito tiveron estes xoguetes,
Flores froitaron ata os espíritos:
As quimeras da fe e da poesía,
E ondeado por sońos ilusorios,
Desbaldiunas súas mellores forzas,
Quedando sen cultivo súas fin da vida.
Aquí gardamos tamén como rarezas,
Dúas obras. A primeira é un poéma;
O autor, cando o individuo quixo
Valorizarse con culpable orgullo,
Chamouse Homero. Describe nel un mundo
Quimérico, denomindado Hades.
Nós desmentimos todos seus versos.
A outra é a Agricola de Tácito,
Nocións ridículas e lamentables,
Sen embargo, do antigo mundo, bárbaro.

ADÁN
Conservaronse pois, algunhas páxinas
Dos días grandes, como testamento,
E estas żnon poden acende-los descendentes
Dexenerados, incitandoos ós actos,
Que derriban voso mundo artificial?

O SABIO
De acordo, nós tamén vimos esto,
O veleno, que oculta, é perigoso.
Por esto poden lelo só aqueles,
Que xa teńen máis de sesenta anos
E se dedicaron á ciencia.

ADÁN
Mais os contos de fada da ama,
żNon enxertan sentimentos nos tenros
Corazóns?

O SABIO
      Por suposto, e por esto
Nosas amas falan ós nosos nenos
De ecuacións e de xeometría.

ADÁN (aparte)
ˇAi!, asesinos, żnon temedes roubar
Do corazón os seus días máis belos?

O SABIO
Vamos alén. - Velaquí estes instrumentos,
Obxectos de arte, de formas milagrosas.
Un canón, con inscripción misteriosa:
Ultima ratio regum. - żComo era
Usado? żQuen sabe? - Unha espada,
Útil usado só para matar xente -
Quen matou con esta, non foi culpable.
Este cadro é feito con man libre,
Necesitou talvez a metade da vida,
E mira, seu asunto é un conto louco.
Hoxe o sol fai este para nós,
E non idealiza falsamente como
Aquel, senón serve nosos fins con fe.

ADÁN (aparte)
Mais a arte, o espírito żonde quedan? -

O SABIO
Estes obxectos que ornamentados,
Que infantís son. Na copa flores,
No respaldo arabesco fantaseador,
Obras malgastadas das humanas mans.
żÉ máis fresca a auga desta copa?
żMáis cómodo sentar nesta cadeira?
Agora nosas máquinas fan todo esto,
Nunha forma máis práctica, máis simple,
E o que garante a perfección é que
O obreiro que hoxe fai parafuso,
Este fará ata seu día último.

ADÁN
Por esto non hai vida, personalidade,
Que nalgunha obra excede o mestre. -
żEn que terreo a forza, o pensamento
Probaría súa orixe celestial?
Se quere loitar e mira en torno
Neste mundo regular, ordenado,
Non atopa nin o pracer do perigo,
Non encontra ningún caza fero.
Enganeime tamén na ciencia:
En lugar da dita, que esperei dela,
Atopei unha escola aburrida.

O SABIO
żNon é introducida a fraternidade?
żHai alguén que falta material sofre?
Ideas, como as túas, merecerían
Castigo.

ADÁN
      Dime, pois, żque idea é a que
Pode unir un pobo como este?
żQue, como fin común, entusiasmar pode?

O SABIO
Esta idea aquí é a existencia.
Cando o home apareceu na terra,
Esta foi como unha despensa chea,
Soamente tivo que estende-la man,
Para coller todo o que necesitaba.
Consumiu pois desconsideradamente,
Como o verme no queixo, e en súa doce
Embriaguez tivo tempo buscar impulso,
Poesía nas novelescas hipóteses.
Mais nós, ó último bocado, temos que
Ser avaros sabendo que consumese
O queixo e nós morremos de fame.
Tras catro mil anos o sol arrefria,
Plantas non nacerá máis a terra.
Estes catro milenios son os nosos,
Para aprender como substituí-lo sol.
É bastante para noso saber, penso.
Como combustible ofrecese a auga,
A mellor fonte de enerxía oxidada.
Xa hoxe os segredos do organismo
Están pretos que sexan descubertos. -
É moi bo que estamos falando desto,
Esquecín case a mińa retorta,
Porque traballo xustamente neste tema.

LUCIFER
Envelleceu moito o home, se
O organismo xa na retorta busca. -
Mais, digamos que sairá ben túa obra,
żQue monstruo será, que pensamento sen voz,
Sentimento de amor sen obxecto,
Un ser que a natureza non recońece,
Que non ten nin contraste, nin parente,
Se non o limita o individuo?
E żde onde tomará seu carácter,
Illado do exterior, do sufrimento,
Tomando conciencia nunha retorta?

O SABIO
Mira, mira, como ferve, como brilla,
Aquí-alá movense efímeras formas,
Neste quente e ben illada retorta,
Según a afinidade e reacción
Química, e a materia estará
Obrigada ceder a vontade mińa.

LUCIFER
ˇTe admiro! Mais non sei, żpoderías facer,
Que as afinidades non se atraen,
E os contrarios non se empúxen
Un a outro?

O SABIO
      ˇQue palabras absurdas!
Esta é a lei eterna da materia.

LUCIFER
ˇAi!, entendo, mais żen que se basea?

O SABIO
żEn que? É unha lei, así é,
Amosanos a experiencia.

LUCIFER
Pois es só o fogueiro da natureza.
O resto fai unicamente ela. -

O SABIO
Mais eu delimitoa có vidro,
E sacoa do escuro misterioso.

LUCIFER
Aínda non vin ningún signo da vida.

O SABIO
Non pode faltar. Eu espiei
Tódolos misterios do organismo,
Disequei cen veces a vida -

ADÁN
Só cadáveres disecaches sempre.
A ciencia só coxeando segue
A xove experiencia existente,
E como o poeta pagado do rei,
Está pronto comentarlle os gran feitos,
Mais non ten ningún poder predicilos. -

O SABIO
żPor que ironizades?, pois żnon vedes,
Que vivirá, só unha chispa faltalle? -

ADÁN
Mais żonde vas toma-la esta chispa?

O SABIO
Unicamente un paso me falta.

ADÁN
Mais quen non dei este único paso,
Non fixo nada, nin sabe nada.
Os outros pasos son dados no patio,
Mentres que este leva só ó santuário. -
żHaberá alguén nalgún día facelo?
(Namentres o fumo que está flotando sobre a retorta, empeza espesar e trona.)

A VOZ DO ESPÍRITO DA TERRA (do fumo)
Ninguén xamais. - Para min a retorta
É moi estreita, é moi ampla. - żCońecesme,
Adán? - Estes de aquí nin me sospeitan.

ADÁN
żOíches as palabras do espírito?
ˇOh!, mira, ti, home débil, orgulloso,
żComo poderías con el, que alí flota? -

O SABIO
ˇQue loucura! ˇAi!, me preocupo por ti.
(Quebrase a retorta, o espírito desaparece.)
ˇA retorta! Podo empezar de novo
A grande obra. Tan preto da fin,
Unha pequena gleba, un azar cego
Me traba.

LUCIFER
      Noutro tempo chamarono sino.
Era menos infame quebrarse baixo
Seu poder, que ceder como agora,
A un azar cego. -
(Toca a campaíńa.)
      żQue significa esto?

O SABIO
O fin do traballo, empeza o paseo.
Aquí veńen das fábricas, do campo,
Agora recibe castigo quen pecou,
Reparten as mulleres e os nenos.
Vamos, eu tamén teńo tarefa.
(Nunha fila longa veńen homes, noutra mulleres, algunhas, entre elas tamén Eva, con nenos. No patio todos forman un circulo. Un ancián vai ó centro. Adán, Lucifer e o sabio están no proscenio, ó lado do museo.)

O ANCIÁN
ˇNúmero trinta!

LUTERO (saíndo da fila)
      ˇPresente!

O ANCIÁN
      De novo
Acendiches en demasía a caldeira.
Parece que túa pasión é pońer
En perigo todo o falansterio.

LUTERO
Quen pode resistir a tentación, cando
O elemento salvaxe nos rodea
Chispando, ruxindo con mil e mil chamas,
Quere collernos para aniquilarnos,
E estar alí, con coraxe, atizalo máis,
Sabendo que no noso poder está. -
Non cońeces o encanto do lume,
Que cońeces só o baixo da pota.

O ANCIÁN
Fala vaidosa, por esto hoxe non xantas.

LUTERO (volvendo á fila)
Mais mańá vou atiza-lo lume de novo.

ADÁN
żQue vexo? Cońezo a este home.
Era Lutero.

O ANCIÁN
      ˇDouscentosnove!

CASIO (saíndo da fila)
ˇPresente!

O ANCIÁN
      Te advirto por terceira vez,
Que buscas pelexar sen algún motivo.

CASIO (volvendo á fila)
żSen motivo, porque non me queixo? -
É cobarde que pide socorro, mentres que
Seu brazo é san. Ou żmeu adversario
Foi máis débil? żPor que non defendeuse? -

O ANCIÁN
ˇNon replica! - Nin a forma do teu
Cranio non salva teu instinto mal,
Porque é nobre e sen falta algunha.
Mais teu sangue é quente e violento.
Serás curado ata tranquilizarte.

ADÁN
ˇAi!, Casio, se me recońecerías,
Loitei contigo en Filipo. - Pois a orde
Mal, a teoria żpode errar tanto, que
Un peito tan nobre como o teu,
É seu obstáculo e nin o cońece?

O ANCIÁN
Número catrocento.

PLATÓN (saíndo da fila)
      Si.

O ANCIÁN
      Xa de novo
Afundicheste nas túas quimeras,
Que perdeuse teu gando. Para estar
Desperto, vas axeonllarte nos chícharos.

PLATÓN (volvendo á fila)
Tamén nos chícharos terei sońos lindos.

ADÁN
ˇAi!, Platón, que papel te caeu en sorte,
Na sociedade, por que tanto chamaches. -

O ANCIÁN
ˇNúmero setenta e dous!

MIGUEL ÁNXEL
      Estou aquí. -

O ANCIÁN
Abandonaches teu taller sen orde.

MIGUEL ÁNXEL
Si, teńo que facer sempre pés de cadeira,
E por riba na máis miserable forma.
Roguei moito me deixen reformalas,
Me permitan grabar algúns ornamentos.
Non permitiron. Pedín cambia-los
Respaldos das cadeiras. Todo en van.
Estaba xa moi preto de enloquecer,
E deixei a tortura, deixei o taller.
(Volve á fila.)

O ANCIÁN
Por esta insubordinación ficas
No teu cuarto, sen goza-lo lindo día.

ADÁN
Miguel Ánxel, que inferno debe ser
Para teu corazón que non podes crear. -
ˇOh!, cantos cońecidos por todas partes,
Cantos espíritos, e canta forza.
Este loitou conmigo - aquel é mártir xa,
Este sentía estreita a terra,
E que uniforme, que anano fixoos
O estado. ˇOh!, Lucifer, ven, vamos,
Mińa alma xa non soporta máis esto. -

O ANCIÁN
Hoxe dous nenos cumpren o tempo,
No que o coidado da nai é preciso.
Agora esperaos o instituto.
ˇVeńan, veńan!
(Eva e unha outra muller saen da fila con seus nenos.)

ADÁN
      ˇQue criatura admirable!
Pois este mundo ríxido tamén ten
Súa poesía.

LUCIFER
      Entón, żvamos, Adán?

ADÁN
Non, agora temos que quedar aquí.

O ANCIÁN
Sabio, examina axińa os cranios
Destes nenos.
(O sabio examina os nenos.)

EVA
      ˇAi!, żque será de min sen fillo?

ADÁN
ˇEsta voz!

LUCIFER
      żQue achas nesta muller do pobo,
Ti, que probache-lo beixo de Semíramis?

ADÁN
Entón non cońecín a esta.

LUCIFER
      Pois así.
É a vella canción dos namorados.
Todos consideran que descubriron
A pasión, antes ninguén non soubo
Amar verdadeiramente, e esto
Así é sen pausa, hai milenios.

O SABIO
Este neno aprenderá a medicina,
Este será pastor.

O ANCIÁN
      Pois levadeos.
(Queren leva-los nenos, mais Eva resiste.)

EVA
ˇNon toca a el! Este neno é o meu,
żQuen ousa tiralo do seo da nai? -

O ANCIÁN
Tomadeo, żpor que tardades tanto?

EVA
ˇAi!, meu neno, eu te alimentei
Co sangue do corazón. - żQue forza pode
Romper este vínculo sagrado?
żRenuncie de ti para sempre,
Que te perdas na multitude e meus
Ollos escrutadores en van te busquen
Entre centenas descońecidos iguais?

ADÁN
ˇAi!, homes, se tedes para vós algo santo,
Non separade o neno desta nai. -

EVA
żNon si?, żnon si?, ti, forasteiro bendito.

O ANCIÁN
Forasteiro, xogas un xogo atrevido:
Se deixamos revivi-lo prexuízo
Da familia, tódalas conquistas
Da santa ciencia caen axińa.

EVA
ˇQue me importa a ciencia xeadeira!
ˇQue caia, cando a natureza fala!

O ANCIÁN
żAcabades xa?

ADÁN
      ˇNon ousade tocalo!
Alí é un sabre, vou enseńarvos,
Como brandilo.

LUCIFER
      ˇQueda inmóbil, sońo!
(Pon a man no ombro de Adán, que queda inmóbil.)
Sinte o poder fatal da mińa man. -

EVA
ˇOh, meu neno!
(Cae, levanlle o neno.)

O ANCIÁN
      As dúas non teńen par.
Saia, quen pretende compańeira.

ADÁN
Eu pretendo esta.

O ANCIÁN
      ˇXuízo, sabio!

O SABIO
Home entuziasta, muller neurótica
Xeran bastardo - parella non indicada.

ADÁN
Mais se ela quere, eu non renuncio.

EVA
Quero ser túa, home xeneroso.

ADÁN
Te quero, con todo o ardor do corazón.

EVA
Eu tamén te quero, para sempre, sinto.

O SABIO
ˇQue loucura! - De feito, é curioso
Ver aparece-lo espectro do pasado
En nosa era de luces. - żDe onde é este?

ADÁN
É un raio tardío do Eden.

O ANCIÁN
Lamentable. -

ADÁN
      Non tede pena. - É a nosa
Esta loucura. Non envexamos vosa
Sensatez. Porque todo o que houbo grande
E nobre neste mundo, houbo loucura,
Que a razón calma non pode limitala. -
É a voz do espírito, que do alto
Se oe, como unha doce melodía,
Testemuńando que parentes de alma
Somos, e detestamo-lo po vil da terra,
Buscando camino ás altas esferas. -
(Manten abrazada a Eva.)

O ANCIÁN
żQue escoita-los? ˇO hospital con eles!

LUCIFER
Socorro urxente. ˇAdán, agora vamos!
(Afundense.)


VisszaKezdőlapElőre