CADRO DÉCIMO TERCEIRO

(O espacio. Ó lonxe se ve a terra, cada vez máis pequena, ata ser vista só como unha estrela entre as outras. O cadro empeza en penumbra, que pouco a pouco chega a ser completamente escuro. Adán como un vello, voa xunto con Lucifer.)

ADÁN
Dime, ¿onde nos leva este voo louco?

LUCIFER
¿Non desexaches, libre de escoura,
Ás esferas altas, de onde, se entendín
Ben, oíche-la voz dun espírito
Parente?

ADÁN
      É certo, mais non imaxinaba,
Que o camiño é tan rigoroso.
Este espacio é tan deserto, estraño,
Que pasalo parece un sacrilexio,
E no meu peito loitan dous sentimentos:
Sei que vil é a terra, que miña alma
A pecha e anhelo do seu círculo;
Mais me falta, me doe abandonala. -
¡Ai!, Lucifer, mira só a nosa terra,
Primeiro as flores perdemos de vista,
Despois a fronde trémula das fragas;
Con seus lugares queridos, a paisaxe
Fixose nunha chaira sen carácter,
Borrouse todo que foi interesante.
A rocha reduciuse nun vil terrón,
O nube cheo de raios no que o vilán
Asustado pensa unha voz sagrada,
É só un conxunto de vapor miserable.
¿Onde está a infinidade do mar
Ruxiente? É unha mancha cincenta
No globo, que xirando se mestura
Entre mil outros, e era todo noso mundo.
¡Oh!, Lucifer, despois ela, ela -
¿Tivo que quedar atrás tamén ela de nós? -

LUCIFER
Do noso punto de vista elevado
Primeiro perdese o encanto, despois
A grandeza, a forza ata que nos queda
Só a rigorosa matemática. -

ADÁN
As estrelas quedan atrás de nós
E non vexo ningún fin, nin estorbo.
Sen amor e sen loita, ¿que vale todo
O ser? Lucifer, ¡me estremece o frío!

LUCIFER
Se acabouse o teu heroismo,
Vamos volver para xogar no po.

ADÁN
¿Quen di esto? Adiante pois, adiante:
Doe só ata que non rompen de remate
Tódolos lazos que nos atan a terra. -
Mais ¿que pasa?, non podo respirar,
Non teño forza, a cabeza é confusa,
¿Anteu sería máis que un mito,
Que viveu só ata que tivo contacto
Co po da terra?

O VOZ DO ESPÍRITO DA TERRA
      Si, é máis que un mito.
Me coñeces xa, o espírito da terra,
Só eu respiro en ti, podes sabelo.
Aquí é o valo, poder ata aquí teño.
Volve e vives - pasao e morres,
Como o infusorio, que brinca na gota
De auga. - Para ti a gota é a terra. -

ADÁN
En van me asustas, te afronto. O corpo
Talvez é o teu, mais a alma é miña,
Idea, verdade son infinitas, foron
Antes que teu mundo de materia.

A VOZ DO ESPÍRITO DA TERRA
Home van, probao e caerás.
¿O perfume existe antes que a flor?
¿A forma que o corpo? ¿A raia que o sol?
Oh, se vería-la túa alma orfa
Xirar no espacio infinito,
Buscando en van intelixencia
E expresión, nun mundo alleo,
E non sente e non entende nada,
Estremecerías. Porque entendimento
E sentimento que en ti existen, son
Só a irradiación da materia,
Que ti chamas terra, que se sería ora
Non podería existir máis, e nin ti. -
O belo, feo, saúde e inferno
Subtraíches só do meu espírito,
Que traspasa a orde da túa patria. -
¡Oh!, o que aquí é verdade eterna,
Noutro mundo talvez é absurdo,
E acaso o imposible é natural.
O peso non existe, o ser non se move,
O que aquí é ar, alí é pensamento,
O que aquí é luz, alí talvez é son,
E talvez é cristal, a que aquí é planta. -

ADÁN
Non me apartes, quero subir máis alto. -

A VOZ DO ESPÍRITO DA TERRA
Adán, achegase o final momento.
Volve, na terra podes ser grande,
Mentres que se teu ser pasa o límite
Do universo, Deus non tolera que
O aproximas - e te reducirá a po. -

ADÁN
E ¿a morte non me reducirá a po? -

A VOZ DO ESPÍRITO DA TERRA
Non di esta voz van da vella mentira,
Non di aquí, no muno do espírito -
Estremecería toda a natureza. -
É un selo sagrado que gardou para si
O señor. Nin a mazá do saber
Non puido rompelo.

ADÁN
      Rompereino eu.
(Continuan voando. Cun berro agudo Adán queda teso.)
¡Estou perdido!

LUCIFER (rindo)
      Venceu a vella mentira. -
(Apartando de si a Adán.)
Este deus-títere pode xirar no
Espacio, como un planeta novo
No que nace unha vida nova para min. -

A VOZ DO ESPÍRITO DA TERRA
¡É cedo a túa sorna, Lucifer!
Só tocouno o universo estraño.
Non é tan fácil fuxir do meu mundo. -
A voz da terra te chama, acorda, fillo.

ADÁN (volvendo en si)
Vivo de novo. - Sintoo, porque sufro,
Mais sufrir para min tamén é doce,
Porque reducirse a nada é terrible. -
¡Oh!, Lucifer, guíame a miña terra,
Onde batallei en van tanto, para
Batallar de novo e vou ser feliz. -

LUCIFER
E despois de tantas probas pensas aínda
Que túa nova loita ¿non será xa van?
¿E chegarás o fin? Este firme ánimo,
De feito, só o home pode telo. -

ADÁN
Non me atrae un maxín tan necio,
Sei, que o fin cen veces non alcanzo.
Tanto ten. No fondo ¿que é o fin?
O fin é o termo da loita gloriosa,
O fin é a morte, a vida é loita,
E o fin do home é a loita mesma.

LUCIFER
Belo consolo, aínda que a idea
Da loita sería, polo menos, grande,
Mais mañá te burlarás do que loitas hoxe,
Foi un xogo de neno, o que te entusiasmou. -
¿Non desangracheste a Queronea
Na defensa da libertade caída?
¿Non loitaches ó lado de Constantino,
Para crear seu mundial imperio?
¿Non morriches como un mártir da fe?,
E despois coas armas da ciencia
¿Non enfrontacheste coa mesma fe?

ADÁN
Si, mais tanto ten, por máis vil que fose
A miña idea, me entusiasmou,
E me elevou, sendo así santa e grande.
Dá igual se actuou na forma de cruz,
Ciencia, ambición ou libertade,
Fixo progresa-lo xénero humano. -
Volvamos pois a terra, para loitas novas. -

LUCIFER
¿Esqueciches xa a voz do sabio,
Quen calculou que dentro de catro milenios
Teu mundo vai xear - o combate para?

ADÁN
Se a ciencia non afronta a esto.
Mais vai afrontar, eu sinto, sei. -

LUCIFER
¿E despois? ¿Hai loita, grandeza, forza
No mundo artificial, o que a razón
Arrancou das súas teorías,
O que ti mesmo, hai pouco, podías ve-lo? -

ADÁN
Só que salve a terra - pasará tamén
A cicncia como todo que cumpre
Súa misión, e entón nacerá de novo
A idea, que respira vida nela.
Reconduceme só, ardo ver xa, por que
Doutrina nova entusiasmareime
Na terra salvada.

LUCIFER
      Pois, ¡vamos de volta! -


VisszaKezdõlapElõre