CADRO DÉCIMO CUARTO

(Rexión montañosa, sen árbores, cubrida de neve e xeo. O sol como unha bóla vermella, sen raias, entre fragmentos de brétema. Luz difusa. No proscenio entre algúns arbustos achaparrados de bidueiros, xenebreiros e piñeiros rubideiros unha choupana de esquimó. Adán como un ancián moi quebrado, apoiado a un bastón, baixa dos montes con Lucifer.)

ADÁN
¿Por que andar neste mundo de neve,
Onde, cos ollos ocos, nos mira a morte,
Só algunha foca fai ruído, que ó oir
Os nosos pasos, lanzase á auga;
Onde nin as plantas fatigadas loitan,
Arbustos bastardos están entre os liques,
E a lúa, como a lámpada da morte,
Trala brétema na tumba mira? -
Levame onde as palmeiras florecen,
Na bela patria do sol, dos perfumes,
Onde a alma do home avanzou
Ata á conciencia da súa forza. -

LUCIFER
Estamos alí. A bóla de sangue
É o teu sol. Baixo nosos pés
É o ecuador. - A cicencia non venceu. -

ADÁN
¡Mundo horrible! - Só morrer é bo.
Non sinto, o que deixo neste mundo.
¡Ai, Lucifer!, eu, que noutro tempo
Estiven á berce do home, que vin nesta
A esperanza dun futuro grande,
Quen loitei tantas súas batallas,
A esta gran tumba, na que a natureza
Tendeu seu sudario, meditando, como
O primeiro, último home do mundo:
Quería sabelo ¿como caeu a raza?
¿En combate nobre, gloriosamente?
¿Miserablemente, cada vez máis anano,
Sen grandeza, indigno de lágrimas?

LUCIFER
Es vaidoso de teu espírito grande, -
Como gostache da-lo nome a esta
Forza, que o sangue move nas veias,
E o peito xove por ideas incha:
Non desexa estar como testemuña
A túa propia morte. - Esta hora
É a verificación marabillosa
Das tódalas contas feitas sen o amo.
A febre do moribundo espanta
As imaxes brillantes da febre da vida,
Despois quen sabe, cal foi a realidade.
Os mesquiños laios da última batalla
É a gran mofa das loitas da nosa vida.

ADÁN
Por que non perecín pois nas alturas,
Con plena conciencia da miña forza
E alma, en vez de oír meu propio
Epitafio, dun espírito frío,
Indiferente, que non comparte
Nin miñas batallas, nin miña morte. -

LUCIFER
Nas túas queixas recoñezo a túa raza,
Cales seguen o teu espertamento
Dos soños lindos á realidade. -
Mais calmate, túa raza aínda vive.
Mira, alí tamén é unha choupana,
E seu amo agora sae na porta. -
(Un esquimó sae da choupana, preparado para a caza da foca.)

ADÁN
¿Este mamarracho, este aborto sería
O sucesor que usurpa miña grandeza?
¿Por que me deixaches velo, Lucifer?
O consolo é peor que a miña pena.

O ESQUIMÓ
¿Existen, con todo esto, encima de nós,
Deuses? Velaquí, están diante de min.
Mais quen sabe, ¿son bos ou malvados?
O máis seguro é escapar deles.
(Quere retirarse.)

LUCIFER
¡Unha palabra!

O ESQUIMÓ (prostrandose)
      ¡Misericordia, señor!
Te sacrifico a primeira foca,
Que abato, só oeme e non me fai mal.

LUCIFER
Pois ¿que dereito tes á aquela foca,
Que redimela túa vida coa súa?

O ESQUIMÓ
Son máis forte. Vexo no meu arredor,
Que o peixe como devora o verme,
A foca a peixe, despois eu a foca.

LUCIFER
E o espírito grande te come a ti.

O ESQUIMÓ
Sei, sei, mais a este pequeno tempo,
O que me deixa xenerosamente,
Comproo con sacrificio de sangue.

ADÁN
¡Que covardía!

LUCIFER
      ¿Ti fixeches outra cousa?
A diferencia entre vós é só,
Que el inmolou foca, mentres que ti home
Á deidade que creaches a imaxe
Túa, como este a el semellante.

O ESQUIMÓ
Vexo que enfadaste e sinto por que.
Na miña pobreza ousei suspirar
Ó próvido deus do sol, que non pide,
Que só dá, que segundo noso mito vello
Noutro tempo tamén aquí mandou. - Perdoa,
E maldigoo para sempre.

ADÁN
      ¡Ai!, gran Deus,
Mira abaixo e arroibate, ¡que vil é
O que ti creaches magnífico, o home!

O ESQUIMÓ
Teu amigo enfadase, ¿tamén ten fame?

LUCIFER
Non, está enfadado porque non ten fame.

ADÁN
¡Que broma insípida de novo!

LUCIFER
É verdade. Teu razoamento
É o do farto, mentres que noso amigo
Ten a filosofía do famélico.
Con razóns non convencedes un a outro,
Mais estaredes de acordo se ti
Terás fame ou el estará farto.
Si, si, por máis que fas ilusións,
Sempre o animal é o primeiro en vós,
E só cando podes calmalo a este,
Esperta o home para desprezala
Orgullosamente súa esencia. -

ADÁN
É un discurso digno de ti, Lucifer,
Quen con malicia tiras a po todo,
Que é sagrado. ¿Toda grande idea,
Feito nobre é vapor da nosa cociña?
¿Ou absurda criatura dunha
Circumstancia a que poñen en marcha
Algunhas leis da má materia? -

LUCIFER
¿E non é así? - ¿Ou talvez pensas que
Leonidas morrese no desfiladeiro,
Se en vez de come-la súa sopa
Morena, dunha república que
Nin diñeiro non ten, embriagase
De todo o gozo doce do oriente,
Nunha vila, como a de Luculo?
¿Ou Brutus morre, se volve a casa
Da linda Porcia e despois da rica
Comida descansa as emocións da loita?
¿Como naceu o crime e a virtude?
Aquel no ar fétido, na miseria,
Esta na luz do sol, na libertade,
Transmitindo na forma, no espírito
A si mesmo ás tardías xeracións.
Cantos fixeron as contas con eles mesmos,
E despois aforcaronse a un gallo.
Mais se mans indeseadas desliabanos,
O contacto renovado coa vida
Fixo esquece-las contas feitas. -
Se o gran Hunyadi1 non naceu no seo
Dun pobo digno, e seu berce está
Na sombra dunha tenda sarracena,
¿Que saíse do heroe primeiro da cruz?
¿Ou se Lutero fose o papa, e León
Profesor de universidade alemán?
Quen sabe, ¿non reforma este?, e ¿non maldi
Aquel ó devastador atrevido?
¿Que saíse Napoleón, se non achanza
O sangue dun pobo ó seu camiño?
Podrece talvez nun cuartel fedorento. -

ADÁN (tapando a boca de Lucifer)
¡Basta! - Todo o que explicas, parece
Tan simple, tan verdadeiro, mais é
Moi nocivo. - A superstición
Cega só o parvo, que non pode senti-lo
Espírito, que actua, move entre nós.
Mais o bo recoñecería o irmán, se
Túa doutrina fría non o mataría. -

LUCIFER
Fala co teu amigo, unha lección
De autocoñecemento non sería mal.

ADÁN
¿Vexetades moitos nestes arredores?

O ESQUIMÓ
Moitos, moito máis que podo contalos
Nos dedos. - E verdade, ós veciños
Mateinos ás pancadas, todos, mais en van,
Sempre chegan outros; e as focas
Son poucas. - Se ti es deus, pidote,
Moito, fai que haxan menos homes,
E máis focas. -

ADÁN
      ¡Basta! ¡Vamos, Lucifer!

LUCIFER
Polo menos, vexamos a súa muller.

ADÁN
Non quero vela, porque se o home
Degradouse tanto, é repugnante,
Mais en noso peito esperta só desprezo.
Se a muller, o ideal, a poesía
En persoa, degradase, será un monstro,
Que provoca horror. - Vamos, nin vela quero.
(Namentres Lucifer arrastra a Adán cara á choupana, abre a porta cunha patada. Dentro se ve Eva, como a muller do esquimó. Adán miraa de fixo.)

LUCIFER
¿Non che parece unha vella coñecida?
Pois abrazaa, este home honrado
Ofenderáse mortalmente, se non
Honras desta maneira a súa muller.

ADÁN
¿Abrazala a esta, quen tiven nos brazos
Unha Aspásia? A esta, en quen vexo
De novo albisca-las faccións doutra,
Mais como se entre seus beixos faríase
Nunha besta. -

O ESQUIMÓ (entrando na choupana)
      Muller, nos chegaban
Hóspedes. Acolleos amablemente.
(Eva botase ó colo de Adán e atraeno na choupana.)

EVA
Se benvido, forasteiro, repousa.

ADÁN (liberandose)
¡Socorro, Lucifer! Vamos de aquí,
Levame do futuro ó presente,
Para non velo máis meu destino:
As loitas en van. Deixame pesar:
¿Afronteo aínda o sino de Deus? -

LUCIFER
Pois ¡esperta, Adán! Terminou teu soño. -


VisszaKezdõlapElõre