(A escena cambia no paisaxe de palmeiras do cadro terceiro. Adán, de novo como xove, cargado de soño, sae da choupana e pasmado mira arredor. Eva durmiña dentro. Lucifer, en pé, está no centro. Sol brillante.)
ADÁN
Horribles imaxes, ¡oh!, ¿onde estades?
Arredor de min todo vive, sorri como
Deixei, só o meu corazón destrozou.
LUCIFER
¡Home vaidoso! Desexas talvez ¿que
A orde da natureza desfaga,
Que cometa novo brille na túa noite,
Que trema a terra se morre un verme?
ADÁN
¿Soñei só, ou agora estou soñando?
¿E a vida é máis que un soño,
Que por momento cae na materia,
Para desfacer completamente con ela?
¿Para que este momento de consciencia?
¿Para ve-lo horror da inexistencia? -
LUCIFER
¿Lamentaste? - só a covardía
Acepta o golpe sen ningunha loita,
Que evitalo ten poder aínda.
Mais o home forte mira con calma
As eternas letras do destino,
E non queixase, ollando só tanto,
¿Como podría vivir tamén baixo elas?
Este destino é encima da historia,
Es só un útil, o que el move adiante. -
ADÁN
Non, non, mentes, a vontade é libre.
Merecíno moito para min este,
Por ela ó paraíso renunciei.
Aprendín moito das miñas ilusións,
Desenganei de moitos e agora só
De min depende tomar outro camiño.
LUCIFER
Se o esquecemento, a esperanza
Non tería por cómplice o destino,
Aquel para cicatrizar a ferida,
Esta para cubrir con tapiz o abismo,
E animar: cen ousados nel caeron,
Ti serás o ditoso que saltao. -
Mais como sabio, viches, entre moitas
Rarezas un verme intestinal,
Que vive só no miñato e no gato,
Mais a primeira etapa da súa vida
Ten que pasaa soamente no rato.
Ningún rato está predestinado
Sentir as poutas do gato ou do miñato.
Os que son prudentes, poden evitalas,
Morrendo como vellos entre os seus.
Mais unha lei inquebrantable garda,
Que ós inimigos suficientes ratos
Caian, para que despois de milenios
Aínda os vermes existan no mundo. -
Nin o individuo está cativado,
As cadeas leva a raza humana.
O entusiasmo arrebata, como
A auga, por unha ou por outra causa.
A fogueira terá súas víctimas,
E os outros, que encarnecerán destas. -
E quen alistará os números,
Admirará a consecuencia do sino,
Que parte proporcionalmente
Matrimonio, morte, crime e virtude,
Fe, loucura mailo suicidio. -
ADÁN
¡Para! Cruzou pola mente unha idea -
Podo desafiarte, tamén a ti, Deus.
Anque cen veces di o sino: viva tanto,
Rirei del, e se gustame, non vivo máis.
¿Non estou agora só neste mundo?
Diante min a rocha, pois o abismo.
Un salto, como o último acto
E digo: a comedia terminou. -
(Adán encamiñase cara á rocha. Eva sae da choupana.)
LUCIFER
¡Ai!, terminou, terminou, ¡que fala tola!
¿Non é cada momento fin e comezo?
¿Por esto viches tantos milenios? -
EVA
Adán, ¿por que furtacheste de min?
Teu último bico estaba tan frío,
E tes no teu rostro furia ou cravo.
Teño medo de ti
ADÁN (continuando seu camiño)
¿Por que me segues?
¿Por que estás espiando os meus pasos?
O home, señor do mundo, ten outros
Asuntos que os galanteos frívolos.
A muller non o entende é e unha carga só.
(enternecendose)
¿Por que non durmiñaches aínda un pouco?
Será máis difícil o sacrificio,
Que teño que facelo para o futuro. -
EVA
Se me escoitas, talvez será máis fácil.
Porque o que ata agora era incerto,
Agora está asegurado: o futuro. -
ADÁN
¿Como?
EVA
Sei que vai sorrir a túa cara,
Se rosmoche. Mais ven máis preto de min:
¡Oh, Adán!, vou ter un neno. O noso.
ADÁN (caendo de xeonllos)
Señor, vencichesme. Velaquí, estou no po.
Sen ti, contra ti en van loito. Levantame,
Ou asestame, meu peito está aberto.
LUCIFER
¡Verme! Esqueciches a túa grandeza,
Que podes agradecerme. -
ADÁN
¡Deixaa!
Era unha ilusión. ¡Esto é paz!
LUCIFER
E ti, muller necia, ¿de que fanfurriñas?
Teu fillo foi concebido en pecado.
El trae na terra só culpa, miseria.
EVA
Se Deus quere, concibirá outro
Na miseria, que suprimiráa,
Traendo fraternidade ó mundo. -
LUCIFER
¿Te rebelas contra min, escrava?
Levantate, besta.
(Dá unha patada en dirección a Adán. Abrese o ceo: o Señor, rodeado de anxos, aparece glorioso.)
O SEÑOR
¡Ó po, espírito!
Diante min non hai grandeza.
LUCIFER (curvandose)
¡Maldición!
O SEÑOR
Levantate, Adán, non sexas postrado,
Te collo de novo en miña gracia.
LUCIFER (aparte)
Como vexo, se forma unha escena
De familia, linda ó sentimento,
Mais moi soso ó meu intelecto.
É mellor saír de aquí.
(Marcha.)
O SEÑOR
¡Lucifer!
Queda aquí, quero falar tamén contigo.
E ti fillo, conta que te aflixe.
ADÁN
Señor, visións horribles me torturaron,
E non sei que é a verdade nelas.
Oh, dime, que destino me espera:
¿Todo o que teño é esta vida limitada,
De loitas, en que se filtra miña alma,
Como a viño, que, cando faise puro,
Botes no chan, para que a area absorbao?
¿Ou a nobre bebida ó mellor sino
Destinaches? ¿Avanzará miña raza?
¿Chegando, máis nobre, ó teu trono?
¿Ou como a besta do muiño, cansa,
Mais do círculo non pode saír, no que anda?
¿Terá premio o corazón nobre,
O que, por verter seu sangue, escarnece
O xentío mesquiño? Esclareceme, e
Calquera sino levarei con gratitude.
Gañarei só neste cambio, porque esta
Incerteza é o inferno. -
O SEÑOR
Non pide máis
O segredo o que próvida divina man
Ocultou dos teus ollos desexosos.
Se verías que estás na terra un instante
E alén te espera a eternidade,
Máis sufrir aquí non sería virtude.
Se verías, que o po absorbe túa alma,
¿Que te estimularía renuncia-los
Gozos do momento, polas grandes ideas?
Agora teu porvir brilla a través dunha
Nebra, e se engruñaste polo peso do ser,
Te alzará a sensación do infinito.
Mais se te levaría o orgullo desto,
Te limitará a curta existencia.
E están aseguradas virtude, grandeza. -
LUCIFER (rindo)
De feito, empezas gloriosa carreira,
Grandeza e virtude serán túas guías,
Dúas voces que poden tomar forma
Só se están veladas pola superstición,
Polo prexuízo, pola ignorancia. -
¿Por que empezei algo grande co home,
Este ser feito de barro e raia do sol,
Anano no saber, xigante na cegueira? -
ADÁN
Oh, non burlate de min, Lucifer,
Vin a creación pura do teu saber,
Foi moi frío alí para este peito. -
Mais, oh, meu señor, ¿quen vai axudarme
Para seguir sempre ó camiño xusto?
Privaches de min a man que me guiaba,
Despois que gustei o froito do saber.
O SEÑOR
Teu brazo é forte - a alma elevada:
Un campo infinito te chama traballar.
Se tes coidado, unha voz falache sempre,
Para frearte ou para levantarte; sigue
Só a esta. E se no ruído da vida
Esta voz celestial enmudece,
A alma máis pura desta muller tenra,
Lonxe das suicidades dos intereses,
Vai oila, e a través do corazón,
Filtraráa en poesía e canto.
Con estes dons estará ó teu lado,
Na desgracia e na dita igualmente,
Como un xenio consolador, sorrinte. -
Ti, Lucifer, un anel máis no meu
Universo - sigue teu traballo: teu
Saber frío, túa negación louca
Vai ser o fermento que entusiasma
E aparta, polo menos un momento -
¡Que importa! - o home, que volverá.
Mais teu castigo será eterno,
Para velo, que o que queres corromper,
Vai ser o xerme novo do lindo, do nobre. -
O CORO DOS ANXOS
Ser libre elixir entre pecado
E virtude, que idea grande,
E con todo esto, sabelo que
A gracia de Deus nos protexe.
Pois ¡con coraxe!, e non sinte,
Se o xentío vai ser ingrato,
Teu fin non sexa só esto,
Se queres facer algo grande,
Tendo pudor actuar doutro modo;
O sentimento deste pudor
O vil a terra o derriba,
Ó ínclito o levanta. -
Mais no teu camiño sublime
Non te cegue a imaxe de que
Para a gloria de Deus,
O que fas, ti fas soamente,
E que el necesitaría a ti
Como o seu instrumento:
Ti gañaches a súa honra
Se en seu lugar actuar te deixa. -
EVA
¡Ai, entendo, gracias a meu Deus!
ADÁN
Tamén eu supoño e vou seguilo.
¡Só aquel fin! - ¡se podería esquecelo! -
O SEÑOR
Dixenche, home: ¡loita e confia!