(No paraíso. Ó centro a árbore do saber e a árbore da vida. Adán e Eva veñen, acompañados de varios animais que os rodean con confianza. Pola porta aberta do ceo irradia unha luz de gloria, e oense, en harmonía baixa, coros anxelicais. Brillante luz do sol.)
EVA
¡Ai, vivir, vivir! ¡Que doce, que ben é!
ADÁN
E que bo é ser dono sobre todo.
EVA
Sentir que alguén coida de nós,
E só temos que da-las gracias
A aquel quen nós propicia tanto pracer.
ADÁN
Depender, como vexo, é túa máxima. -
Teño sed, Eva. Mira, que tentadores
Son aqueles froitos.
EVA
Vou coller un.
A VOZ DO SEÑOR
¡Para! ¡Para! Deiche a terra enteira,
Mais evita estas dúas árbores,
Outro espírito protexe seus froitos,
E vai morrer quen degustaos. -
Alá avermellan os acios de uva,
E ofrece descanso a suave sombra
No secante fervor do mediodía.
ADÁN
Sorprendente orde, mais parece seria.
EVA
¿Por que son máis belas estas árbores?
¿E prohibidas?
ADÁN
¿Por que o ceo é azul?
¿Por que o bosque é verde? - Porque é así. -
Segamos a palabra, ven comigo, Eva.
(Sentanse nunha glorieta.)
EVA
Pon a cabeza no meu seo, eu
Abanareite.
(Ventada. Entre a follaxe aparece Lucifer.)
ADÁN
¿Que é isto? Nunca tal oín.
Como se unha forza estraña
E hostil arremeteunos.
EVA
Tremo.
O coro celestial calou tamén.
ADÁN
Sobre teu seo, parece, aínda o oio.
EVA
E eu, se no ceo a gloria apaga,
Aquí, nos teus ollos encontroa.
Onde mais atopala, se non en ti,
Eu, quen debo a vida ó teu desexo,
Como - no seu diluvio de luz o sol -
Para non ficar só no universo -
Pinta a súa imaxe na flor da auga,
E alegre de ter par, con ela xoga,
Esquecendo xenerosamente que é
Só un pálido reflexo do seu lume,
Que se apagaría xunto con ela.
ADÁN
Non di esto, Eva, non me avergoña.
¿Que vale a voz se ninguén entendea?
E o raio ¿se cor ningunha non ten?
¿Que sería eu, se non abrocharía en ti
Nun ser mellor, como nun eco e nunha flor?,
En que ¿podo amar a mi mesmo?
LUCIFER
¿Por que escoito eu estos arrolos? -
Volvolle-las costas, para non pórme rubio,
Se o intelecto frío, calculista
Envexerá esta puerilidade.
(Un paxariño comeza cantar nun gallo próximo.)
EVA
Escoita, Adán, dime, ¿entende-lo canto
Namorado deste xocosiño?
ADÁN
Escoitei o murmurio do regueiro,
E paréceme que cantou o mesmo canto.
EVA
Que harmonía marabillosa, querido,
Tantas voces e o mesmo sentido. -
LUCIFER
¿Por que tardo tanto? ¡Mans á obra!
Xurei destruílos, teñen que perecer.
Mais de novo me deteño duvidando,
¿Non combato en van contra eles coas armas
Seductivas do saber e da ambición,
Sendo entre eles, como un refuxio que
Defende seus corazóns do desánimo,
Levantandoos cando caen: o amor?
¿Mais por que cavilo? ¡Vence quen ousa!
(Nova ventada. Lucifer aparece ante a parella espantada. A luz palidece. Lucifer ri.)
¿Que suste é este? -
(a Eva, que intenta correr.)
¡Oh! ¡Para, graciosa dama!
Deixame admirarte un momento.
(Eva detense e pouco a pouco encoráxase.)
(aparte)
Moitas veces repetiráse esta escena.
(a Adán)
¿Tes medo, Adán?
ADÁN
¿De ti, guicho vil?
LUCIFER
(aparte)
Bo antecesor dos orgullosos homes.
(a Adán)
¡Saúdote, alma irmán!
ADÁN
¿Dime, quen es ti?
¿Vés de abaixo ou vés de arriba?
LUCIFER
Como queiras, para nós é igual.
ADÁN
Non sabía que hai xente fóra de nós.
LUCIFER
Aínda hai moitas cousas que non sabes,
E que nunca saberás. ¿Ou o vello
Inxenuo te creou do po para
Comparti-lo universo contigo?
Ti eloxialo, el sustentate,
Dite, come deste, ten medo daquel.
Gardate e guiate como a un carneiro;
Deste xeito, pensar non tes necesidade.
ADÁN
¿Pensar? - ¿E ti dis que eu non penso?
¿Non sento a bendición das raias do sol,
A doce alegría da existencia,
E a infinita gracia do meu Deus,
Quen me fixo deus desta terra?
LUCIFER
Esto é o que pensa o pequeno verme,
Que come o froito diante teus narices,
E a aguia que batese a paxariño.
¿Ou que é o que te fai máis nobre?
É unha chispa que en vós tremeloce,
Un momento dunha forza inifinita;
Como algunhas ondas do regueiro,
Brillando por un momento caen
No fundo cinsento do leito común. -
Si, quizais sería algo, o pensamento,
Xeado no teu inconsciente,
Que podiera facerte maior de idade,
Para escoller entre o ben e o mal,
Para dirixi-lo teu destino,
Liberandote da providencia.
Para ti quizais é mellor vivir
No esterco brando como un verme,
E chegar á fin da vida sen saber. -
Moi confortable é resignarse á fe,
É nobre, mais duro andar cos propios pés. -
ADÁN
Dis grandes cousas, sinto mareos.
EVA
Me entusiasma, é bonito e novo.
LUCIFER
Mais o saber aínda non é bastante;
Para encarnalo en obras grandiosas,
Precisaría tamén a inmortalidade.
¿Que pode facer unha vida breve?
As dúas árbores esconden o segredo,
Que o voso creador vos prohibiu.
Gustandoos saberás tanto canto Deus,
E túa gracia será nova sempre.
EVA
Emporiso noso creador é cruel.
ADÁN
¿E se nos enganas?
(A luz do ceo clarea un pouco.)
O CORO DE CEO
¡Ai de ti, mundo!
A negación vella te tenta.
A VOZ DO SEÑOR (a Adán)
¡Ten coidado!
ADÁN
¿Que voz é esta?
LUCIFER
O vento sacode as ramas.
Axudademe
Elementos,
A conquista-lo
Home para vós. -
(Ventada. A luz palidece.)
¡Estas dúas árbores son miñas!
ADÁN
¿Quen es ti?
Xa pareces igualmente como nós.
LUCIFER
Mira á aguia que voltea nas nubes,
Á toupa que abaixo fochica á terra,
As dúas teñen horizontes distintos.
O reino dos espíritos ti non ves,
Para ti o máis alto é o home.
O ideal dun can é un outro, mais te honra
Aceptandote seu compañeiro.
Pero igual como ó can ti desprezas,
E estás sobre el, sendo seu destino,
Xurando ou beicendoo como un deus,
De mesmo modo miramos a vós, nós,
Os orgullosos do reino dos espíritos.
ADÁN
¿Serías, entón, un deses espíritos?
LUCIFER
Si, o máis grande entre os poderosos,
E estando xunto ó trono do Señor,
Tiven miña parte da súa gloria.
ADÁN
¿Por que non quedaches no brillante ceo?
¿Por que viñeches a nós neste mundo de po?
LUCIFER
Me aburrín xa do segundo lugar,
Da vida monótona, regular,
Do coro celeste de voces infantis,
Que sempre loa, que non sabe de mal.
Prefiro a loita e a discordancia,
Que xeran mundos novos, forzas novas,
Onde a alma en si mesmo pode ser grande,
Onde os valentes poden seguirme.
ADÁN
Deus nos dixo que nos castigará,
Se eliximos un camiño non indicado.
EVA
¿Por que castigarnos? - Se nos indicou
O camiño que quere que segamos,
Ó mesmo tempo creounos de tal forma,
Que a inclinación pecador non desvienos.
Ou ¿por que nos puxo riba do abismo?
Mareando, destinados á perdición. -
Ou se o pecado está no seu plano,
Como a tormenta entre os días de sol,
¿Quen di que tronando é máis culpable,
Que o sol que animando nos quenta?
LUCIFER
¡Pois si! ¡Xurdiu o primeiro filósofo!
Moitos virán despois de ti, bela irmá,
Discutindo en mil variacións o mesmo.
Algúns van parar ó manicomio,
Outros arredarán, arribará ningún.
Pois renunciade cos razoamentos,
Xa que cada cousa ten tantos aspectos,
Que quen consegue examina-los todos,
Acabará saber menos que antes,
E non terá tempo para decidir.
O razoamento é a morte da acción. -
EVA
Pois eu vou coller un daqueles froitos.
ADÁN
O Señor maldixounos.
(Lucifer ri.)
Mais colle un.
Que veña todo o que teña que vir.
Sexamos tan sabios como Deus.
(O froito do saber é degustado primeiro por Eva, despois por Adán.)
EVA
Ademais
Xoves para sempre. -
LUCIFER
Por aquí, por aquí.
Esta é a árbore da inmortalidade.
Pois ¡apresuradevos!
(Atraeos para a outra árbore, mais un querubín cunha espada flamíxera cerralles o camiño.)
O QUERUBÍN
¡Atrás, pecadores!
A VOZ DO SEÑOR
¡Adán, Adán! Abandonachesme.
Abandonote tamén, a ver, só que podes.
EVA
Estamos perdidos.
LUCIFER
¿Desanimadesvos?
ADÁN
Non.
É só o arrepío do meu desperto. -
¡Vamos de aquí, muller - a calquera parte!
Este lugar xa é estraño e salvaxe.
O CORO DO CEO
Ai, ai, lágrimas fraternais chorade,
Perdeuse a terra - a mentira vence. -