(Paisaxe con palmeiras, fóra do paraíso. Choupana primitiva. Adán finca estacas para unha cerca. Eva construe unha glorieta. Aparece Lucifer.)
ADÁN
Este é o meu. En vez do mundo
Este será o meu lar. Teńoo,
Defendoo dos animais salvaxes,
E fareino dar froitos para min.
EVA
Eu vou facer unha glorieta, como
A outra e así encantoo aquí
O paraíso perdido.
LUCIFER
Grandes voces
Dixestes. Familia e propriedade
Serán os dous movedores do mundo,
Dos que sairá a dor, o pracer todo.
E estas dúas idéias crecerán
Ata nacer a patria, a industria,
A nai de todo que é grande, nobre,
E o devorador da propia prole.
ADÁN
Dis enigmas. Prometichesme o
Saber, eu renunciei do meu instinto,
Para, aínda que loitando, ser grande.
żE o resultado?
LUCIFER
żPois non o sentes?
ADÁN
Sinto que abandonado por Deus,
Coas dúas mans baldeiras, na soidade,
Eu tamén deixeino. Cheguei a ser
O meu deus, e o que adquiro é o meu.
É a mińa forza, o meu orgullo.
LUCIFER (aparte)
Títere van, agora desoes do ceo,
Imos ver, cando lostrega, o teu ánimo.
EVA
Eu teńo soamente un orgullo,
Serei a nai de todo este mundo.
LUCIFER (aparte)
Ínclito ideal é o da muller,
Eterniza-la pioca culpable.
ADÁN
żQue agradecerlle? żO meu ser?
Pois se este ser pagaría a pena,
Será o froito do meu esforzo.
O pracer dun golpe de auga,
Mercereino co ardor da mińa sede,
O prezo do mal dun bico está
No desencanto - o que o segue.
Mais se a corra da gratitude
Caeu de min, e estiven libre
Para forma-lo meu destino propio,
E destruí-lo que proxectei -
Talvez non precisase de túa axuda,
Me bastaría o meu poder.
E non ti me libraches da cadea,
Coa que meu corpo me ata da terra.
Sentoo, anque non sei seu nome,
Seica é un pelo - o meu baldón -,
O que restrinxe mińa alma vaidosa.
Saltaría, mais o corpo cae,
Ó sonda-los segredos das distancias,
Meus ollos e oidos non me serven;
E se a fantasma voa ás alturas,
A fame me forza humilladamente
Aterrar á materia pisada.
LUCIFER
Esta cadea é máis forte que eu.
ADÁN
ˇAi!, entón es un espírito feble,
Se esta arańeira invisible, esta nada -
A que millóns de seres non observan,
Brincando nela pensando ser libres,
E a que só uns espíritos ilustres
Presenten - aínda desafia contigo.
LUCIFER
Só esta arańeira pode desafiarme,
Por ser, como eu, espírito. Ou cres
Que actuando oculta e silente
żNon é forte? - ˇNon cre! É na sombra,
O que o mundo crea e move,
Pois da súa vista terías vertixes.
Só a obra do home brilla, fai ruído,
Da cal o cabo é unha vida efímera.
ADÁN
Deixame ver como funciona este
- Un momento só, pois sabes, son forte -,
Que pode influir a min, que son
Tan distinto e integro en min mesmo.
LUCIFER
Son - palabra tola. Fuches e serás.
Tódalas vidas son será e foi eterna.
Mais mira arredor cos ollos do espírito. -
ADÁN (todo-lo que di, se ve)
żQue fluxo é o que xorde ó redor de min,
Ascendendo sen cesar e despois
Dividirse en dous, e correr ós polos
Da terra como tormenta?
LUCIFER
É o calor,
Que leva a vida ó país dos xeos.
ADÁN
żE estes dous ríos de chama zoando
Ós meus lados? Teńo medo que me tiran,
Anque sento seus efecto vivificante.
żQue son? żQue son estes? Me embriagan.
LUCIFER
É o magnetismo.
ADÁN
So meus pés a terra treme.
O que considerei firme e amorfo
É unha materia efervescente,
Irresistible, buscando unha forma,
Loita pola vida. Alí como cristal,
Aquí como gromo. ˇAi!, neste caos
żQue será do meu individuo pechado?
żQue serás, meu corpo?, no que eu, o necio,
Confiei como nun sólido útil
Nos meus grandes plans e ambicións.
Neno afagado, que ó mesmo tempo
Me causas desgracia e pracer,
żVolveráste nalgún puńo de po?
Mentres que teu resto é auga e ar,
Que hai pouco prosperou, alegrouse,
E con meu sido evaporouse á nube.
Cada mińa palabra, idea,
Devora unha parte do meu ser,
ˇArdo! - e o fogo peligroso talvez
O atiza un oculto espírito,
Por quentarse á mińa ignición. -
ˇAparta esta visión porque louqueo!
Loitar así, entre cen elementos,
Na sensación penosa do deixamento,
ˇÉ terrible! ˇÉ terrible! - Ai, żpor que
Apartei de min a providencia?
A que presentía, mais non apreciaba,
A que meu saber desexa - ˇai!, en van.
EVA
Tamén eu sento algo semellante.
Cando fores combater coas feras,
Ou eu afanarme na nosa horta,
Mirarei arredor no ancho mundo,
E non haberá no ceo, na terra
Parente, amigo que nos alente,
Defenda. No tempo feliz non era así.
LUCIFER (irónico)
Se as vosas almas son tan pequenas,
Que tedes frío sen unha man atenta,
E precisades a subordenación,
Evocarei para vós un deus,
Máis afable que o vello rabudo:
O espírito da terra, cońezoo
Do coro celestial, é un xove bo. -
Espírito, aparece,
Ves, conmigo non podes,
Chamate a negación vella,
Outro xamais non ousaría.
(Chamas prorrompen do chan, formase densa, negra nube, con arco da vella, tronando espantosamente.)
LUCIFER (recuando)
żQuen es ti, monstro? - Non chamei a ti,
O xenio da terra é tenro e bo.
A VOZ DO ESPÍRITO DA TERRA
O que te pareceu fraco no ceo,
No seu medio é forte, é infinito. -
Estou aquí, tiven que obedecer
Á voz do espírito, mais nota,
Que outra cousa é chamar e gobernar.
Se amoso meu rostro, te escangallas,
E estos dous vermes se aniquilan.
LUCIFER
Pois żcomo pode aproximarse de ti,
Se te acepta seu deus, o home?
A VOZ DO ESPÍRITO DA TERA
Repartido nas augas, nubes, soutos,
Por todas partes, onde brota unha ollada
Cun forte afán e espírito elevado.
(Desaparece.)
(O souto, a fonte os poboan encantadoras, xogantes ninfas.)
EVA
Olla, que amables rostros fraternais,
Olla, con que gracia nos saudan,
Non ha máis soidade, selva inmensa,
A felicidade chegou con elas.
Nos darán alento na tristeza,
Bons consellos en nosa dúbida.
LUCIFER
Non encontrades mellores conselleros -
Que ó pedir xa tomastes decisión -
De que estos guapos seres feéricos:
Responderán segundo vosas preguntas,
Miran con sorrisos á alma pura,
Como monstro ós con desesperanza.
En mil formas acompańaránvos, sempre,
Metamorfoseandose de mil veces,
Sombras frescas do sábio indagador,
E o ideal dos sempre xoves corazóns.
ADÁN
żPara que serve o brillo deste xogo?
Que diante de min pasa e non o penetro. -
A min caeu só un misterio máis. -
Non faime esperanzas, Lucifer, non máis,
Deixame saber todo, como prometiches.
LUCIFER (aparte)
Un día será amargo este saber,
E terás morrińa pola ignorancia.
(En voz alta.)
ˇPaciencia! Sabes que cada momento
Do pracer con loita tes que merece-lo,
Frecuentarás moitas escolas aínda,
Desilusionarás, ata comprender todo.
ADÁN
Para ti é fácil falar de paciencia,
Diante de ti é unha vida eterna,
Mais eu non comín da árbore da vida,
O ser curto aconsella ter apuro.
LUCIFER
Todo que vive, igualmente moito vive,
Árbore secular ou verme dun día.
Comprende, goza, ama e falece,
Ata chegar a fin dos días e desexos.
Non o tempo pasa, nós cambiamos,
Século, día, case todo é un.
Non teme, cumprirá-lo teu obxectivo.
Mais non cre que a personalidade
Do home é neste corpo de barro.
Observaches a colmena, o formigueiro,
Mil obreiros van e veńen en desorde,
Obran ás cegas, errando, caendo,
Mais todos, como un só individuo,
Nun espírito colectivo viven, obran,
Cumpren seus proxecto determinado,
Ata chega o fin e todo cesa. -
Teu corpo de po tamén se descomporá.
Mais revivirás en cen novas formas,
E non terás que recomezar nada:
Teu pecado pagará teu fillo,
Nel continuarás túa podagra,
O que experimentas, sentes e aprendes,
Será teu durante millóns de anos.
ADÁN
Esta é a retrospección dun vello,
Mais meu seo xove ten outro desexo:
Botar unha ollada no meu futuro,
A ver por que loito e por que sofro.
EVA
Eu tamén quero ver se o meu garbo
Non se perde nestas renovacións.
LUCIFER
Sexa. Encantareivos e deste modo
A través das imaxes dun sońo
Poderedes ver ata a fin o futuro.
Mais se veriades que o cabo é tolo,
A loita do voso camińo é dura,
Para non desanimardesvos por eso,
E para non fuxirdes do combate,
Enviareivos unha raia fina,
Que alentarávos: esta visión
É falso - e a raia é a esperanza. -
(Namentres Lucifer conduce a Adán e a Eva á choupana, onde eles adurmińan.)