CADRO CUARTO

(No Exipto. No primeiro plano un vestíbulo aberto. Adán, xove, como faraón, está sentado no trono. Lucifer como seu ministro. Á respectuosa distancia un séquito brillante. Ó fondo, so a vixilancia de vedores con látego, escravos traballan na construcción dunha pirámide. Día inundado de sol.)

LUCIFER
Maxestade, teu pobo que daría
Por ti seu sangue, con ansia pregunta,
żQue pode ser o que ó gran faraón
Non deixa repousar no seu trono?
żPor que inmola-lo pracer do día,
E as doces ilusións da noite?
żE non confiar teus grandiosos plans
Ó escravo, o que ó este corresponde?
Cando xa ti tes neste mundo ancho
Tódalas glorias, tódolos poderes
E os praceres que un home pode ter. -
Son teus os tesouros das cen provincias,
Para ti se abren tódalas flores súas,
E doces froitos só para ti maduran.
Seos de muller suspiran por ti miles:
A guapa loura, cos lánguidos ollos,
É fina, tenra, como unha aparición,
A morena de arquexantes labios,
Nos ollos con paixón abrasadora - son
Túas. Teu capricho é a sorte delas,
Cren cumpri-la súa misión, se algúns
Dos teus minutos poden alegralos.

ADÁN
Por todo esto non teńo afección.
Son tributos de rigor, non loito
Por eles, non agradezoos a min.
Mais con esta obra a que construo,
Considero que encontrei o camińo,
Que conduce á verdadeira grandeza.
A natureza admira a súa arte e
Durante milenios proclama meu nome.
Non hai desastre, sismo que a destrua;
Fixose máis forte que Deus, o home.

LUCIFER
ˇOh, faraón!, pon a man no corazón:
żTi es feliz nesta imaxinación?

ADÁN
Non. Sento un baldeiro indicible.
É o mesmo, non quixen a felicidade,
Só a gloria, que está diante min.
Que o xentío non saiba que sufro -
Ó doerme, non me adoraría.

LUCIFER
żE se un día descubrirías,
Que a gloria é un xogo sen sentido?

ADÁN
Non é posible.

LUCIFER
      żE se é?

ADÁN
            Morrería,
Maldicindo, que me segue, o mundo.

LUCIFER
Non morrerás, anque acertarás, senón
Recomezarás co mesmo éxito.
(Os vedores golpean tan fortemente un escravo, que el queixandose e perseguido foxe ata ó vestíbulo aberto onde escangallase ó pé do trono.)

O ESCRAVO
ˇSeńor, valeme!
(Eva, como a esposa do escravo, sae dos traballadores e cun grito de dor botase ó seu marido.)

EVA
      En van pedes a el,
Quen non participou nas nosas penas,
Non te comprende. - A voz da dor é baixa,
O trono é alto. żPor que non chamas a min
Quen te cubro e con meu corpo paro
Tódolos golpes?

ADÁN
(ós vedores irrompantes, que queren arrastra-lo escravo e a súa muller.)
      ˇDeixadeos! ˇFora!
(Os vedores saen.)
żQue sensación descońecida penetra
No meu corazón? żQuen é esta muller?
żQue garbo ten, con que como cunha cadea
Tira a ela, ó po, o grande faraón? -
(Ponse de pé.)

LUCIFER
É máis un dos fíos, con que teu Seńor,
Escarnecendo de ti, te enrolou,
A lembra-lo teu ser de eiruga,
Se oufanamente avelaínas.
Viches xa que este fío é moi forte,
Escorre dos nosos dedos e así
Non podo rompelo.

ADÁN (baixa na escaleira do trono)
      Non fai esto.
Cal deostador, tal agradable.

LUCIFER
Mais é indecente que un sábio e rei
Xema por este.

ADÁN
      żQue facer entón?

LUCIFER (irónico)
Non ha outro xeito de que o saber
Negue que o fío oculto existe:
E que o poder e matéria rían dele.

ADÁN
Eu non podo rilo, nin negalo.

EVA
ˇAi!, querido, teu sangue mana,
Vou estińalo, żnon si, doete moito?

O ESCRAVO
A vida doeme só, máis xa non moito.

EVA
ˇNon! ˇNon! żPor que viviches ata agora,
Se morrerías ó encontrarme?

O ESCRAVO
żPor que vive o vilán? - arrastrar pedra
Á pirámide dos poderosos, e pondo
O fillo no xugo, morre. - Millóns por un.

ADÁN
Oh, Lucifer, ˇque palabras terribles!

LUCIFER
É o delirio do moribundo.

ADÁN
żQue foi o que dixo?

LUCIFER
      żQue te aflixe,
Gran faraón? É unha cousa grande, non,
Ter cun escravo menos na terra.

EVA
Para ti un número, para min un mundo.
ˇAi de min!, żquen me amará agora? -

O ESCRAVO
Eu nunca máis. - Esqueceme para sempre.
(Morre.)

ADÁN
Te amaré eu mesmo. ˇLeven o morto!
(Levan o cadáver.)
Ven, dona, o teu lugar é o trono:
Ti es a raíńa da fermosura,
Como o rei do poder eu - tivemos
Que encontrarnos aquí.

EVA
      ˇAi!, gran faraón,
A túa orde é o fado do escravo,
Non me resisto, mais deixame só
Un pouco de tempo, despois manda.

ADÁN
ˇNon máis esta voz! Pois meu reino
żNunca vai alén das mińas ordes?

EVA
Basta, se as túas ordes non me tocan
Con dor agora - neste minuto
Non envexas as lágrimas polo morto. -
Que belo morto, meu Deus, ˇoh!, que belo.
(Debruzase.)

ADÁN
Belo e morto, que contradicción:
Esta calma é a mofa ó noso afán,
Ou ó noso fume é sorriso burlón.

LUCIFER
O escravo evadido te fala:
Máis forte son xa que a túa cadea.

ADÁN
Paz ó morto, saúde ó vivo.
Túas lágrimas el non sente, sen teu
Sorriso eu sofro.
(Levan o morto, Adán conduce a Eva ó trono.)
      ˇÓ meu lado, muller!
ˇQue doce é descansar no teu seo!
(Oense lamentos entre os obreiros; Eva estremece.)
żQue tes, meu amor?

EVA
      ˇOh!, żnon estás oíndo
O laio do pobo?

ADÁN
      Por primeira vez o oio.
Música fea, mais non escoitaa,
Beixame e esquecete do mundo.
(A Lucifer.)
E ti fai calar aquilos lamentos.

LUCIFER
Non podo. É o dereito do pobo,
Herdouno co seu xugo xunto.
(Novos lamentos. Eva dá un berro, Adán erguese.)

ADÁN
Dama, estás sofrendo - como axudarte
Non sei. A través do teu corazón, como
Lóstrego, a queixa na mińa cabeza
Cae, e sento que o mundo pide socorro.

EVA
ˇOh!, faraón, mazame, mais perdoa,
Se a dor do pobo non me deixa en paz,
Sei ben, que son servidora túa,
Que vivo para divertir a ti,
Esquezo todo o que é fora de min:
Miseria, grandeza, sońo, morto,
Para sorrir alegre, beixar ardente;
Mais se o pobo, este ser con mil brazos,
Lamentase fora baixo as azoutas,
Como un anaco do corpo doído,
Eu, a filla desasosegada do pobo,
Sento no meu seo todo o tormento.

ADÁN
E contigo tamén eu. - Millóns por un -
Dixono-lo morto. -

EVA
      ˇOh!, gran faraón,
Estás triste e a causa son eu.
Arredame ou ensiname, como
Debo ser xorda.

ADÁN
      Fuches mestra mellor,
Por ensinarme oi-lo queixo. -
Non quero oilo máis. - Que sexa libre
O pobo escravo. żQue vale a gloria,
Para o único ser humano,
Coa morte e a queixa dos millóns,
Que ten a mesma ánima humana?
Mil veces sento a dor, unha vez o pracer.

LUCIFER
ˇAi!, faraón, te exaltas; o xentío
É a besta da sorte condenada
Facer marchar ó muíńo de cada orde.
Franqueano xa neste día: do que
Ti arrebolas, el non gańa nada,
E pola mańá un novo amo busca.
żCres que poderías estar no seu colo,
Se non sentiría a falta do amo?
żSe tería no seo conciencia?

ADÁN
żPor que queixa, como se doeríalle
A servidume?

LUCIFER
      Doe, mais non sabe que.
Tódolos homes desexan o poder,
E esto é, non a fraternidade, que
Levaos á bandeira da libertade.
O xentío - aínda que non ten
Conciencia, só a presunción
Axitao por todo o que é novo,
E que é a negación do que existe.
Nesto espera ver concretizado
Os sońos imaxinarios da ventura.
O pobo é un mar fondo: as raias
Do sol non o penetran, é escuro,
Só a onda brilla, na superficie,
Onda que es ti eventualmente.

ADÁN
żPor que eu?

LUCIFER
      Ou un dos teus parientes, en que
O instinto do pobo tomou conciencia,
E que ousa importunar no teu lugar,
Como o campión da libertade.
Mentres que o xentío non ganando nada,
Cambia o nome e o amo queda.

ADÁN
Teu razoamento é un circulo sen fin,
Do que acaso non se pode saír.

LUCIFER
Se pode. Dá a uns poucos escollidos
Un colar, un anel ou outro xoguete
E dilles: pońovos enriba do xentío,
Deste xeito serádes todos nobres -
E crerán e desprezando o pobo,
Aceptarán o teu desprezo.

ADÁN
Non me tenta cos teus sofismas.
ˇFora cos escravos! ˇTodos sexan libres!
Denuncialles, mais apresúrate,
Que non sexa tarde se me arrepinto.

LUCIFER (aparte)
Adiante, fatuo, no teu camińo,
Cre que vas, ó arrestarte o destino.
(Sae.)

ADÁN
E esta obra quede inacabada,
Ruína advertente ós ambiciosos,
Interrogante da nosa fraqueza, forza.
(Fora gran xúbilo, os obreiros se dispersan. Lucifer volve.)
Alegrate, pobo, que o poder pregou
Ante ti. Mais non cre que foi forzado.

EVA
Consolate, ˇoh!, meu amor. Que vale,
Por fin, a gloria severa, que repta
Entre nós como unha fría serpente.

ADÁN
ˇMais é grande!

EVA
      Esquecea. A queixa
Enmudeceu, non rompe o noso saúde,
żQue queres máis, se no meu seo folgas?

ADÁN
Que estreito é teu horizonte, muller.
Esto atrae a ti o home vaidoso. -
Só á fraqueza pode a forza amar,
Como a nai con seus brazos protexa
O fillo indefenso máis fortemente.

EVA
ˇAi!, faraón, żtalvez xa te aburro
Con esta charla inútil, necia?
En balde, se máis sapiente non son.

ADÁN
Non desexas que sexas, mińa querida,
Razón eu mesmo xa teńo bastante,
No teu seo non busco forza, grandeza
Ou saber, todo esto podo achalo
Moito mellor nos libros. Ti fala só,
Fala, querida, que eu a túa voz oia,
Súa vibración encha mińa corazón.
É igual o que digas; quen pregunta,
żO paxarińo que canta? Pero
Con doce pracer escoitamolo.
Sexas só unha flor, unha xoia, inútil,
Mais bela, esto é o seu mérito.
(A Lucifer.)
Mais da embriaguez un afán me desperta,
Quizais louco - pero ˇoh!, cumpreo -
Deixame lanzar unha audaz ollada
Adiante, algúns milenios, żque será
Da mińa fama?

LUCIFER
      Ata beixastes vós,
żNon sentiche-lo lixeiro ventińo,
Apalpando o teu rostro e voar?
Onde pasa, queda unha capa de pó.
Nun ano estas forman algúns trazos,
Nun século xa varios cóbados,
A pirámide enterran os milenios,
Teu nome sepultando baixo area,
Nos teus xardíns os chacais ouvean,
No deserto un pobo mendigo vive.
(Todo o que Lucifer di, faise visible.)
E non a tronante tormenta, nin o
Terremoto roxente fai todo esto,
Só o que te afaga, o ventińo manso.

ADÁN
É horrible.

LUCIFER (irónico)
      Non teme, o espírito
Morre só, teu corpo dura en momia,
Para os estudiantes curiosos,
Con rostro deforme, do que non se ve,
Se foi un escravo ou quen ordenou.
(Dá unha patada na momia, que apareceu ó trono, e que agora cae dando lentas voltas nos chanzos do trono.)

ADÁN (se pon de pé, saltando)
ˇLisca contigo!, ilusión infernal,
Esforzo van, ambición absurdo -
Oio ben aínda: millóns por un.
Hei de facer valer a estes millóns.
Nun país libre - só alí se pode.
Morra o individuo, se vive o pobo,
Formando das persoas un grande enteiro.

EVA
żE deixarás a min, ó teu amor?

ADÁN
Deixarei á ti, ó trono, a todo.
Levame, Lucifer, ós fins novos,
Perdín xa moito tempo precioso
Nesta vía falsa.
(Desenvaińando a espada, se prepara para marchar.)

EVA
      Meu rei, se volverás
Iluso, terás refuxio no meu seo.

ADÁN
Si, presento que te atoparei
Nunha forma máis pura, e entón
Me beixarás xa non por un mando,
Mais de igual a igual - e por pracer.
(Mutis.)

LUCIFER
Non a galope, a tempo chegas,
Pode ser antes, como esperas,
E chorarás ó ver ó fin necio,
E eu rirei. - Mais vamos dereito.


VisszaKezdőlapElőre