(En Atenas. Praza pública, no centro unha tribuna. No proscenio o pórtico aberto por un lado dun templo, con estatuas de deuses, grilandas, altar. Eva como Lucia, esposa do xefe de exército, Milcíades, con seu fillo Kimón, marcha ó pórtico, acompańada de serventas, que levan obxectos de ofrenda. Na praza pobo farrapeiro en pé. Mańá brillante.)
EVA
Por aquí, meu querido fillo, mira,
En nave veloz teu pai foi por alí,
Loitar lonxe, nas fronteras do país,
Alí, un pobo rudo, ameaza
Con valor a libertade nosa.
Vamos pregar, meu fillo, vamos,
Que o ceo protexa a nosa terra,
E traianos o teu pai a casa.
KIMÓN
żPor que foi o meu pai tan lonxe,
Para defender este pobo roto, cagán,
Se á súa bela muller a tristeza roe?
EVA
ˇOh!, querido, non xulga o teu bon pai,
Deus podería castigarte por isto.
Só a muller que ama ten o dereito
Doerse dos gran feitos de marido,
Os que se non faría, tería vergonza.
Teu pai fixo o que debe o home.
KIMÓN
żTemes, pois, nai, que sexa vencido?
EVA
Non, teu pai é un heroe, el vencerá,
O único, de que podería temelo,
É que non vencería a si mesmo.
KIMÓN
żComo?
EVA
Hai na alma unha palabra forte,
A ambición. No escravo está durmindo,
Ou no seu medio troca en crime.
Mais nutrindoa o sangue da libertade,
Crecea como unha virtude cívica.
Esta dá a luz todo o que é belo, grande.
Se é forte demáis, volvese contra súa nai,
E loitan ata desangrarse unha. -
Se nel esta voz sería demáis forte,
Se podería vende-la patria santa,
Maldiríao. Preguemos, meu fillo.
(Van ó portico do templo, mentres que na praza se reune cada vez máis xente.)
O PRIMEIRO DO POBO
Non se oe ningunha nova fascinante,
żNosas tropas non achan o inimigo?
O SEGUNDO DO POBO
E aquí tamén todos son somnolentos,
Talvez xa ninguén non ten proxectos,
Como noutrora, que para realizalos
Pecisan a gorxa da súa maxestade,
O pobo. Ando por aquí dende mańá,
E ninguén quere compra-lo meu voto.
O PRIMEIRO DO POBO
ˇQue vida aburrida! żQue se pode facer?
O TERCEIRO DO POBO
Estaría ben un chisco de disturbio.
(Neste tempo Eva prendeu o fogo do altar, lavou as mans e preparouse para a ofrenda. Dúas serventas entoan un himno, as estrofas do cal se mesturan á escena seguinte. A praza encheuse con cidadáns e pobo. Dous demagogos disputan pola tribuna.)
DEMAGOGO PRIMEIRO
ˇAlén! Este lugar é só o meu.
Se non falo, a patria está en perigo.
(O pobo berra aprobativamente.)
DEMAGOGO SEGUNDO
ˇEstá, se falas! ˇAparta, subornado!
(O pobo ri e aplaude.)
DEMAGOGO PRIMEIRO
Ti non es subornado: ˇnon te compra ninguén!
ˇCidadáns! Con dor empezo mińa fala:
Á alma nobre doe abaixa-lo
Personaxe; mais ó noso tribunal
Teńo que citar do seu carro triunfal
Un gran home.
DEMAGOGO SEGUNDO
ˇBen comezo, carniceiro!
Florea soamente o animal,
Antes de sacrificalo.
DEMAGOGO PRIMEIRO
ˇLisca!
DO POBO
żPor que escoitar a este escarnecedor?
(Dan empuxóns ó demagogo segundo.)
DEMAGOGO PRIMEIRO
Por máis que me doia, debo falar,
Por que a ti, ˇoh!, pobo soberano,
Te estimo máis, que o teu xeneral.
DEMAGOGO SEGUNDO
żA esta horda falsa, de pelagatos,
Que como o can, espera os ósos
Á mesa do amo? - ˇAh!, ti, medroso,
Non podo envexa-lo teu gosto.
DO POBO
ˇAbaixo! ˇÉ traidor tamén! ˇAbaixo!
(Maltratano máis ó demagogo segundo. Eva sacrifica dúas pombas e prenda incenso no altar.)
EVA
ˇOh!, Afrodite, acepta, acepta esta
Ofrenda, escoita mińa pregaria:
Non pido loor para o meu esposo,
Só paz para o seu corazón bravo.
(No fume da ofrenda xurde sorridente Eros, rodeano as Gracias e botanlle rosas. Eva, seu fillo e as serventas están devotos.)
AS SERVENTAS
ˇAtendea!
EROS
ˇOh!, muller, ˇtes a beizón
Dun puro corazón! -
AS GRACIAS
ˇE o amparo
Das Gracias tamén! -
AS SERVENTAS
ˇGracias, Afrodite!
DEMAGOGO PRIMEIRO
ˇOe, pois, pobo!, o gran Milcíades
Vendeu o país.
DEMAGOGO SEGUNDO
ˇOh! ˇMente! ˇMente!
Calade, antes de ter a vergonza
Da pena tardía.
O PRIMEIRO DE POBO
ˇAbaixo, insolente!
(O demagogo segundo é arrastrado ó xentío.)
DEMAGOGO PRIMEIRO
Ten a flor da túa xuventude,
Tomou Lemnos dun golpe, mais agora
Parase en Paros. Foi subornado.
O TERCEIRO DO POBO
ˇMorra! ˇMorra!
CIDADÁN PRIMEIRO
Pois, gritade máis forte,
Ou arrastradevos do meu arrendo.
(O sacrificio acabouse, os deuses desapareceron.)
EVA (alzandose)
żQue ruído é fóra? Vamos ver, fillo.
KIMÓN
Nai, están condenando un traidor.
EVA (pondo o pé na escaleira do pórtico)
Encollese o meu corazón, cando
O pobo famento xulga os grandes.
Se cae o ilustre, o vilán
Ollao con maligno, escarneceo,
Xustificando case o propio noxo.
O SEGUNDO DO POBO
Seńor, queira gritar, pero estou
Ronco.
CIDADÁN SEGUNDO
Toma e unta á garganta.
O SEGUNDO DO POBO
Logo żque gritar?
CIDADÁN SEGUNDO
Morte ó traidor.
DO POBO
ˇMorra! ˇMorra! -
EVA
Pois żde quen se trata?
DEMAGOGO SEGUNDO (marchando á Eva)
Da persoa, que está cunha cabeza
Sobre os outros, o que eles non toleran.
EVA
żDe Milcíades? - ˇOh, deuses grandes!
E ti, vello Crispo, a quen meu marido
Liberou da escravutide, żgritas morte?
CRISPO
Seńora, me desculpe, de nós dous,
Só un pode vivir. Quen me fai votar así,
Está con meus tres fillos.
EVA
ˇAi de ti,
Se ti, Crispo, envileces tanto!
Aínda que te perdoo, se tes fame.
Mais ti, żTersites? E vosoutros, todos,
Que no benestar adormecedes,
Porque meu marido foi quen arredou
O inimigo das portas. - ˇOh, ingratos! -
TERSITES
ˇAi!, seńora, é penoso para nós,
Pero que facer, este é o ambiente:
żQuen arrisca súa toda fortuna,
Afrontando as enfadadas ondas?
DEMAGOGO PRIMEIRO
Vou pronuncia-la sentencia do pobo.
(Lucifer, como guerreiro, cunha cara asustada, chega correndo.)
LUCIFER
ˇAlerta! ˇO inimigo é as portas!
DEMAGOGO PRIMEIRO
É imposible. Noso victorioso
Xeneral żnon está?
LUCIFER
El é o inimigo.
Soubo que conspirades contra el,
E con ira xusta no seu corazón,
Ven aquí, mentres que vós falades só.
DEMAGOGO SEGUNDO
Vós sodes os causantes, traidores.
DO POBO
ˇDerribamolos! - ˇViva o xefe! -
ˇAi de nós! Fuxa quen por onde pode. -
Terminou todo. -
DEMAGOGO PRIMEIRO
Non. ˇVamos ás portas
Renderlle a homenaxe!
EVA
ˇDeuses!
Me doía a sentencia que fixo
Perde-lo meu esposo, pero é peor
Que é xusta - aínda que tereino de volta. -
PRIMEIRO DEMAGOGO
Capturade súa muller. Se a cidade
Sufrirá danos, ˇmorra có seu fillo!
EVA
Polo marido morrería de bo grado,
Só non maldicide o meu fillo. -
KIMÓN
Non teme por min, nai, ven comigo,
O santuario defendenos dos danos.
(Se refuxian dos perseguidores ó pórtico do templo, dúas ninfas baixan unha grilanda de rosas entre eles e o pobo, que axińa retrocede. De fóra oense trompetas, o xentío se dispersa lamentandose. As ninfas desaparecen.)
LUCIFER (fregando as mans, ri)
ˇQue broma boa! Para a intelixencia
É ben rir onde fenden os corazóns.
(volvendose ó templo)
Só a vista desta sempre remozante
Eterna beleza non me molestaría.
Teńo frío no seu medio peregrino,
Que forma a nudez en pudicia,
A culpa en nobreza, o destino
Solemne, coas súas rosas, mailos
Seus labios beixantes da sinxeleza. -
żPor que tarda tanto meu reino,
O monstro, o espanto dudoso,
Para asustar a esta ilusión,
Que na mińa loita ó case caído
Home sempre fai levantar de novo? -
Pero veremos, se dentro de pouco
Chega a terribilidade da morte,
Voso xogo aburrido das sombras
żNon terá o seu definitivo fin?
(Mesturase co pobo.)
(Á fronte dunha tropa armada, ferido, chega Adán como Milcíades. Diante del, suplicando, o pobo e os demagogos.)
DO POBO
ˇViva noso xefe! ˇPiedade, gran home!
ADÁN
żPiedade? Pois żtedes algún crime?
Do fraco żque pode pedi-lo forte? -
Mais mińa muller, meu fillo żnon veńen?
żQuizais aconteceulles algún mal? -
EVA
ˇAi!, Milcíades, żpor que vińeches, se nin
Túa muller se alegra en reverte? -
Fillo, apoiame, estou caendo. ˇAi!
Nin un bo nome legache o teu pai. -
ADÁN
żQue é todo isto? O pobo implora,
A muller me maldi, eu polo país sangro. -
EVA
Sangra máis o país e meu corazón.
żPor que voltaches á fronte dun exército? -
ADÁN
żNon tocalle o escolto ó meu rango?
Voltei porque mińa ferida grave
Non me deixa cumprir máis o meu cargo.
Veńo pońe-lo meu poder nas mans
Do que me enviou: súa maxestade,
O pobo, e teńo que renderlle conta. -
Compańeiros, agora licenciovos,
Merecedes todos a paz do voso lar.
E eu depońoa, Palas Atenéia,
Sobre teu altar, mińa espada.
(Seus compańeiros axudano subi-los chanzos do pórtico, depois se dispersan.)
EVA (botandose ó colo do seu marido)
ˇAi!, Milcíades, gran home nobre,
Máis feliz que a túa, żsería muller?
Olla teu fillo, que grande e bo é,
ˇQue parecido contigo!
ADÁN
ˇMeus queridos!
KIMÓN
Sabía eu que o que fai meu pai,
É ben feito. -
EVA
ˇAi! ˇNon avergońame!
A esposa debería saber isto.
ADÁN
ˇFillo! Ofrece ti a mińa espada.
KIMÓN (suspendendo á espada)
Garda, deusa, esta espada preciosa,
Ata que virei un día por ela.
EVA
Á esta dobre ofrenda que espalle
A nai o incenso. Olla abaixo, Palas.
(Queima o incenso.)
DEMAGOGO PRIMEIRO (na tribuna)
żNon tiven razón, que é un traidor?
żQue Dario comprouno? Súa ferida
É finximento só, non quere loitar con el.
DO POBO
ˇMorra! ˇMorra!
ADÁN
żQue clamor é este fóra?
EVA
ˇAi!, Milcíades, son voces horribles.
O xentío de novo di que es traidor.
ADÁN
É ridículo: żeu son traidor?
żEu, que vencín en Maratón?
EVA
ˇOh!, é así.
Mais é un mundo vil o que achaches aquí.
DEMAGOGO PRIMEIRO
żPor que non prendedelo?
(O pobo apińase ó portico do templo, entre eles está tamén Lucifer.)
EVA
ˇMilcíades!
No santuario estás en seguro,
ˇNon sae! - żPor que dispersaches a tropa?
żPor que non prendiches esta cova de ladróns?
Só cadea merece esta canalla,
Que sente, que naciches como seu dono,
Que es máis nobre que eles todos xuntos,
E te matan para non caer a teus pés.
DEMAGOGO PRIMEIRO
żEstades oíndo como fala a muller
Dun traidor? -
EVA
É o dereito da muller
Defende-lo marido, mesmo culpado,
Tanto máis se é tan puro, como o meu,
E seu inimigo é vil, como vós. -
DEMAGOGO PRIMEIRO
żPor que se deixa insultar así
O pobo soberano?
O PRIMEIRO DO POBO
Talvez ten razón.
CIDADÁN PRIMEIRO
Quen é con eles, é sospeitoso. ˇBerrade,
Míseros, ou espichade de fame!
DO POBO
ˇMorra! ˇMorra! -
ADÁN
Tapa os ollos do fillo,
Para non ve-lo meu sangue, e vai, muller.
Non te toque o raio que á roca cae.
Só eu morre - ou żpor que vivir máis?
Se vexo que necia é a libertade,
Pola cal loitei durante toda a vida.
DEMAGOGO PRIMEIRO
żQue titubeades?
DO POBO
ˇMorra! ˇMorra!
ADÁN
Eu non maldigoo este covarde pobo,
Non ten culpa, é a natureza súa,
A misería sinalao en escravo,
E a escravitude formao nun cruel
Útil dalgúns revoltosos altivos.
Eu fun só o louco, crendo que
Tal pobo necesita á libertade.
LUCIFER (aparte)
Dixeche-lo teu propio epitafio,
E por outras tumbas grandes o mesmo. -
ADÁN
Levademe abaixo. Non quedo máis
No santuario.
(Pońendo Eva carińosamente nos brazos das súas serventas, conduceno abaixo nos chanzos.)
Velaquí - estou pronto. -
DEMAGOGO SEGUNDO
Defendete, non perdeuse nada.
ADÁN
Se falaría, me torturaría
A ferida.
DEMAGOGO SEGUNDO
ˇFaino! Ha pouco este pobo
Axeonllabase diante de ti.
ADÁN
Por esto mesmo é inútil todo,
Súa vergonza non perdoa o pobo.
LUCIFER
żEstás desilusionado?
ADÁN
Moito.
LUCIFER
żViches que para o pobo adoubado
Fuches seńor, máis do que el por ti?
ADÁN
Talvez, mais ambas son damnación:
Con outros nomes o destino é o mesmo.
Loitar con el é un van esforzo,
Non fareino. - Pois żpor que aspiraría
Ás alturas como alma calquera?
Viva por si, o pracer buscando,
Que pode enche-la esta vida breve,
E cambalee ebrio na dirección de Hades. -
Guiame, Lucifer, a un novo camino,
E rindo ollo ás virtudes, ós tormentos
Doutros, deseandome só praceres.
E ti, muller - antollase ó corazón -,
Que encantaches por min no deserto
Unha glorieta, se, como nai honesta,
Queres criar do meu fillo cidadán:
Es louca, con razón ri de ti a moza
Que pintada, coa boca excitada
De vińo, no bordel beizo espera.
Goza, brinca, rexeita a virtude. -
ˇÓ cadafalso!, para o castigo.
Non polas vilezas xamais cometidas,
Mais pola idea grande que me moveu.
(Namentres levan un tallo ó pé dos chanzos, xunto ó tallo está Lucifer, cunha machada. Adán baixa a cabeza.)
DEMAGOGO PRIMEIRO
ˇExecutadeo! ˇViva a patria!
LUCIFER (en voz baixa)
Bo adeus, żnon é? - Pois seńor heroe,
żNon te treme agora un pouco
O vento frío da morte aborta? -
EVA
ˇAi!, Palas non escoitache-lo meu rezo.
(Como un xoven de mirada branda, cunha grilanda e facha viradas para abaixo, o xenio da morte sae do templo e dá un paso cara a Adán.)
ADÁN
Palas escoitoute. - Que o ceo sexa
Contigo, Lucia. Mińa alma é tranquila.
LUCIFER
Maldito mundo van de ilusións,
Estragas de novo ó máis bo momento. -
EVA
Maldito sexas, pobo de corazón frío,
Arrasache-la dita como un bruto,
Súa fresca flor caeu no po.
Mais para ti a libertade non foi
Tan doce, como doído para min. -