(En Roma. Pórtico aberto con estatuas de deuses, vasos ornamentais, nos que arden plantas perfumadas. Panorama ós Apeninos. - No centro unha mesa posta con tres sofás. Adán como Sergiolus, Lucifer como Milo, mais Catulo, todos mullereiros, Eva como Julia, Hippia e Cluvia prostitutas, en traxes frívolos, troulean. Sobre un taboado gladiadores loitan. Escravos atendendo ordes. Frautistas tocan. Crepúsculo, máis tarde noite.)
CATULO
Mira, Sergiolus, que áxil e destra
É o gladiador da cinta vermella,
Apostaría que vencerá ó outro.
ADÁN
¡Non, por Hércules!
CATULO
¡Ai!, ¿Por Hércules?
¿Cal de nós cre todavía en deuses?
Xura por Julia, esto o creo mellor.
ADÁN
¡Sexa!
LUCIFER
Xuras por algo serio:
Pondo un deus falso no lugar doutro.
Mais ¿como entende-la túa xura?
¿Xuras por teu amor?, ¿pola beleza?
Ou talvez ¿pola súa fidelidade? -
CATULO
A beleza pasa, e aínda que non,
O que hoxe te encanta, será soso mañá.
E unha outra muller, menos bonita
Te seducirá coa súa novidade.
ADÁN
Xurei pola súa fidelidade. Ou ¿quen
Gasta máis por súa dama?
HIPPIA
¡Oh!, bobo,
¿Podes abraza-la á ela sen fin?
Anque se poderías, desexas un pracer
Insaciable e en van divagas,
Porque en cada muller atopas só
Unha parte do gozo esgazado.
O ideal da beleza e pracer para ti
Sempre é un encanto inaccesible.
¿Como podes sabelo se ela tamén
Non será seducida por unha quimera?
Os músculos malferidos dun gladiador
ADÁN
É certo, non máis, Hippia. ¿Por que
Nos atrae o pracer como a Tantalo,
Se nos falta a forza de Hércules,
Se non cambiamos como Proteo?
¿E se despois da pena dunha semana
Un escravo ten unha hora de gozo
Que o señor desexa en van? Ou o pracer
¿É, para quen ten sede, só auga fresca,
E morte para quen afunda nela?
LUCIFER
¡Ai!, que curso moral magnífico
Sobre o seo das lindas, tomando copas. -
Mais ¿a vosa aposta? -
ADÁN
Se perderíaa,
Julia é a túa. -
CATULO
E ¿se ganas?
ADÁN
Quedo
Con teu cabalo. -
CATULO
Nun mes é a túa,
Ou ¡ó lago das anguías con ela! -
LUCIFER
Olla, Julia, que peixe belo, gordo:
Coma, pois engordarás a outro.
EVA
E a ti ¿non te gozarán os vermes?
Que se alegren tódolos vivos,
E se non poden, polo menos rían.
(Bebe.)
ADÁN (ó gladiador)
¡Eh, ti, resiste! -
CATULO (ó seu)
¡Ánimo! ¡Valentemente!
(O gladiador de Catulo cae e suplicando pola súa vida, levanta os dedos. Adán quere da-lo sinal da clemencia, mais Catulo agarralle a man, e cerrando ó puño, apunta o polgar ó gladiador.)
¡Recipe ferrum! - Bastardo covarde.
Teño aínda escravos, non son avaro.
¿Quen regatearía estos momentos
De emoción, lindas damas, de vós?
É máis doce o beixo, quente o desexo,
Cando un pouco de sangue corre.
(Namentres o gladiador caído é executado por seu adversario.)
ADÁN
O cabalo é meu. ¡Abrazame, Julia!
¡Leven de aquí o cadáver! - ¡Bailarinas!
Vide, danzade algunha comedia.
Por hoxe basta de loita.
(Levan ó cadáver, bailarinas ocupan o taboado.)
CATULO
¡Cluvia!
Ven aquí, non podo ver moito tempo
Se outros se abrazan.
LUCIFER
E nós, ¿Hippia?
¿Nós imitamo-lo exemplo deles?
Mais lambe teus beizos, ¿están sen veleno?
Así, agora podemos divertirnos.
ADÁN
Teu corazón ¿por que bate tan forte?
Así non podo descansar, Julia.
(Murmuran.)
LUCIFER
¡Este louco aínda fala de corazón! -
CATULO
¿Ves, querida?, non tocoo o teu, faz dele
O que queres, só eu non saiba,
Se o teu beixo é sempre ardente.
CLUVIA
¡Que magnánimo es! ¡Á túa saúde!
(Bebe.)
CATULO
Está ben, mais teus suaves brazos,
Teu seo brando non tira de min,
¿Ves? A grilanda caeu da miña testa. -
(Ás bailarinas.)
¡Ai! ¡Que paso belo no voso baile!
¡Que fogo lascivo, con gracia unidos!
CLUVIA
Cubro teus ollos, se buscas alí
O que eu mesmo teño e polo que
Non merezo nin unha palabra boa. -
(Apuntando a Lucifer)
Mira mellor esa cara seca -
¿De que servelle aquela moza linda?
Se non sabe ¿que facer con ela?
E deixa adormece-la, mentres que el
Con sorriso maligno e fría mirada
Olla cen doces, anque necias cousas,
Que dan o sabor da conversación. -
CATULO
É verdade, unha cara parecida
Pode xear calquera poesía.
Quen resiste ó feitizo do momento,
E non deixa a alma pola corrente,
É mal home, e que se fique na casa. -
HIPPIA
Case teño medo, que no coitado
Xa é concibido a peste negra,
Que a cidade devasta. -
ADÁN
¡Lisca! coa
Cara funesta. ¡Unha canción agora!
¿Quen de vós sabe as ben alegras?
HIPPIA (canta)
Que un non se enche
De viño e de amor:
Cada copa ten
Un outro sabor.
E a doce embriaguez
Como o sol as tumbas,
A vida nos doura.
Que un non se enche
De viño e de amor:
Cada moza ten
Un outro sabor.
E a doce embriaguez
Como o sol as tumbas,
A vida nos doura.
CATULO
Está ben. Pois ti, Cluvia, ¿que sabes?
CLUVIA (canta)
Que mundo louco era noutro tempo,
A Lucrecia, no viúvo leito,
Buscouna un namorado belo,
Non arde a boca, non quere máis gozo,
Non vai a bordel con corazón aberto,
Afunde un puñal no propio peito. -
TODOS
Hoxe o mundo é máis sabio,
Sexamos felices de habitalo. -
CLUVIA
Que mundo louco era noutro tempo,
Brutus non quixo quedar no seu pazo,
Colleu á súa espada e marchou a guerra
Como un mercenario vil, para loitar
Polo benestar do mísero pobo,
E na terra calva el se desangrou.
TODOS
Hoxe o mundo é máis sabio,
Sexamos felices de habitalo. -
CLUVIA
Que mundo louco era noutro tempo,
Os heroes encheronse de espectros,
Dando por santo o que hoxe rimos.
Se haberían algúns destes loucos,
Nos nosos circos serían benvindos.
Comida ás feras, para nós, aspecto.
TODOS
Hoxe o mundo é máis sabio,
Sexamos felices de habitalo.
LUCIFER
¡Ai!, Cluvia, venciches a Hippia.
Quería ser o autor desta canción.
ADÁN
E ti Julia, ¿non cantas?, ¿estás triste?
Ó redor de nos todos alegran, rin.
¿Non gustache deitar no meu peito? -
EVA
¡Ai!, si, moito. Mais perdoa, Sergiolus,
Se a fidelidade me volve seria.
Penso que a que ri, non é verdadeira.
Ó noso momento máis doce xuntanse
Unhas gotas de dolor inexpresable,
Talvez sentimos que estos son - flores,
E así murchan.
ADÁN
Tamén eu sinto esto.
EVA
Sobre todo se oio unha canción,
Música, non escoito a escasa voz, mais
Como un barco, abalan as ondas do son,
E pareceme que estou soñando:
A música me leva a un outro tempo,
Onde debaixo de palmeiras ó sol,
Fun inocente, xocoso, infantil
Na alma, cun grande, nobre destino.
Perdoa, todo é o encanto dun soño
Louco. - Te beixo de novo - e esperto.
ADÁN
Chega de música, de danza, me empacha
Este mar da dozura eterna,
Meu corazón desexa algo amargo.
Asente ó viño, dardo ós beizos
Vermellos, perigo sobre miña cabeza.
(As bailarinas saen, de fora oense lamentos.)
¿Que lamentos dolorosos son estos?
LUCIFER
Están crucificando algúns loucos,
Que soñan fraternidade, dereito.
CATULO
Mereceno, ¿por que non quedaron
En casa, gozando, olvidando o mundo?
¿Que tiveron cos problemas doutros?
LUCIFER
O mendigo desexa ser irmán do rico,
Troca os dous, e el te crucifica.
CATULO
Riamos pois da miseria, do poder,
Da peste que decima a cidade,
E a fatalidade dos deuses.
(Novos xemidos.)
ADÁN (para si)
Paréceme que estou soñando,
A música me leva a un outro tempo,
Na alma cun grande, nobre destino. -
¿Non así me diseches, Julia?
EVA
Si.
(Namentres anoiteceu. Diante do pórtico pasa un cortexo fúnebre con frautistas, fachas e mulleres lamentandose. Por algún tempo todos caen nun profundo silencio.)
LUCIFER (rindo)
Pareceme que a alegria foise.
¿Non hai viño? ¿Acabouse o chiste?
¿Que estea farta tamén a cara seca?
Talvez algún de nós é medroso,
Ou convertido.
ADÁN (tirandolle a copa)
Perece, se así cres.
LUCIFER
Ben, vou invitar un hóspede novo.
Talvez renovará nosa alegria.
¡Eh!, criados, levademe en seguida
Quen por aquí á luz de facha pasa.
Ofrecemoslle unha copa de bebida.
(Nunha caixa aberta traen un morto e colocano sobre a mesa. O cortexo queda ó fondo. Lucifer saudao.)
¡Bebe, amigo! ¡Hoxe por ti, mañá por min!
HIPPIA
¿Talvez queres un beixo?
LUCIFER
¡Abrazao!
E tirao da súa boca o óbolo.
HIPPIA
Se a ti te bico, a el ¿por que non?
(Bica o morto. Do cortexo sae o apóstolo Pedro.)
APÓSTOLO PEDRO
¡Parate! ¡Estás aspirando a peste!
(Horrorizados todos, erguense.)
TODOS
¡A peste! - ¡É horrible! - ¡Fora de aquí!
APÓSTOLO PEDRO
¡Pobo mísero! - ¡Xeración covarde!
Cando a boa sorte te sorri,
Fresco, como a mosca á luz do sol,
Rindo pisas a Deus, a virtude.
Mais se o perigo te bate á porta,
Se te toca o gran dedo de Deus,
Te humillas como un covarde.
¿Non sentes que te pesa o castigo
Celestial? Mira, mira arredor,
A cidade destrue, un pobo bárbaro
Pisa túas sementeiras douradas,
Desfai a orde, ninguén non manda máis,
Nin obedece. O roubo, o crime
Andan nas rúas coa cabeza erguida,
Tras eles temor, angustia, e do ceo,
E da terra nin mágoa, nin socorro.
Cos praceres da embriaguez non podes,
¿Non si?, adormentalo aquel impulso
Que vai ó fondo do corazón, e en van
Estimulavos para un fin mellor.
Satisfacción, ¿non si?, non sentes.
Desperta na alma só noxo o pracer,
E ollas arredor ansioso, os beizos
Tremen: é todo en van, xa non tes máis fe
Nos antigos deuses, quedaron de pedra.
(Las estatuas dos deuses reducense a po.)
Reducense a po e non atopas novos,
Que te levante de novo do barro. -
Mira arredor, que devasta na cidade
Con poder aínda maior que a peste.
Millares saen das súas camas dondas,
Para poboa-las terras desertas
Da Tebaida como rudos eremitas,
Buscando para seus sentidos obtusos
Algo o que excite, o que eleve. -
Desaparecerás, raza dexenerada
Deste mundo que agora se purifica.
HIPPIA (caendo diante da mesa)
¡Ai! ¡Ai de min! ¡Que dor insoportable!
Suor fría, fogo do mundo dos mortos -
¡É a peste! ¡Oh! - Estou perdida.
¿Non ven axudarme ninguén de vós?
¿Vós, a quenes eu dei tanto pracer?
LUCIFER
Hoxe por ti, mañá por min, querida. -
HIPPIA
¡Matademe entón!, ou maldigovos.
APÓSTOLO PEDRO (dando un paso cara a Hippia)
Non maldi, miña filla, perdoa -
Axudaremoste, eu e Deus,
O Deus eterno do santo amor.
Sube ata el. Con esta auga
Túa alma limpará da sucidade
E se dá présa a el.
(Bautizaa coa auga dun vaso collido da mesa.)
HIPPIA
Pai - me alixeirei.
(Morre.)
CATULO (sae)
Hoxe mesmo eu vou a Tebaida.
Me dá noxo este mundo de pecado.
CLUVIA
Espera, Catulo, eu te acompaño.
(Saen.)
ADÁN (pensativo, dá alguns pasos ó proscenio. Eva o sigue.)
¿Ti estás aquí, Julia? ¿Que fas, aquí,
Onde a morte matou a alegria?
EVA
O meu lugar ¿non é onde ti estás?
¡Ai!, Sergiolus, cantos nobres sentimentos
Poderías encontrar neste peito,
Onde buscaches só o pracer efémero. -
ADÁN
E en min tamén. ¡Que pena que é así!
Perderse como un mísero, como un ninguén,
Sofrir ata entón. Se existe Deus,
(axeonllase e alza as mans para o ceo)
Se coida de nós e ten o poder, envie
Un novo pobo, un ideal no mundo:
Botar sangue mellor ó dexenerado,
Dar os nobres ambición aspirar
Ás alturas. Todo que é o noso
É gastado - e para crear un novo
Non temos forza. Escoitame, Deus.
(No ceo, nunha aureola, aparece a cruz. Tras dos montes se ve a luz vermella das cidades incendiadas. Dos cumes baixan tropas bárbaras. Ó lonxe oense himnos devotos.)
LUCIFER (para si)
Este espectáculo me estremece,
¿Mais non co home teño que loitar?
O que non podo, el fai no meu lugar.
A miúdo vin xa broma semellante.
Ó desaparecer a aureola,
Queda aínda a cruz sanguinaria.
APÓSTOLO PEDRO
Deus te escoito. - Mira arredor,
A terra degradada comeza renacer.
Estes guerreiros en pel de oso,
Que pegan lume ás cidades, grandes,
Pisando cos seus cabalos sementeiras
Dos séculos, e fan cortes nos templos
Abandonados, traen sangue novo
Para vosas veas dexeneradas.
E os que nos circos himnos cantan,
Mentres que os tigres despedazanos,
Levan ideas novas: a fraternidade,
A liberación do individuo,
Que van sacudir todo este mundo. -
ADÁN
A alma, sento, xa desexa outra cousa,
Que vans praceres en plumadas brandas.
Ó sair do sangue das veas, lentamente,
É o maior pracer, non hai semellante.
APÓSTOLO PEDRO
Teu fin sexa entón: a Deus gloria,
A ti, labor. O individuo é libre
Realiza-lo todo o que está nel.
Coa condición dun mando: o amor.
ADÁN
¡Arriba entón!, exaltarse, loitar
Pola nova doutrina. Mundo novo crear,
Do cal flor a virtude do señor será,
E a poesía, ó lado do altar,
O ideal exaltado da muller.
(Apoiandose en Pedro, marcha.)
LUCIFER
¡Ai!, Adán, te anima o imposible.
É digno e ínclito dun home.
A Deus agrada, por guiarte o ceo,
Ó diabo, por levarte ó desespero.
(Sigueo.)