CADRO SÉTIMO

(En Constantinopla. Praza do mercado, cidadáns dando voltas. - Ó centro o pazo do Patriarca, á dereita un convento de monxas, á esquerda un arboredo. Adán como Tancredo, na idade viril, con outros cabaleiros, á fronte dunha cruzada que regresa de Asia, ven baixo bandeiras ondeantes e ó son de tambores. Lucifer como o seu escudeiro. É atardecer, depois noite.)

CIDADÁN PRIMEIRO
Velaquí, máis unha tropa de bárbaros.
Vamos pechar o portal, a porta,
Á fin de non terían ganas roubar.

CIDADÁN SEGUNDO
Apartamos as mulleres, esta horda
Xa cońece os praceres dos serrallos.

CIDADÁN PRIMEIRO
E as mulleres o dereito do vencedor.

ADÁN
ˇParade! żPor que fuxides de nós?
Ou żnon vedes este signo sagrado,
Que nos une, como irmáns, polo mesmo fin? -
Levamos nosa fe, a doutrina do amor,
Á Asia, onde o santo berce
Do Salvador abalouse entre
Salvaxes, que súa gracia sentan.
E żentre vós non habería amor?

CIDADÁN PRIMEIRO
Oímos xa moitas veces estas voces,
Despois prenderon lume a nosas casas.
(Se dispersan.)

ADÁN (ós cabaleiros)
Velaquí, esto é o maldito fruto,
Se con plans ruíns tantos pilladores
Axitan a santa bandeira nas mans,
E adulando as paixóns do pobo,
Se atropelan para facerse xefes. -
Cabaleiros, ata que nosas espadas
Portarán a honra inmaculada,
O eloxio de Deus, a protección
Da muller, a braveza, é o noso cargo
Ter sometido ese diabo inmundo
E guialo que contra seu desexo
Cree sempre algo grande, nobre.

LUCIFER
Falas ben, Tancredo, pero se o pobo
Xa non cre máis que ti es o chefe…

ADÁN
Espírito, triunfo están xunto.
Derriboo. -

LUCIFER
      żSe terá tamén espírito?
żInclinaste a el?

ADÁN
      żPor que inclinarme?
żNon é máis nobre levantalo a el? -
Renuncia-la loita só pola falta
De compańeiros é mesquińo, igual
Que non aceptar un compańeiro
Envexando a súa parte do logro. -

LUCIFER
Pois żque saíu da grande idea,
Polo cal morreron os mártires do circo? -
żÉ a liberación do individuo? -
ˇUnha fraternidade marabillosa! -

ADÁN
Non ri. - Non cre que a doutrina ínclita
Non comprendo. É meu gran desexo.
Quen ten a chispa sacra, que actue,
Quen sube ata nós, é benvindo,
Un toque de espada e é cabaleiro.
Mais temos que garda-los tesouros da orde
Contra o caos aínda fervente.
ˇOxalá! Que chegue, chegue xa o tempo,
A nosa salvación cumprirá só
Ó caer as murallas, porque todo é limpo. -
Mais dubidará na chega deste día
Se o iniciador da grande obra
Non fose o Deus grande mesmo. -
Amigos, vistes, como nos recibiron.
Como orfos na cidade ruidosa.
A única saída é no arboredo
Acampar, como xa acostumamos
Entre os pagáns. Ata que mellorará.
Marchade, eu vou máis tarde.
Os cabaleiros responden por súa xente.
(O exército cruzado acampa.)

LUCIFER
Que pena que túas belas ideas
De novo dan mazás de mala fama,
Por fora vermellos, podres por dentro.

ADÁN
      ˇPara!
Pois żxa non cres máis en nada que é nobre?

LUCIFER
żQue valería, se túa raza non cre?
A orde da cabalería que creas,
Como un faro entre as ondas do mar,
Un día se apaga, cae en ruínas,
Ó viaxeiro audaz será unha
Roca peor que a que nunca luciu.
Todo que vive e espalla beizón,
Con tempo morre, o espírito sae,
E como prea inmunda, queda o corpo,
Que miasmas mortíferas lanza no
Mundo novo que arredor del crece. - Ves,
Así nos quedan as grandezas dos tempos
Pasados.

ADÁN
      Ata que nosa orde cae, mais
Súas santas doutrinas converten o pobo,
E así non será perigo.

LUCIFER
      As doutrinas. -
Pois elas son sempre vosa maldición,
Por se acaso descubridelas,
Tanto torcedelas, aguzadelas,
Fendedelas, amoladelas que
Fanse loucuras ou grilos para vós.
A mente non aguanta ideas exactas,
Mais vós, raza orgullosa, buscades
Sempre estas, por propia maldición.
A espada se cun pelo é máis grande,
Ou menos, a substancia é igual.
Podemos continuar ó infinito,
żOnde está o limite, o punto exacto?
Anque a intuición achao pronto,
Cando ocorre unha gran cambio.
A fala me cansa - żpor que me esforzo?
Pois mira en teu arredor, mesmo.
(Reaparecen algúns cidadáns.)

ADÁN (ós cidadáns)
Irmáns, meu pobo está cansado, pide
Refuxio. Na capital da cristiandade
Talvez non en van.

CIDADÁN TERCEIRO
      żAcaso non es
Peor na herexía que os pagáns?

CIDADÁN CUARTO
Dinos, żen que cres, no Homousión, ou
No Homoiusión?

ADÁN
      Esto non comprendo. -

LUCIFER
Non o confesa, esto é o principal.

CIDADÁN CUARTO
Quer dicir dubida, é herexe tamén.

VARIOS
Arredemosnos, encerremosnos nas casas.
Maldito sexa, quen refuxio os dá.
(Se dispersan.)
(A patriarca sae do seu pazo con pompa e sequito principesco. O sigue un grupo de frades escoltando algúns herexes encadeados, por fin soldados e pobo.)

ADÁN
ˇPasmo! - Mais dime, żque príncipe é este,
Que ven alí, arrogante, desafiante? -

LUCIFER
O pontífice, sucesor dos apóstolos.

ADÁN
żE este plebe descalzo, inmundo,
Escoltando con malicia, e fingida
Humildade os encadeados?

LUCIFER
Tropa de monxes, cristián-cínicos.

ADÁN
Nunca vin disto nas mińas montanas.

LUCIFER
Logo verás; a lepra se propaga
Lentamente. Mais cóidate, non ofende
Esta xente de virtude absoluta
E por isto implacable.

ADÁN
      ˇAi!, ˇAi!
żQue virtude pode ter esta raza?

LUCIFER
A mortificación, a abnegación,
Que teu mestre empezou na cruz.

ADÁN
El con isto salvou o mundo enteiro,
Mais estes covardes só xuran contra Deus,
Como rebeldes, desprezando súas gracias.
Quen toma a arma contra un mosquito
Que alzala contra un oso é braveza,
É louco.

LUCIFER
      Talvez ven que o mosquito
É un oso. - żEles non teńen dereito?
E co sentimento de heroes żmandar ó
Inferno todos que gozan a vida?

ADÁN
Eu vexo como Tomás é non creo. -
Quero mirar ós ollos destas ilusións. -
(Vai ó encontro a patriarca.)
Padre, somos guerreiros do santo sepulcro,
E descansar do camino fatigoso
O pobo da cidade non nos acolle. -
Ti, que es tan poderoso, axudanos.

PATRIARCA
Fillo, para bagatelas non teńo tempo,
Pola gloria de Deus, a salvación
Do pobo, teńo xulgar herexes, que
Crecen, empezońan como herba mala,
E anque extirpamolos pola brava,
O inferno de novo outros nos manda. -
Mais se sodes os valentes da cruz,
żPor que buscades tan lonxe sarracenos?
O peor inimigo está aquí mesmo.
ˇÁ súas aldeas! ˇExtirpadeos!
Mulleres, vellos, crianzas, todos.

ADÁN
Padre, żpor que desexas o inocente? -

PATRIARCA
A cobra pequena é tamén inocente,
Ou cando perde os dentes do veleno,
E żdeixala pel?

ADÁN
      Debe ser algo horrible,
Que montou en cólera semellante
A igrexa do amor.

PATRIARCA
      Meu fillo,
Non ama, quen o corpo adula,
Senón aquel, que guia a alma de volta,
Se é preciso, polo ferro e fogo,
A aquel que di: Eu traio a guerra
E non a paz á terra. - De falsa fe,
Na doutrina da santa trindade,
Eles proclaman o homoiusión,
Cando a igrexa declarou como
O artigo de fe ó homousión.

OS FRADES
ˇMorran! A fogueira está encendida. -

ADÁN
Amigos, renunciade a este i,
Mellor sacrificade a vosa vida
Combatiendo polo santo sepulcro. -

UN VELLO HEREXE
Satán, non tentanos, pola nosa fe
Damos noso sangue onde Deus quere.

UN FRADE
Insolente, żte xactas con vosa fe?

O VELLO HEREXE
O concilio de Rimini e outros
Están do noso lado.

O FRADE
      Erraron todos.
Mais a Niceia e noutros sínodos
Ortodoxos decidiron a noso favor.

O VELLO HEREXE
Os apostatas. - Que insolencia
Disputar aínda con nosoutros. Ou, dime,
żTedes polo menos un padre da igrexa,
Como Ario e os dous Eusebios? -

O FRADE
żE vós tedes un, como Atanasio?

O VELLO HEREXE
żMártires tedes?

O FRADE
      Máis que vosoutros.

O VELLO HEREXE
Mártires, que o diabo seduciunos
Coa súa ilusión e condenounos. -
Digovos: sodes a gran Babilonia,
A puta, de quen San Xoan escribiu,
Que desaparecerá da terra. -

O FRADE
Dragón de sete cabezas, Anticristo
Sodes, vosoutros, de que fala San Xoan,
Pillos, enganosos, cómplices do diabo.

O VELLO HEREXE
Ladróns, serpes, fornicadores, lambóns…

PATRIARCA
Levadeos, xa perdemos moito tempo.
Pola gloria de Deus, ˇá fogueira!

O VELLO HEREXE
Pola gloria de Deus, ben dito, malo,
Pola gloria de Deus cae o mártir. -
Sodes fortes, obrades a voso antollo,
Se é bo ou non, xuzgará o ceo. -
As vosas horas de crime están contadas,
Do noso sangue nacerán novos guerreiros,
A idea vive e a chama que arde,
Iluminará tardíos séculos. -
Vamos, amigos, á gloriosa morte. -

OS HEREXES (cantan en coro)
1. Meu Deus, meu Deus, żpor que me abandonaches? żpor que estás tan lonxe de mińa salvación, de mińas queixas?
2. Meu Deus, clamo de día e non me escoitas, nin de noite non teńo descanso.
3. Mais ti es santo. -
(Salmo XXII, v. I, etc.)

OS FRADES (interveńen en coro)
1. Seńor, contende cos que contenden comigo e pelexa cos que pelexan comigo.
2. Empuńa arma e escudo, e ven na mińa axuda.
3. Empuńa a lanza e barralle-lo camino dos qe molestan.
(Salmo XXXV, v. I, etc.)
(Namentres o patriarca e o séquito se arreda. Alguns frades con folletos, se mesturan cos cruzados.)

LUCIFER
żPor que calas?, dime, żpor que tes horror?
żTi miralo, como unha traxedia?
Considerao comedia e rirás.

ADÁN
ˇNon chancea! żSe pode soamente
Por un i morrer tan decididamente?
żQue é entón o sublime, o grandioso?

LUCIFER
Que para un outro talvez é ridículo.
Un fio separa só as dúas ideas,
Só unha voz no corazón os xulga, e este
Misterioso xuíz é a simpatía,
Que endeusa ou mata con ironia.

ADÁN
żPor que tiven que ver todo este pecado?
A pugna ruín no orgulloso saber,
O veleno mortífero extraído
Da flor máis representante, luminosa. -
Noutro tempo cońecín esta bela flor,
Na idade mol da nosa fe perseguida.
żQuen é o criminal que destruiuna?

LUCIFER
O criminal é o triunfo mesmo,
Que disipa, cen intereses produce.
O perigo que une, crea mártires,
Forza dá, é alí, cos herexes. -

ADÁN
De feito, botaría mińa espada,
E volvería ó meu país, ó norte,
Onde á sombra das forestas virxes,
Honra viril e pura simplicidade
Desfian ó veleno da época,
Se unha voz interior non me soprería,
Que eu teńo que recrear esta época.

LUCIFER
Esforzo van. Porque ningún individuo
Pode actuar contra época súa,
Que é un río que leva ou que afoga,
Nel o home só nada e non manda. -
Os grandes, de quenes fala a crónica,
Todos entenderon o seu século,
Máis non crearon novas ideas.
Non amence porque o galo canta,
Senón o galo canta porque amence. -
Aqueles que encadeados van a morte
De mártir, acompańados de escarnio,
Só eles ven unha pegada humana,
Entre eles amence a idea nova.
E morren polo que seus descendentes
Respirarán desleixados co ar da rúa. -
Mais basta disto, mira no acampamento,
Que fan alí aqueles frades sucios,
Que negocio fan, que peroran
Cunha louca xesticulación. -
Escoitemolos.

UN FRADE (entre os cruzados que se atropelan en torno del)
      ˇComprade, guerreiros!
Comprade a doutrina da penitencia,
A guía en todas vosas dúbidas,
Divos cantos anos sufrirá no inferno
O asasino, o lascivo, a falsa
Testemuńa, o que rouba igrexas.
E divos que o rico pode redimir
Con vinte e pico soldos un ano
De castigo, e o pobre con tres,
E quen xa non ten nada para pagar,
Cuns milleiros de lategazos. -
Comprade este libro moi precioso. -

OS CRUZADOS
ˇDáme un, padre! - ˇA nosoutros tamén!

ADÁN
ˇAi! Vil vendedor, e compradores peores.
ˇSaca teu sabre, dispersa esta feira!

LUCIFER (embarazado)
Perdoa, o frade é un vello amigo.
E ademais, non detesto este mundo,
A gloria de Deus está de moda,
Así que eu tamén o mesmo fago.
Só ti quedaches atrás un pouco.
(Eva como Isaura e Helena, súa camareira, dando gritos agudos, corren a Adán, perseguidos por algúns cruzados, que desaparecen axińa.)

EVA (caendo)
ˇSalvame, seńor!

ADÁN (levantandoa)
      Serenate, dama nobre,
Estás a salvo. Abre teus belos ollos.
ˇQue encantadores! - żQue foi o que houbo?

HELENA
Estivemos gozando a natureza,
A espesura sombría do xardín,
Despreocupadas no céspede tenro,
Escoitando canta-lo reiseńor,
Cando vimos dous brillantes ollos,
De salvaxe paixón, detrás do arbusto.
Asustados, empzamos fuxir, tras nós
Arquexando, batucando catro cruzados,
Case alcanzandonos, ó chegar aquí.

ADÁN
Nin sei, desexe eu que ti espertes,
Acaso me deixas, como nun sońo.
Como pode ser un corpo tan nobre,
Tan sublime e mais tan adorable. -

LUCIFER
ˇCorpo sublime! - Nunca podería
O destino punir mellor o namorado
Pola loucura de que realiza-lo
Todo que á súa amada amonta. -

ADÁN
Paréceme, cońecínte noutro tempo,
Que estivemos ó trono de Deus, xunto.

LUCIFER
Pidote, nunca esqueceo, o amor
Por máis grato que sexa para dous,
Para un terceiro non ten ningún sabor.

ADÁN
Abre os ollos - sorri, ˇgracias ó ceo!

EVA
Me salvaches. żComo agracederteo?

ADÁN
żAs túas voces non son un premio?

LUCIFER (a Helena)
Premio fraco. żEu nin este o gańo? -

HELENA
żE que tería que agradecerche eu?

LUCIFER
Pensas, pois, żque o nobre cabaleiro
A ti tamén salvou? ˇQue vaidade!
Se o cabaleiro salva a doncela,
O escudeiro, certo, a camareira.

HELENA
E que gańase. Ó agradecerche
Estarei como se me chega o perigo,
Se non, sería condenada asemade. -
Pois os perseguidores non eran feos.

ADÁN
ˇOh!, dama, żonde conducirte? Manda.

EVA
Diante nós é a porta do convento.

ADÁN
żO convento? ˇOh! Mais asúa porta
Non pecha de min a esperanza, żnon si?
Dáme un signo para a mińa cruz,
Así cando ela me chama a loita,
Me lembrará meu sońo máis belo,
Para non cansar esperar durante
Longos anos a mińa recompensa. -

EVA
Velaquí esta cinta. -

ADÁN
      żEsta negra?
ˇOh!, dama, ˇpido esperanza, non pena!

EVA
É a mińa prenda, non teńo outra.
No convento non crece a esperanza.

ADÁN
Nin o amor. Mais onde ti estás,
żComo non podría estar o amor?
Polas roupas, ti aínda non es monxa.

EVA
Non me tortura máis con túas preguntas,
Me torturas ó ver crecer túa tristeza. -

LUCIFER
żA ti te pecharán tamén aqueles muros?

HELENA
Si, mais a chave non é tirada ó mar.

LUCIFER
ˇQue pena! - Poema belo compońería
Deste tema. -

HELENA
      ˇVaite, enganadizo!

LUCIFER
żPor que? żNon é grande idea baixar
Pola túa chave ó fondo do mar?

HELENA
ˇAi! Non desexo esto.

LUCIFER
      Xa vou. - O monstro
Dos abismos afia os seus dentes.

HELENA
Volve, volve, eu morro de medo -
Deixarei mellor a chave na ventá. -

ADÁN
Dime, polo menos, o teu nome,
Para poder incluílo nos meus rezos,
Pedi-la túa beizón, se non me permites
Comparti-la tristura do teu destino.

EVA
Me chamo Isaura. żE ti, cabaleiro?
O rezo serve mellor a unha monxa.

ADÁN
Son Tancredo.

EVA
      Pois adeus, Tancredo.

ADÁN
Isaura, non me deixa tan de presa,
Porque se non, maldigo o nome,
Que dixeches só na túa despedida. -
Foi curto o tempo, para un sońo mesmo.
Como prolongalo, se misterio ficas,
E non podo bordalo co fio caro
Do teu sino. -

EVA
      Pois oeno. Meu pai
Foi cabaleiro do santo sepulcro.
Unha noite o salvaxe inimigo
Asaltou pola brava seu camapamento.
Ó ver que non ten esperanza de escapar,
Fixo a xura á Virxe María,
Que me consagra a ela, que fun aínda
Unha crianza, se volver podería.
El volveu, eu tomei a hostia
Sagrada para a promesa.

ADÁN
      ˇNai santa!
Ti, a encarnación do puro amor,
żNon desviacheste, ofendida, desta
Promesa sacrílega que pon un selo
De crime na túa virtude, transformando
A gracia do ceo en maldición? -

HELENA
żTi non desexas cońece-lo meu sino?

LUCIFER
Xa sei: amaches, sufriches desengano,
Amaches de novo e xa ti enganaches.
Outra vez amaches - te fartaches, e hoxe
Teu corazón espera un amor novo. -

HELENA
ˇÉ estrańo! żÉ contigo o diabo?
Mais non te pensei tan modesto de crer
O meu corazón agora baleiro.

LUCIFER (a Adán)
Seńor, apresúrate, non podes despedir,
E eu non podo frea-lo meu triunfo.

ADÁN (a Eva)
Cada palabra túa é un dardo,
Adozao cun beixo o seu veleno.

EVA
żQue desexas? - Oíches a mińa xura.

ADÁN
Que te ame eu, talvez non é prohibido.

EVA
Es feliz, mais żcomo te esquecerei eu?
Vou xa, ou esgotará mińa forza.
Adeus, Tancredo - vereite no ceo.

ADÁN
Adeus. - Gardo ó recordo deste día. -
(Eva entra no convento.)

HELENA (aparte)
ˇAi!, covarde - żteńo que facer todo eu?
(en voz alta)
Estará a ventá, non no mar a chave.
(segue a Eva.)

ADÁN (acordando)
Agora vamos.

LUCIFER
      É tarde - acabouse. -
Ves, que louca é a túa raza, toma
A muller por un útil do seu desexo
Bestial, e con rudas mans borra
Do seu rostro todo o pole fino
Da poesía, privando a si mesmo
Das graciosas flores do seu amor.
Logo, como deusa, pona no altar,
E sangra e loita por ela en van,
Mentres que murcha estéril seu bico. -
żPor que non toma, non honraa como muller?
żNa súa vocación propia de muller?
(Namentres anoiteceu por completo, sae a lúa. Isaura e Helena na ventá.)

EVA
Con que desexo mirou a min, tremía,
ˇAi!, este heroe tremía ante min,
Mais a virtude de muller e a fe mandan -
Aquí morro, como víctima consagrada.

HELENA
ˇQue louco é o sexo feminino!
Se acaso rompe os prexuízos,
Corre detrás do pracer como unha fera,
Arrinca a dignidade de súa cara.
E desprezada enlamase no barro.
Se non rompe, de súa sombra treme,
Deixa murchar súa gracia estéril,
Roubando de si e doutro o pracer. -
żPor que non va no medio? Ou żque mal é
Nunha aventura? żNun achego tenro,
Decente, ás veces? Non entendo esto.
Xa que nin a muller non é só espírito.

EVA
Helena, mira, żel está aínda aquí?
żTan facilmente puidese partir?
Oi-la súa voz só unha vez máis.

ADÁN (a Lucifer)
Mira arredor, żnon está na ventá?
żNon envia para min unha mirada?
Ve-la súa esvelteza unha vez máis -
Isaura, ˇoh!, non sente que estou aquí.

EVA
Sería mellor, para nós dous se foses.
Os corazóns separados logo se unen,
E doen de novo se os separamos. -

ADÁN
żNon tes medo olla-la noite tranquila?
Que como un corazón, do amor palpita,
Onde amar só para nós é prohibido.
żNon tes medo, que te rapta seu encanto? -

EVA
É en min tamén, como sońo efímero,
Que talvez do ceo baixa ó mundo;
Ondula no ar unha bela canción,
Vexo milleiros xenios sorridentes,
Con beixos fraternais trala follaxe,
Mais para nós, Tancredo, din nada. -

ADÁN
żPor que este muro mal me impide? -
żNon podo atravesar este muro?
żQuen tantas veces combatín cos pagáns? -

LUCIFER
Non, o garda o espírito da época,
É máis forte que ti.

ADÁN
      ˇAi, quen di esto!
(Ó fondo se prende unha fogueira.)

OS HEREXES (en coro, ó lonxe)
21. Libra da espada a mińa alma e mińa vida dos dentes dos cans.
22. Salvame da boca do león e dos cornos dos unicornios escoitame.
23. Proclamo o teu nome ós meus parentes, nas congregacións te eloxio a ti.
(Salmo XXII, v. 21-23)

EVA
ˇPiedade, Deus, para as súas almas! -

ADÁN (horrorizado)
Terrible canto.

LUCIFER
      É voso canto nupcial.

ADÁN
Igual, sexa, eu non me espanto.
Por ti afrontarei a todo, a todos.

OS FRADES (en coro, ó lonxe)
26. …vestanse de infamia e de inxuria, os que inflanse contra min.
27. Divertanse e alegrense os que ten pracer en mińa verdade; e digan sempre: Eloxiado sexa o Seńor que quere paz para o seu servidor.
(Salmo XXXV, v. 26-27)
(Co início deste coro Adán, que se aproximou do portal do convento, parou. Un bufo chia na torre. Bruxas voan no ar. Diante do portal un esqueleto erguese do chan e está en pé diante Adán, amezeandoo.)

EVA (cerra de golpe a ventá)
ˇValeme, Deus!

O ESQUELETO
      ˇVaite deste lugar sagrado!

ADÁN
żQuen es ti, monstro?

O ESQUELETO
      Son que estará sempre
Nos todos teus abrazos e beixos. -

AS BRUXAS (rindo)
Sementeira doce, colleita acerba,
Con pombo incuba soamente cobra.
ˇChamamoste, Isaura!

ADÁN
      ˇQue figuras!
żCambiastes vós ou cambiei eu?
Cońecínvos cando sorristes. Aquí
żQue é a realidade e que o sońo?
Voso encanto decae o meu brazo. -

LUCIFER
Ó chou chegei nunha compańía boa.
Hai moito que espero esta fortuna,
Este decente exército de bruxas,
Que en insolencia evidentemente
Supera moito a despida ninfa,
Esta vella amiga, a terrible morte,
Que caricaturizando a virtude,
Fai detestala os fillos da terra.
ˇSaúdovos! É pena que non teńo tempo
Charlar con vós durante esta noite. -
(As aparicións desaparecen.)
ˇVamos, Tancredo! Túa querida cerrou
A ventá. żPor que estar aquí na noite?
O vento é frío, unha gota adquires.
Helena vai vir axińa, żque facer?
O diabo żnon faría o amor?
Chegaría a ser rídiculo para sempre,
E perdería todos seus poderes. -
É raro que o home con seu coazón
Ardente languidece polo amor
E colle só tormento. Coa alma de xeo
O diabo a penas pode librarse del.

ADÁN
ˇLevame, Lucifer, a nova vida!
Loitei polas santas doutrinas, e achei,
En mala concepción, só maldición.
Pola gloria de Deus mataron home,
E o home foi vil enche-lo meu sońo.
Quixen sublima-los nosos praceres,
E marcaronos co selo de pecado.
Erixín a virtude dos cabaleiros, que
Apuńaloume. ˇÁ un novo mundo!
Demonstrei bastante o meu valor,
Souben combater e souben renunciar,
Sen vergonza podo deixa-lo meu lugar. -
Non me entuziasma máis nada,
O mundo que se mova como quere,
Súas rodas xa non apańoas máis,
E con apatía miro seus tropezos.
Estou esgotado - descansar quero. -

LUCIFER
Pois descansa. Mais non podo crelo
Que teu inquieto e forte espírito
Te deixe cansar. Ven, Adán, comigo.


VisszaKezdőlapElőre