CADRO OITAVO

(En Praga. O xardín do palacio imperial. Á dereita unha glorieta, á esquerda un observatorio astronómico, diante unha terraza amp co escritorio de Kepler, unha cadeira, instrumentos de astronomía. Lucifer como fámulo de Kepler na terraza. No xardín cortesanos e damas pasean en grupos, entre eles Eva, como Bárbara, esposa de Kepler. - O emperador Rodolfo conversa con Adán, como Kepler. Ó fondo ardendo, a fogueira dun herexe. Atardecer, despois noite. Dous cortesanos pasan ó proscenio.)

CORTESANO PRIMEIRO
¿Quen é que se quenta alí de novo?
¿Herexe ou bruxa?

CORTESANO SEGUNDO
      Eu non sei.
Xa pasou de moda, non me interesa,
Só a chusma se xunta á fogueira.
Mais xa non rabia pola alegría,
Só mira calada e en si mesmo rosma.

CORTESANO PRIMEIRO
No meu tempo esto era unha festa,
Estivo alí a corte, o mundo nobre,
¡Ai!, así dexeneran os bos tempos. -
(Pasan.)

LUCIFER
Na tarde fresca o fogo agrada.
Certo, hai moito tempo que me quenta.
Mais temo que axiña se apaga.
Apagado non por unha decisión,
Non por unha nova opinión,
Senón porque nesta impasible época
Ninguén quere poñer leña na brasa,
E eu teño frío. - Toda grande idea,
Pois así é, ten un fin mesquiño.
(Entra no observatorio.)
(Rodolfo é Adán veñen ó proscenio.)

RODOLFO
Kepler, compon o meu horóscopo,
Tiven esta noite un pesadelo, temo.
¿En que constelación é o meu astro?
Noutro día xa apareceu un signo
Aciego, cerca da Cabeza da serpe.

ADÁN
Comporeino, señor, ás túas ordes.

RODOLFO
Se pasan estes días climatéricos,
Recomezaremos a grande obra,
Que noutro día quedou sen resultado.
Repasei de novo a Hermes Trismegisto,
A Sinesius, a Alberto, a Paracelso,
A chave de Salomón e outros traballos,
Ata descubri-lo error cometido.
Cando quentamo-lo rei envellecido,
Xurdiu o corvo e o león vermello,
Despois por influxo dos dous planetas,
Formouse o dobre mercurio, e
Precipitouse a pedra filosofal.
Mais erramos co fogo húmido,
A auga seca, por esto se realizou
A santa voda, o efecto glorioso,
Que verte xuventude nas veas do vello,
Trae nobreza ó mineral cincento.

ADÁN
Entendo, maxestade.

RODOLFO
      Outra cousa máis.
Corren na corte malas rumores sobre ti,
Que te adheriches as novas doutrinas,
Escolles as dogmas da santa igrexa.
E agora, que túa nai, como bruxa,
Cunha grave acusación está presa,
Chegas a ser sospeitoso procurando
Desencarcerala cunha sobrada
Obstinación, infatigablemente.

ADÁN
Maxestade, pois son o seu fillo.

RODOLFO
Fillo, a túa nai é a santa igrexa,
Deixa o mundo, está ben como está.
Non quere melloralo como un chambón. -
¿Non te colmei cos meus favores?
Teu pai era taberneiro, e eu erguín
Túa nobreza encima de dúbidas,
Aínda que tiven dificultades.
Te alzei xunto ó trono, así gañaches
A man da fermosa Bárbara Müller.
Pois volvo dicilo: ten coidado, fillo.
(Sae.)
(Sumindose nos seus pensamentos, Adán para ós chanzos da súa terraza. Dous cortesanos chegan ó proscenio.)

CORTESANO TERCEIRO
Mira, o astronomo medita de novo.

CORTESANO CUARTO
Coitado, torturano sempre os celos.
Non pode adaptarse ó novo medio.
Sempre se ve que é un labrego.

CORTESANO TERCEIRO
Non concibe que un fidalgo verdadeiro,
Que na muller adora unha divindade,
Vertería por ela todo seu sangue,
Se calumniarían a súa virtude.
Na cortesía el sospeita outra cousa.

EVA
(cun outro grupo se une cos dous cortesanos, e rindo, con seu abano bate no ombro do cortesano segundo.)
¡Ai!, vaite, cabaleiro - por Deus, gracia,
Se non, con túas bromas morro de risa. -
Mira, os dous señores que serios son. -
¿Talvez o maldito espírito
Da reforma conquistouvos? Neste caso
¡Sumide da miña vista! Non soporto
Esta xente biliosa, que con tristes
Ideas envexou noso brillante,
Quieto mundo e inventa un novo.

CORTESANO TERCEIRO
Bela dama, este cargo non nos toca,
¿Quen desexa o cambio no noso mundo?

CORTESANO PRIMEIRO
Mais se non me engano, aquel home
Ten na cara estos signos sospeitosos.

EVA
¿Meu marido? - ¡Por compaixón, señores!
Evitade a el destas sospeitas ante min,
Que son ligada a el co matrimonio
Santo. - Porque está doente - moi doente.

CORTESANO SEGUNDO
¿Doente talvez destes ollos tan brillantes?

CORTESANO TERCEIRO
En efecto, o que ninguén ousaría,
¿El te ofende con sospeita receosa? -
Se podría se-lo teu teu cabaleiro,
Tiraríalle na cara meu ganto.
(Mentres tanto chegan a Adán.)
¡Ai, mestre!, ¡que boa sorte encontrarnos,
Quería ir ós meus bens, así desexo
Unha previsión do tempo!

CORTESANO PRIMEIRO
      Por meu
Fillo gustaría sabe-lo seu astro,
Que naceu onte, á media noite.

ADÁN
Tedes ámbolos pola mañá, señores.

CORTESANO CUARTO
A compañía xa vai. Vamos así mesmo.

CORTESANO TERCEIRO
Súa escaleira - boa noite, señora.
(rosmando)
Dentro dunha hora.

EVA (rosmando)
      Na glorieta.
(en voz alta)
Boa noite, señores. - Ven, querido Xan.
(Saen todos. Adán e Eva soben á terraza. Adán senta nunha butaca. Eva está diante del. Escurece cada vez máis.)

EVA
Xan, eu precisaría de diñeiro.

ADÁN
Nin centavo teño, me levaches todo.

EVA
Pois ¿hei de sufrir necesidade sempre?
As cortesanas brillan como os pavóns,
Aparecer entre elas teño vergonza.
En efecto, se algún cortesán
Inclinado cara a min, me di que
Entre todas a raíña son eu,
Me avergüenzo por ti que deixas
A raíña deste modo á súa corte.

ADÁN
¿Non me esforzo día e noite?
Traizoando meu saber por ti,
O corrompo preparando previsións
Do tempo, horóscopos inutís,
Teño en secreto o que coñezo,
E profeso o que sei ben que é falso.
Teño que arrubiar por ser peor
Que as sibilas: elas creron no que
Auguraron, mentres que eu non creo.
Mais o fago para complacerte a ti.
¿E onde é o que levo por esta culpa?
Eu non preciso nada deste mundo,
Só a noite e os brillantes astros,
Só a secreta harmonía das esferas.
O resto é teu. - Mais se o tesouro
Do imperador case sempre é baldeiro,
Á moita demanda raramente pagan.
O que levarei pola mañá, será teu.
Ti es ingrata, ves, este me doe.

EVA (chorando)
Me botas na cara o que sacrificas,
Pero eu ¿non sacrifiquei bastante
Por ti?, eu, filla da casa fidalga,
Atando o teu título incerto
O meu futuro e ¿non por min chegaches
Á mellor sociedade? Es ingrato. -

ADÁN
¿Saber, xenio é título incerto?
¿É orixe turbulento o raio
Que á miña fronte do ceo chegou?
¿Existe outra nobreza fóra desta?
A que vós así chamades, é un fantoche
Caduco, decadente, sen alma, pero
A miña é xove eterna e forte. -
Muller, se ti poderías entenderme,
Se terías unha alma semellante,
Como ó primeiro beixo imaxinei,
Estarías orgullosa de min, sen buscar
A felicidade lonxe de min,
Non levarías toda túa dozura
Para o mundo, e gardando para
Teu lar toda túa amargura. -
¡Oh!, muller, con amor infinito te amei.
Te amo aínda agora, mais o mel
Do meu corazón fíxose amargo.
Me doe ver que nobre poderías ser
Como muller; te rebaixou o destino,
Que da muller fai aínda un ídolo,
Como no tempo da cabalería,
Entón creron nela, foi un gran tempo,
Hoxe ninguén cre, o tempo é anano,
E o ídolo cobre só pecado. -
Me separaría de ti, por máis que me
Doese, talvez estaría máis tranquilo,
E ti sen min máis feliz poderías ser,
Pero ha aquí a orde existente:
A autoridade - a voz da igrexa.
E temos que sufrir xuntos, ata a morte.
(Baixa a cabeza nas mans. Eva, conmovida, o acaricia.)

EVA
¡Ai!, meu Xan, non sexa tan tráxico,
Se digote algo de vez en cando,
Entristecerte a ti eu non quero.
Mais a corte é tan marabillosa,
As damas tan orgullosas, tan burlonas,
¿Como podría afrontarme con elas?
O anoxo xa pasou, ¿non si? Boa noite. -
E á maña, o diñeiro, non esquece.
(Baixa nos chanzos ó xardín.)

ADÁN
Que mestura admirable da maldade,
Da nobreza é a muller: velena e mel.
Mais ¿como nos atrae? Porque é boa,
Seu mal está no tempo que naceuna.
¡Ei, fámulo!
(Lucifer ven cunha lámpada e a pon na mesa.)

LUCIFER
      ¡Á túa orde, mestre!

ADÁN
Preciso unha previsión do tempo,
E un horóscopo. Faiaos rápido.

LUCIFER
Sexa brillante, relucente, por suposto.
¿Quen pagaría á severa verdade?

ADÁN
Mais non algo que é case absurdo.

LUCIFER
Algo así nin podería inventa-lo,
Que escandalize os proxenitores,
Pois non é Mesías todo o neonato,
Luminoso astro para a familia,
Que máis tarde empeza tomar fumes.
(Escribe.)
(Mentres tanto Eva chega a glorieta, onde a espera o cortesano terceiro.)

CORTESANO TERCEIRO
¡Ai!, cruel, fixechesme languidecer moito.

EVA
Talvez para ti é gran sacrificio
Soportalo da noite vento fresco.
Mentres que engano un bo, nobre marido,
Atraendo sobre min a ira do ceo,
O xuízo do mundo, por ti, cabaleiro.

CORTESANO TERCEIRO
A ira do ceo, o xuízo do mundo
Non penetran neste lugar escuro.

ADÁN (meditando)
Desexei unha época sen loitas,
En que ninguén perturba máis a orde
Convencional da sociedade, este
Prexuízo sagrado, en que podería
Descansar, e cun sorriso calmo deixar
Cicatriza-las feridas das miñas loitas. -
Chegou a época, mais que vale, se no meu
Peito a alma vive - penoso, santo herdo,
Que o parvo home recebeu do ceo -,
Que desexa obrar, que non dá calma,
E empeza loitar co preguizoso pracer. -
¡Ei, fámulo!, trae viño, estou tremendo,
É frío o mundo, teño que quentalo.
Nesta época así tes que exaltarte,
E escapar do seu cotroso lixo. -
(Lucifer trae viño, Adán sorbe ata o fin do cadro.)
¡Oh!, ceo infinito, abre, abreme
Teu libro misterioso e sagrado,
Se de vagar descubro as túas leis,
Esquezo a época e o ambiente.
Ti es eterno, esta é efémera,
Ti me exaltas, a época me afoga. -

CORTESANO TERCEIRO
¡Oh, Bárbara, se poderías se-la miña!
Se Deus chamaría o teu marido,
Para comprendelo mellor o ceo,
Polo que durante súa vida cansou.

EVA
¡Cala!, sentiría tanta mágoa por el,
Que entre as lágrimas non beixaría a ti.

CORTESANO TERCEIRO
Ti chanceas.

EVA
      Non. Digo a verdade.

CORTESANO TERCEIRO
¿Quen entende esta ánima enigmática?
Bárbara, pois así ti nin me amas.
Ou se sería pobre ou exiliado,
¿Que serías capaz de facer por min? -

EVA
Neste momento esto non podo sabelo.

ADÁN
¿Chegará o tempo que eslue esta
Fría apatía e mira cunha nova
Enerxía nos ollos dos trastos vellos,
E como un xuíz castiga e premia,
(Levantase e cambaleando pasa á marxe da terraza.)
Non retrocede dos importantes pasos,
Non ten medo dici-la palabra oculta,
Que igual que un grande avalanche,
Avanzará no seu camiño fatal,
Moendo talvez ó que o pronunciou?
(Se oe a melodia da Marsellesa.)
¡Ai!, o oio xa o canto do futuro,
Atopei a palabra, o gran talismán,
Que rexuvencerá a terra vella.


VisszaKezdõlapElõre