(A escena se cambia de repente na praza de Greve, en París. A terraza nun cadafalso de guillotina, o escritorio nunha guillotina xunto á cal en pé é Lucifer, como degolador. Adán como Danton, na marxe do cadafalso, pronunciando un discurso á multitude ruidoso. Ó son de tambores aparece unha tropa moi farrapenta de recrutas e forma en filas ó cadafalso. É día pleno.)
ADÁN (continuando)
ˇLibertade, igualdade, fraternidade! -
A MULTITUDE
ˇMorra, morra, quen non recońeceas!
ADÁN
Así é. - Dúas palabras salvarán
A idea atacada por todas partes,
A primeira dicimola para os bons:
ˇA patria está en perigo! - e espertan.
A segunda tronamola para os males,
É: ˇTremede!, e eles desaparecen. -
Sublevaronse contra nós os reis,
E botamoslles a cabeza do noso,
Sublevaronse os padres, e quitamoslles
Das súas mans os raios, repońendo
No seu trono a razón, a perseguida.
Mais nin a outra palabra da patria,
Pronunciada ós bons, non foi en van.
Once exércitos loitan nas fronteiras,
E os mozos valentes afluen sen parar,
Tomando o lugar dos heroes caídos.
żQuen di que esta é unha loucura
Sanguinaria, que dezmará a nación?
Cando o mineral ferve, a escoura
Sae, mais a parte nobre queda puro.
E aínda que somos sanguinarios,
E que nos consideren como monstros,
Non penso no meu nome anque sexa
Maldito, só a patria sexa grande e libre. -
OS RECRUTAS
ˇDeannos armas, só armas e un xefe!
ADÁN
ˇXusto! ˇXusto! Vós desexades só armas,
Anque sufrides penuria de tantas cousas,
Vestidos en farrapos, cos pés descalzos,
Mais coas armas procuraredes todo,
Pois iredes vencer. O pobo é invencible.
Agora morreu un xeneral noso,
Que a fronte dos nosos soldados
Deixouse bater.
A MULTITUDE
ˇTraidor! ˇTraidor! -
ADÁN
ˇEsto é! O pobo non ten outro tesouro
Que o seu sangue, o que ofrenda con
Tanta xenerosidade pola patria. -
E quen dispon dun tesouro santo dun pobo,
E non é capaz de conquista-lo mundo,
É un traidor. -
(Dos recrutas sae un oficial.)
O OFICIAL
Ponme a min, cidadán,
No lugar del, e lavaré esta vergonza.
ADÁN
Laudable é a túa seguridade,
Mais que así será, primeramente
Tes que dar probas nos campos de batalla.
O OFICIAL
A proba reside na mińa alma,
Despois eu tamén teńo cabeza,
Que talvez vale máis que aquela, caída.
ADÁN
E żquen garante que traerás se pidoa?
O OFICIAL
żPrecisas un aval mellor que eu mesmo,
Para quen a vida non ten ningún valor?
ADÁN
A xuventude non pensa nesta manera.
O OFICIAL
ˇCidadán, chamote unha vez máis! -
ADÁN
Paciencia, o propósito non tardará.
O OFICIAL
Vexo, non confias en min. Aprende,
Pois, ter de min mellor opinión. -
(Dá un tiro na propia cabeza.)
ADÁN
ˇPena por el! Merecía unha bala
Inimiga. Levadeo, amigos. -
ˇAta logo, despois da victoria!
(A tropa dos recrutas se retira.)
ˇSe podería comparti-la vosa sorte! -
Mais a min caeu a loita, non a glória,
Non inimigo, ante cal morrer é honra,
Mais que de gorida axexa coa súa
Cambadela contra min e contra a patria. -
A MULTITUDE
ˇAmosanolos todos e morran!
ADÁN
O que podo amosar, xa é morto.
A MULTITUDE
żE o sospeitosos? - Porque eles
Son xa culpables, sinalounos
O instinto do pobo, que nunca erra. -
ˇMorte, morte ós aristócratas! -
Vamos, vamos ás prisións, vamos facer
Xustiza, a xustiza do pobo é santa.
(A multitude marcha ás prisións.)
ADÁN
Non alí está o perigo. Os fechos
Son fortes, o ar mefítico que mata
Carne e mente, é o voso aliado.
Coa a cabeza arriba a traición
Ri e o puńal aguza na Convención.
A MULTITUDE
ˇPois á Convención!, aínda non é pura
Bastante. - Á Convención máis tarde,
Primeiro á prisión, para exercicio. -
Mentres tanto, colle os nomes de tódolos
Traidores, Danton.
(A multitude ameazadora marcha. Mentres tanto algúns sans-culotte levan un xove marqués e Eva, súa irmá, ó pé do cadafalso.)
UN SANS-CULOTTE
Velaí, aquí
Levamos dous xoves aristócratas,
Os rostros altivos, os fins vestidos
Atestan claramente seus crimes.
ADÁN
Que nobre parella. Subide, xoves.
O SANS-CULOTTE
Vamos cos compańeros, onde traballo
Nos espera, e a morte os traidores.
(Os sans-culottes marchan coa multitude, os xoves soben ó cadafalso. Arredor do cadafalso quedan só alguns gardas.)
ADÁN
Non entendo, que simpatía teńo por vós,
Mais salvarévos co risco da mińa vida.
O MARQUÉS
Non, Danton, se nós somos culpables,
Perdoandonos traizoas a patria;
Se non somos, non fai falta o teu perdón.
ADÁN
żQuen es ti, que falas así con Danton? -
O MARQUÉS
Son marqués. -
ADÁN
Para - ou żnon sabes que
Fóra de cidadán non ha outro título?
O MARQUÉS
Non oín que o meu rei aboliu
Os títulos.
ADÁN
Non prosegue, infeliz,
A guillotina está case á escoita. -
Entra en nosa tropa, terás carreira.
O MARQUÉS
Non teńo o permiso do rei, cidadán,
Entrar nun exército alleo.
ADÁN
Entón morrerás.
O MARQUÉS
Da mińa familia
Será máis un que morre polo rei.
ADÁN
żPor que corres tan cegamente á morte?
O MARQUES
żTalvez opinas, que este nobre privilexio
Corresponde só a vós, homes do pobo? -
ADÁN
żDesafiasme?, ben. żQuen es máis forte?
Te salvaré contra túa vontade,
E un futuro máis tranquilo, en que
Apagaráse a paixón partidario,
Me agardecerá este carácter. - ˇGardas!
ˇÁ mińa casa con el! Respondede por el.
(Algúns gardas armados escoltan o marqués.)
EVA
Irmán, ˇse forte!
O MARQUÉS
ˇDeus te protexa, irmá! -
(Sae.)
EVA
Mińa cabeza vale a da Roland.
ADÁN
ˇNon voces tan duras nos beizos tan tenros!
EVA
O cadafalso non corresponden máis tenras.
ADÁN
Meu mundo é este podio horrible.
Ó pisar nel, contigo desceu o ceo,
E pechoute no seu santuario.
EVA
Nin os sacerdotes non se burlaron
Da besta consagrada ó sacrificio.
ADÁN
A víctima, creme, son eu mesmo.
E anque envexan o meu poder,
Sen alegria, desprezando vida
E morte, ollo o meu trono, onde
A diario caen meus compańeiros,
E espero cando chega a mińa orde. -
En meio de sangue me tormenta moito
A soidade e penso que bo é amar. -
Muller, se me ensinarías só un día
Esta ciencia celeste - noutro día
Con calmo ofreceríame o machado. -
EVA
żNeste mundo terrible desexas amar?
żNon tes remordemento de conciencia? -
ADÁN
A conciencia é o privilexio dos homes
Comuns. O que é levado polo destino,
Non ten tempo mirar ó seu arredor. -
żOíches xa que a tormenta parou,
Por causa dunha rosa que se curvou? -
Despois żquen sería bastante audaz
Xulga-lo home da vida pública?
żQuen ve o fio que, na súa escena,
Conduce un Catilina, un Brutus?
Ou cren que de quen as novas falan,
Ó mesmo tempo deixou de ser home,
E agora é un ser sobrehumano,
A quen as preocupacións diarios,
Os miúdos problemas non interesan. -
ˇOh!, non cre - mesmo no trono o corazón bate,
E se César tivo unha querida,
Acaso cońeceuno só como
Un bo rapaz e nunca imaxinou
Que a terra entera tremelica del. -
E se así é, żpor que non me amarías?
żTi non es unha muller e eu un home?
Din que o corazón odia ou ama
Dende seu chegar a este mundo:
Sinto meu corazón afín do teu,
E ti, dama, żnon entendes esta palabra? -
EVA
żE se si? żDe que serve? Teu Deus
Non é o que eu teńo no corazón.
E así nunca non entenderiamos. -
ADÁN
Deixa entón túas ideas absolutas,
żPor que sacrificas a deuses proscritos?
A muller correspondelle só un altar,
Que é xove sempre - e que é o corazón.
EVA
O altar deixado tamén pode ter
Mártires. ˇOh!, Danton, é máis solemne
Garda-la ruína con piedade,
De que sauda-lo novo poder.
E esto correspondelle máis ben a muller.
ADÁN
Nunca fun sentimental, mais se me vería
Agora o inimigo ou un amigo,
Que o que foi azoutado polo destino
Limpa-lo mundo como a tormenta,
Para agora no cadafalso amar a
Unha moza, con lágrimas nos ollos,
Riría e prediría que Danton cae,
E ninguén tería medo máis de el. -
Non obstante pido un raio de esperanza. -
EVA
Se noutro mundo, teu espírito en paz
Se limpa do sangue da época,
Acaso -
ADÁN
Non di, moza, non di máis,
Eu non creo naquel outro mundo,
Loito sen esperanza co meu destino. -
(Con armas ensanguentadas, traendo en puntas de lanzas algunhas cabezas ensanguentadas, volve violentamente a multitude. Algúns soben ó cadafalso.)
A MULTITUDE
Fixemos xustiza. - ˇQue xente orgullosa!
UN SANS-CULOTTE (dando un anel a Danton)
Velaquí un anel para a patria.
Me puxo na man un infame destes,
Cando dirixínlle o coitelo ó colo.
Eles consideran que nós somos ladróns. -
żAínda vives? - ˇSigue os teus irmáns! -
(Apuńala a Eva, que cae detrás do cadafalso.)
ADÁN (cubrindo os ollos)
ˇAi!, acabouse. - Sino, żquen pode vencerte?
A MULTITUDE
Agora ˇá Convención! Cidadán, guianos. -
żFixeches xa a lista dos traidores?
(O pobo baixa do cadafalso. Eva, como unha muller farrapeira e furiosa, sae da multitude e nunha man cun coitelo, noutra cunha cabeza ensanguentada, corre a Danton.)
EVA
Danton, mira a este conspirador,
El quixo matar a ti, mais mateino eu.
ADÁN
Se neste lugar el fose mellor,
Fixeches mal, se non, fixeches ben. -
EVA
Fixen ben e desexo o meu premio:
Grande home, pasa a noite comigo.
ADÁN
żQue simpatía pode ter este peito?
żNesta tigresa ha un sentimento tenro?
EVA
Parece, cidadán, que ti tamén
Converticheste nobre con sangue azul,
Ou desvarias, tendo tifoide. -
Ti es home, eu son xove e muller,
Mińa admiración a ti me leva.
ADÁN (aparte)
Sento calafrío, non podo mirar.
Non soporto esta ilusión horrible.
ˇQue semellanza admirable! - Quen
Cońeceu o anxo e viuno despois
Da súa caída, viu algo igual.
As mesmas faccións, alturas e voces,
Todo, só unha pequena bagatela
Falta, que nin describir se pode,
E como é outro todo, moi diferente. -
A outra protexabaa seu halo,
Desta me disgusta un vapor de inferno. -
EVA
żQue soliloquias tanto?
ADÁN
Estou contando,
Muller, que non teńo tantas noites,
Cantos traidores son nesta patria.
A MULTITUDE
ˇÁ Convención! ˇDános os seus nomes!
(Mentres tanto Robespierre, Saint-Just e outros membros da Convención veńen cunha outra multitude e soben nun estrado improvisado.)
SAINT-JUST
żComo nombraríaos?, é complice deles. -
(O pobo murmura.)
ADÁN
żOusas acusarme, Saint-Just?, żnon sabes,
Que forza teńo eu? -
SAINT-JUST
Xa tiveches só,
No pobo. Mais o pobo é sabio, te
Cońeceu e agora sanciona a orde.
ADÁN
Non cońezo outro xuíz para min,
Que o pobo, e o pobo é meu amigo.
(Murmurio de novo no pobo.)
SAINT-JUST
Teus amigos son os traidores.
Te condenará o pobo soberano,
Ante el, traidor, te acuso a ti
De contrabando cos bens do estado,
De simpatía cos aristócratas,
De ter morrińa polo poder tiránico.
ADÁN
Coidado, Saint-Just, mińa voz te fulmina.
Teus cargos son falsos. -
ROBESPIERRE
Non deixadeo falar.
Súa lingua é lisa como a serpe.
ˇA el!, ˇen nome da nosa liberdade! -
A MULTITUDE
ˇNon queremos oilo máis! ˇQue morra!
(Rodeano e capturano.)
ADÁN
Pois non me oiades. Nin eu quero oi-lo
Cargo vil. Nunca convenceremos uno
A outro con palabras. Nin con actos.
Robespierre, tomache-la dianteira só,
É todo, mais non xactate con esto.
É bastante - depońo as armas mesmo. -
Agora te invito a seguirme
Dentro de tres meses. - Degolador,
Sexa hábil - vas a matar un xigante.
(Pone a cabeza baixo a guillotina.)